Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 4 de febreiro de 2016 Páx. 4130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fisterra

ANUNCIO da aprobación inicial dun estudo de detalle.

Unha vez aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, na sesión do día 16 de decembro de 2015, o estudo de detalle para a definición de aliñacións e rasantes dun soar na rúa Correo da vila de Fisterra, redactado polo arquitecto Pablo Santiberi Aguado, con data de marzo de 2015, por instancia de María Josefa Rivas Domínguez, exponse ao público polo prazo de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da súa última publicación no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Voz de Galicia, para que calquera interesado poida consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que considere oportunas.

Fisterra, 7 de xaneiro de 2016

José Marcote Suárez
Alcalde