Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 28 de xaneiro de 2016 Páx. 3313

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial da Coruña

ANUNCIO relativo á aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Ortigueira (recadación executiva do imposto sobre construcións, instalacións e obras).

A Deputación Provincial da Coruña, na sesión plenaria ordinaria do día 20 de novembro de 2015, aprobou o seguinte:

«37. Aceptación da delegación de competencias tributarias do Concello de Ortigueira (recadación executiva do ICIO).

1. Aceptar a delegación das competencias en materia tributaria acordada polo Concello de Ortigueira na sesión plenaria do 27 de abril de 2015 en relación coa seguinte materia: recadación en período executivo do imposto sobre construcións, instalacións e obras.

2. A delegación entrará en vigor cando sexa publicado este acordo no Boletín Oficial da provincia e o seu exercicio levarase a cabo nos termos establecidos nas bases para a prestación de servizos tributarios aos concellos da provincia, aprobadas para o efecto por esta deputación provincial».

O que se publica para xeral coñecemento.

A Coruña, 16 de decembro de 2015

Valentín González Formoso
Presidente da Deputación
Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia
Secretario xeral da Deputación
Provincial da Coruña