Mediante Resolución do 3 de xuño de 2014 publicouse o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape, previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio de pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 108, do 9 de xuño). Estas bases foron modificadas mediante a Resolución do 27 de abril de 2015 (DOG núm. 82, do 4 de maio) e mediante Resolución do 10 de setembro de 2015 (DOG nº 178, do 17 de setembro).
Inicialmente, o crédito ascendía a 8.000.000 € e incrementouse a 10.391.416,09 € mediante a Resolución do 10 de setembro de 2015 (DOG nº 178, do 17 de setembro) e en 8.768.354,04 € mediante a Resolución do 15 de decembro de 2015 (DOG nº 241, do 18 de decembro).
O éxito que está tendo este programa para o financiamento das pemes galegas, tanto polo impacto económico posto de manifesto, como polo número de solicitudes que o Igape recibe, aconsella ampliar o crédito dispoñible para o 2016.
Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,
RESOLVO:
Único. Amplíase para o exercicio 2016 o crédito establecido na partida orzamentaria 08.A1.741A.8310 en 7.478.592,93 € das bases reguladoras dos préstamos Jeremie-Igape previstos no programa operativo Feder Galicia 2007-2013 en beneficio das pequenas e medianas empresas e microempresas cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que queda establecido do seguinte xeito:
Ano |
Importe |
2016 |
8.370.009,02 |
Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2016
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica