Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015 da declaración da condición mineral natural da auga procedente da captación do pozo Mecca, no concello de Baiona (Pontevedra).

Examinada a solicitude presentada por José Luis Rodríguez Fernández, con DNI 76987273-V, en nome e representación de Aguasana, S.L., con CIF B-36658813 relativa á declaración da condición mineral natural das augas procedentes da captación do pozo Mecca, sito no termo municipal de Baiona, resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro. O 22 de maio de 2013, Aguasana, S.L. presenta ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra proxecto xustificativo para a declaración como mineral natural da auga do acuífero captado co pozo Mecca, na Granxa, parroquia de Belesar, no termo municipal de Baiona, en aplicación do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para o consumo humano.

Segundo. Con data do 30 de maio de 2013, persoal técnico da Xefatura Territorial de Pontevedra realiza a toma de mostras da auga regulamentaria, do cal se elabora acta.

Terceiro. Con data de rexistro de saída 5 de xuño de 2013, a Xefatura Territorial de Pontevedra remite ao Instituto Xeológico e Mineiro de España copia do expediente do pozo Mecca, acta da toma de mostras da auga e informe técnico, e solicita o informe preceptivo para a declaración como auga mineral natural para bebida envasada.

Cuarto. A solicitude da declaración da condición mineral natural da auga procedente da captación pozo Mecca faise pública no BOE núm. 150, do 24 de xuño de 2013, e no DOG núm. 125, do 3 de xullo de 2013.

Quinto. Na data do 4 de xullo de 2013 de rexistro de saída do edificio administrativo de Pontevedra solicítase pronunciamento a Augas de Galicia, segundo o disposto no Real decreto 849/1986, do 11 de abril. Na data actual non consta resposta do organismo á citada solicitude.

Sexto. Con data do 27 de setembro de 2013, de rexistro de entrada, recíbese na Xefatura Territorial de Pontevedra informe favorable do Instituto Xeológico e Mineiro de España sobre á declaración da condición mineral natural da captación do pozo Mecca, e ponse de manifesto que a auga cumpre coas exixencias establecidas no número 1, parte B, do anexo IV do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasada para consumo humano, excepto o referente ao parámetro arsénico, o que obrigaría antes do envasado da auga á súa separación con aire enriquecido con ozono, coa condición de non alterar a composición da auga no que respecta a aqueles compoñentes que lle confiren as súas propiedades esenciais.

Sétimo. Con data de rexistro de saída 22 de outubro de 2013, a Xefatura Territorial de Pontevedra solicita informe para a declaración como auga mineral natural para bebida envasada do pozo Mecca á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública.

Oitavo. Con data do 19 de novembro de 2013 recíbese informe do Servizo de Seguridade Alimentaria da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, que considera, á vista dos resultados das análises presentadas por la empresa, que cumpre parcialmente co establecido no número 1, parte A, do anexo IV do Real decreto 1798/2010, excepto a comprobación de ausencia da bacteria patóxena Pseudomonas aeruginosa.

Noveno. Con data de rexistro de saída 13 de decembro de 2013, a Xefatura Territorial de Pontevedra solicita a Aguasana, S.L. os datos microbiolóxicos da bacteria Pseudomonas aeruginosa e as medidas que se aplicarán respecto á utilización de aire enriquecido co ozono sen alterar a composición da auga daqueles compoñentes que lle confiren as propiedades máis salientables.

Décimo. En escrito do 17 de marzo de 2014, de rexistro de entrada, Aguasana, S.L. achega informe para a eliminación do arsénico e presenta o resultado analítico da bacteria patóxena Pseudomonas aeruginosa correspondente ao mes de decembro de 2013, demostrando a ausencia desta bacteria.

Décimo primeiro. Con data de rexistro de saída 31 de marzo de 2014 dáse traslado da documentación presentada por Aguasana, S.L. á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, que emite informe favorable e require a presentación dos resultados das análises correspondentes os 11 meses restantes. Estes resultados son achegados por Aguasana, S.L. con data do 20 de maio de 2015.

Décimo segundo. Con data do 5 de xuño de 2015, de rexistro de entrada, recíbese informe do Servizo de Seguridade Alimentaria da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, que considera favorable a declaración da auga do pozo Mecca como mineral natural ao cumprir co establecido no número 2 do anexo II do Real decreto 1798/2010.

Décimo terceiro. Con data do 30 de xuño de 2015 a Xefatura Territorial de Pontevedra emite informe favorable á declaración da condición mineral natural da auga da captación do pozo Mecca, tendo en conta que a documentación achegada cumpre o establecido no artigo 3 do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para o consumo humano, e especificamente cos puntos 1.2.a).1º e 1.2.b).2º do anexo II.

No informe recóllese que as augas desta captación pertencen a un acuífero diferente e máis profundo que o explotado na actualidade por esta empresa cos pozos nomeados Aguasana 1 e Aguasana 2, que contan con declaración da auga como mineral natural, autorización de aproveitamento e perímetro de protección.

O informe propón que a declaración da auga como mineral natural para uso de bebida envasada se condicione á eliminación do contido de arsénico, ata que o seu valor non supere os 10 µg/l establecido no anexo IV, parte B, do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e de manancial envasada para consumo humano.

Fundamentos legais:

Primeiro. De acordo coa Orde do 24 de abril de 2013, sobre delegación de competencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas nas xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria, a competencia para a elaboración da proposta de declaración de augas minerais corresponde ao xefe territorial.

Segundo. Conforme se infire do disposto no artigo 3 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, o órgano competente para a declaración da condición mineral dunha auga é a Consellería de Economía e Industria.

Terceiro. É de aplicación neste caso o Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial envasada para o consumo humano e as normas e criterios para solicitar a declaración como auga mineral natural que se especifican no anexo II do mesmo.

Visto o expediente administrativo e os informes favorables da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, Instituto Xeológico e Mineiro de España e Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública,

RESOLVO:

Declarar a auga captada no pozo Mecca, situado na Granxa, parroquia de Belesar, no termo municipal de Baiona (Pontevedra), como auga mineral natural para uso de bebida envasada, condicionando á declaración e ao dereito a utilizar tal denominación no aproveitamento que se derive á eliminación do contido de arsénico, ata que o seu valor non supere os 10 µg/l establecido no anexo IV, parte B, do Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, utilizando aire enriquecido con ozono, sen que se produza alteración na composición da auga no que respecta a aqueles compoñentes que lle confiren as súas propiedades esenciais.

Vista a proposta de resolución que antecede, dou a miña conformidade nos termos expostos e elévoa a resolución.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden procedente.

Notifíquese esta resolución ao interesado.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

P.D. (Orde do 10.12.2014; DOG núm. 3, do 7.1.2015)
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas