Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 3 de marzo de 2016 Páx. 8235

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO polo que se somete a información pública a modificación puntual aprobada inicialmente das normas subsidiarias de planeamento de Carral (unidade de actuación-UA 5).

O 30 de xullo de 2015 o Pleno do Concello de Carral aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal UA-5 en Carral, na súa versión de setembro de 2014, elaborada por Naos 04 Arquitectos, coa seguinte finalidade na unidade de execución UA5: «As normas subsidiarias vixentes clasifican o solo como urbano, para adaptarse á LOUG terase en conta como solo urbanizable delimitado. Variarase a tipoloxía edificatoria engadindo á de residencial de baixa densidade a edificación de bloque aberto. Ademais, pretende ordenar a unidade UA-5 distribuíndo a edificabilidade e as áreas libres».

Sométese o expediente a información pública, mediante este anuncio que se publicará no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia e nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego, e mediante notificación individual aos propietarias dos terreos afectados, así coma a audiencia dos concellos limítrofes, por prazo simultáneo de dous meses que se contará desde a data da derradeira das devanditas publicacións.

Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito do territorio obxecto de tal planeamento cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente.

Carral, 28 de xaneiro de 2016

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde