Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 17 de febreiro de 2016 Páx. 5749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 8 de febreiro de 2016 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento, mediante poxa pública, duns inmobles situados nos concellos de Padrón e Monforte de Lemos.

Por ordes da Consellería de Facenda do 29 de abril de 2014, do 13 de outubro de 2014 e do 18 de novembro de 2014 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, duns inmobles situados nos concellos de Padrón e Monforte de Lemos.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 3 de decembro de 2015, número 231, e nos xornais de ampla difusión (La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio de alleamento dos citados inmobles, tivo lugar o 13 de xaneiro de 2016 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Aprobar as seguintes adxudicacións:

1. A Jesús Tarrío Peón, en cuarta poxa, polo prezo de dous mil seiscentos euros, a parcela nº 929, Coquiño, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 1.406 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, Manuela Mato García e outros; sur, Manuela Varela Andrade; leste, estrada de Vigo-A Coruña; e oeste, José María Rivero de Aguilar y Otero e zona excluída. Referencia catastral: 9894202NH3400N0001QW. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.672, tomo 487, libro 110 e folio 116.

2. A Pedro Cerneira González, en cuarta poxa, polo prezo de seis mil euros, a parcela nº 568, Devesiña, situada en Cruces, concello de Padrón (A Coruña), cunha superficie aproximada de 690 m2 que, segundo o rexistro da propiedade, estrema: norte, camiño existente; sur, Manuela López Rodríguez; leste, estrada da Coruña-Vigo; e oeste, camiño existente. Referencia catastral: 15066B503005680000FO. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Padrón como predio nº 9.648, tomo 487, libro 110 e folio 92.

3. A José Antonio Iglesias Díaz, en cuarta poxa, polo prezo de mil cincocentos dez euros, a parcela situada no concello de Monforte de Lemos na rúa Valle Inclán, 157, dunha superficie de 103,80 m2, sobrante da estrada LU-933, que estrema: dereita, José Iglesias López; esquerda, Salvador Garrido Castro; e fronte, rúa Valle Inclán. Referencia castastral 3594022PH2039S0001LZ. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos no tomo 792, libro 339, folio 117, predio 34.425.

Segundo. O pagamento do prezo de adxudicación efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. A venda formalizarase como corpo certo en escritura pública, e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, é por conta do adxudicatario o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2016

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG nº 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda