Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 29 de xaneiro de 2016 Páx. 3476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CORRECCIÓN de erros. Anuncio do 12 de xaneiro de 2016 polo que se somete a información pública a modificación do proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, Gondomar (Pontevedra).

Advertidos erros no dito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro de 2016, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 3280, no sumario do anuncio e no segundo parágrafo, onde di: «proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, Gondomar (Pontevedra)», debe dicir: «proxecto sectorial do polígono industrial da Pasaxe, nos concellos de Gondomar e Vigo (Pontevedra)».

No terceiro parágrafo, onde di: «no Concello de Gondomar», debe dicir: «nos concellos de Gondomar e Vigo».

O prazo dun mes previsto no citado anuncio comezará a computar desde o día seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia.