O día 30 de decembro de 2015 publicouse no DOG a Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Xunto coa citada orde non se fixeron públicos os anexos, polo que cómpre proceder agora á súa publicación.
En consecuencia co anteriormente exposto, no exercicio das facultades que me confire o artigo 4 do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, con relación ao artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,
ACORDO:
Único. Facer públicos os anexos da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.
Disposición adicional primeira. Prazo de presentación das solicitudes
O prazo de presentación das correspondentes solicitudes, previsto no número 2 do artigo 7 da Orde do 28 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016, entenderase que remata no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2016
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria