Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 15 de febreiro de 2016 Páx. 5337

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN de erros. Orde do 31 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2016.

Advertidos erros na referida orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2016, é necesario efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 2967, no artigo 6.3 letra i), onde di: «Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta.», debe dicir: «Certificado de non ter presentado a declaración da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta».

Na páxina 2967, no artigo 6.3, letra j), onde di: «Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 do cónxuxe ou parella da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.», debe dicir: «Certificado de non ter presentado a declaración da renda das persoas físicas do ano 2014 do cónxuxe ou parella da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta».

Na páxina 2975, no anexo I (continuación), onde se relaciona a documentación que se presenta ou se declara estar en poder da Administración actuante, onde di: «Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta», debe dicir: «Certificado de non ter presentado a declaración da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa solicitante, só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta».

Na páxina 2975, no anexo I (continuación), onde se relaciona a documentación que se presenta ou se declara estar en poder da Administración actuante, onde di: «Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas do ano 2014 da persoa proxenitora que non apareza como solicitante, no caso de non autorizar a súa consulta.», debe dicir: «Certificado de non ter presentado a declaración da renda das persoas físicas do ano 2014 do cónxuxe ou parella da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta».

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.