Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 1 de marzo de 2016 Páx. 7792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Carral (expediente IN407A 2015/568-1).

Número de expediente: IN407A 2015/568-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación á LMTS lugar de Canle-IES Carral.

Concello: Carral.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 639 m, con orixe en empalmes proxectados na LMTS RAL-706, no tramo entre o CT Belvís de Paleo, nº 10 (expte. 75/09) e o CT Canles (expte. 280/06), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña existente no CT Río Canles (expte. 280/06), despois de realizar entrada e saída no centro de seccionamento do IES de Carral. Vaina instalar o cliente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña