Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 25 de febreiro de 2016 Páx. 7113

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 6/2015).

Perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 6/2015.

Denominación: Santa Cruz de Parga (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as da parroquia de Santa Cruz de Parga.

Parroquia: Santa Cruz de Parga.

Concello: Guitiriz.

Superficie: 14,93 hectáreas.

Lindeiros:

Peza 1:

Norte: polígono 46, parcelas 101 e 9018.

Leste: polígono 46, parcelas 383 e 376.

Sur: polígono 46, parcelas 104 e 102.

Peza 2:

Norte: polígono 45, parcela 9012.

Leste: polígono 33, parcelas 212, 534, 535, 536, 537, 538, 390, 391, 392, 754, 395, 396, 397, 398, 399, 400, 401, 402, 403, 404, 405, 406 e 9032; polígono 45, parcela 57.

Sur: polígono 45, parcelas 49, 47 e 44.

Oeste: polígono 45, parcelas 59, 60, 61, 62, 63, 64, 65, 66, 67, 94, 98, 99, 100, 101, 103, 104, 105, 108, 111, 112 e 132.

Peza 3:

Norte: polígono 35, parcela 9005.

Leste: polígono 35, parcela 99, 100 e 101.

Sur: polígono 41, parcela 9008.

Oeste: polígono 35, parcela 103, 105, 106, 107, 108, 109, 110, 111, 112, 113, 114, 115, 116, 117, 124 e 129.

Peza 4:

Norte: polígono 41, parcela 9009.

Leste: polígono 36, parcelas 197, 70, 68, 69, 56, 55, 54, 53 e 49.

Oeste: polígono 36, parcelas 52 e 51.

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 30 de xuño de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme co disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro de 1989, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de comparecer e intervir no expediente iniciado e formular, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten e achegar, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Lugo, 15 de febreiro de 2016

José Ramón Losada Fernández
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Lugo