Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 9 de febreiro de 2016 Páx. 4495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito da parcela comprendida entre os números 129 e 127 da avenida da Habana, concello das Pontes de García Rodríguez (expediente 2015AAE1831; código 1475/2015).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 29 de decembro de 2015, sobre a modificación puntual das Normas subsidiarias no ámbito da parcela comprendida entre os núm. 129 e 127 da avenida da Habana, concello das Pontes de García Rodríguez.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental