Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 9 de marzo de 2016 Páx. 9001

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se actualiza o Calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación.

Os calendarios de vacinación infantil son unha das medidas de probada efectividade no control das enfermidades transmisibles e a súa sistematización a través dos programas de vacinación supón unha das principais contribucións ao benestar dos cidadáns reducindo a incidencia das enfermidades fronte ás que protexe así como a mortalidade asociada a elas.

Os programas de vacinación deben ser capaces de dar resposta aos cambios que se produzan e permitir a incorporación de novas melloras. Por todo iso, o Programa galego de vacinación traballa permanentemente na percura da mellor protección, a accesibilidade de todos á vacinación e o cumprimento do calendario para todos os nenos galegos.

O Consello Interterritorial do Sistema nacional de saúde, na súa reunión de xullo de 2015, recomendou a introdución da vacina fronte á varicela no calendario común de vacinación infantil. O Programa galego de vacinación, seguindo esas recomendacións, e tras consulta coa Comisión Asesora de Enfermidades Inmunoprevibles de Galicia, considera necesario actualizar o Calendario de vacinación infantil adaptándose así aos acordos do Consello Interterritorial.

De conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Sanidade e as súas competencias, é responsabilidade da Dirección Xeral de Saúde Pública a planificación, coordinación e a xestión das actividades do Programa galego de vacinación e a difusión de información sobre o programa, así como o desenvolvemento de programas sanitarios e de prevención de problemas de saúde con especial repercusión na Comunidade Autónoma de Galicia. Por todo iso

RESOLVO:

Primeiro. Actualizar o Calendario de vacinación infantil do Programa galego de vacinación que queda como segue:

Vacinas/idade

0

meses

2

meses

4

meses

6

meses

12

meses

15

meses

18

meses

3

anos

6

anos

12

anos

14

anos

Vacina hepatite B: VHB

VHB

(1ª d.)

VHB

(2ª d.)

VHB

(3ª d.)

Vacina da difteria, tétano e tose ferina de tipo acelular: DTPa

DTPa

(1ª d.)

DTPa

(2ª d.)

DTPa

(3ª d.)

DTPa

(4ª d.)

DTPa

(5ª d.)

Vacina inxectable da polio: IPV

IPV

(1ª d.)

IPV

(2ª d.)

IPV

(3ª d.)

IPV

(4ª d.)

Vacina do haemophilus

influenza tipo b: Hib

Hib

(1ª d.)

Hib

(2ª d.)

Hib

(3ª d.)

Hib

(4ª d.)

Vacina fronte ao

meningococo C

MCC

(1ª d.)

MCC

(2ª d.)

MCC

(3ª d.)

Vacina pneumocócica conxugada

PNC

(1ª d.)

PNC

(2ª d.)

PNC

(3ª d.)

Vacina fronte ao sarampelo, rubéola e parotidite (triple vírica): TV

TV

(1ª d.)

TV

(2ª d.)

Vacina fronte á varicela

VVZ

(1)

VVZ

(2)

VVZ

(3)

Vacina fronte ao virus do papiloma humano: VPH

VPH

(4)

VPH

(5)

Vacina do tétano e da

difteria tipo adulto: Td

Td

1. Nenas/os nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2015 a medida que vaian cumprindo 15 meses.

2. Nenas/os nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2015 a medida que vaian cumprindo 3 anos.

3. Persoas que refiran non ter pasado a enfermidade nin recibido esta vacina con anterioridade.

4. Unicamente rapazas, 2 doses: 0, 6 meses. Desde o 1 de xaneiro de 2016.

5. Manterase tamén a vacinación aos 14 anos durante 2016 e 2017 para as rapazas que están agora en idades entre 12 e 14 anos, nenas nacidas nos anos 2002 e 2003.

Segundo. A partir do 1 de abril de 2016 a vacinación fronte á varicela formará parte do calendario sistemático de vacinación coa administración de 2 doses: aos 15 meses e aos 3 anos.

Iniciarase a vacinación nos nenos nacidos a partir do 1 de xaneiro de 2015 a medida que vaian cumprindo 15 meses. A segunda dose incorporarase no calendario a medida que estes nenos vaian cumprindo 3 anos.

O Programa galego de vacinación manterá, ademais, a vacinación establecida desde o ano 2005, para os preadolescentes susceptibles aos 12 anos, aqueles que ao chegar a esta idade non pasaron a enfermidade ou non estean previamente vacinados e tamén para as persoas susceptibles, de calquera idade, incluídas nos grupos de poboación con alto risco de padecer a enfermidade ou as súas complicacións.

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2016

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Saúde Pública