Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 29 de febreiro de 2016 Páx. 7636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal de Antas de Ulla por Acordo do Pleno do día 28 de decembro de 2015, conforme o artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias.

Quedan suspendidas durante o prazo de dous anos as licenzas para as áreas reflectidas na proposta do equipo redactor, en concreto no documento de xullo de 2015: Proposta de determinación das áreas de suspensión de licenzas.

Antas de Ulla, 8 de febreiro de 2016

Javier Varela Pérez
Alcalde