Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 26 de febreiro de 2016 Páx. 7360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se convocan as asociacións de propietarios de terreos cinexéticos, de ámbito autonómico, para a elección dos vogais titular e suplente representantes das ditas asociacións no Comité Galego de Caza.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten previsto realizar neste ano 2016 unha nova convocatoria ordinaria do Comité Galego de Caza, creado ao abeiro do Decreto 284/2001, do 11 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de caza de Galicia.

Segundo o establecido no Decreto 284/2001, do 11 de outubro, a adecuada constitución dos órganos de goberno do Comité Galego de Caza de Galicia determina a necesidade de nomear os vogais membros do Comité, entre os cales se atopan un representante das asociacións de propietarios de terreos cinexéticos, de ámbito autonómico, designado por acordo entre elas (artigo 59, letra f), que deberán estar recollidas no Rexistro de Asociacións de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, regulado polo Decreto 276/1997, do 25 de setembro, polo que se crea o Rexistro Central de Asociacións e se regula a organización e o funcionamento dos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 194, do 8 de outubro de 1997).

Por isto, convócanse todas as asociacións de propietarios de terreos cinexéticos, de ámbito autonómico interesadas, inscritas no antedito rexistro, o día 7 de marzo de 2016, nas dependencias da Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, en horario de 16.00 horas en primeira convocatoria e 16.15 horas en segunda convocatoria, para a elección dos vogais titular e suplente que os representen no comité, que terá unha limitación temporal dunha hora. Son requisitos indispensables para poder participar no proceso de elección que o representante da asociación presente:

1. Documentación acreditativa que xustifique a súa representatividade.

2. Documentación acreditativa da inscrición da sociedade ou asociación no rexistro de asociacións correspondente.

3. Documentación acreditativa en que se especifique que o ámbito de actuación das devanditas asociacións é o autonómico. A este respecto, os estatutos da asociación deberán especificar o ámbito autonómico no desenvolvemento das súas funcións ou actividades.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2016

Ana María Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza