Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 1 de febreiro de 2016 Páx. 3722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de xaneiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se acorda a iniciación do expediente sancionador IN 635-C 2015/130-1 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se poidan practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE). A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e, despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Asemade, infórmanse os interesados que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 635-C 2015/130-1.

Interesado: Sergio Antonio Pérez Moreno.

CIF: 34892177G.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 635-C 2015/118-1.

Interesada: Eine Hispania, S.L.

CIF: B70259726.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Oleiros.

Expediente: IN 635-C 2015/141-1.

Interesada: Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A.

CIF: A15154776.

Acto de notificación: iniciación de expediente sancionador.

Concello: Coristanco.