Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 17 de marzo de 2016 Páx. 10050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados Sebelo e outros, da parroquia de San Miguel do Campo, no concello de Campo Lameiro, solicitada a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Lagoa.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

«Asistentes:

Presidente: Miguel Ángel Pérez Dubois, xefe territorial.

Vogais:

Amalia Elsa Pazos Pintos, xefa do Servizo de Montes.

X. Carlos Morgade Martínez, representante das CMVMC da provincia de Pontevedra.

Víctor Abelleira Argibay, representante do colexio de avogados da provincia.

Lorena Peiteado Pérez, letrada da Xunta de Galicia.

Vogais representantes da CMVMC da Lagoa: non asisten.

Secretaria: Ana Belén Fernández Dopazo, funcionaria adscrita ao Servizo Xurídico-Administrativo.

Na cidade de Pontevedra, ás 17.00 horas do día 8.2.2016, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 2ª planta do edificio administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados Sebelo e outros na parroquia de San Miguel do Campo, solicitado a favor dos veciños da CMVMC da Lagoa (Campo Lameiro).

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data de entrada 1.8.2013, Ramón Recamán Campos, en condición de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da Lagoa, na parroquia de San Miguel do Campo, pertencente ao concello de Campo Lameiro, presenta unha solicitude de iniciación de clasificación do monte Sebelo e outros, cun total de 11 parcelas.

O 16.9.2013 o Servizo de Montes indica á Secretaría do Xurado de Montes Veciñais que a planimetría presentada é suficiente e que as parcelas solicitadas non están clasificadas, inda que algunhas quedan a rente.

O Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, na súa sesión de 18.2.2014, incoar o correspondente expediente de clasificación das 11 parcelas referidas, baixo o nome de monte Sebelo e outros.

O 9.4.2014 o xefe de área técnica de Montes Veciñais remite o informe preceptivo. Indica que na maioría das parcelas se aprecia un uso forestal («mouteira de eucalipto bastío-alto fuste con mato de xesta e raso...», «...poboada por masa mixta en monte bravo e fustal de eucalipto e carballo...», «mouteiras de piñeiro e eucalipto con pés de carballo en clase de idade fustal»), inda que a presenza máis frecuente é a do mato («principalmente raso con bosquete de eucalipto fustal...», «...mato de silva, roseira e sabugueiro»). Algunhas teñen forte pendente, porque son valados entre camiños, outras teñen «...afloramentos rochosos» e outras usos sociais ou infraestruturas («canteira abandonada, edificación cerrada e cargadoiro e depósito de madeira», «Área recreativa con valo e atravesada por camiño de servicio e rede de media tensión»). O instrutor puido observar persoalmente tamén plantación de castiñeiros soltos, carballos podados e algún cartel da comunidade de montes nalgunhas parcelas.

O 6.6.2014 emite certificación o Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis, na cal se fai constar que todas as parcelas de que se solicita información, tal e como se describen na solicitude, non figuran inscritas nese rexistro.

Con data 16.5.2014 solicítase ao rexistrador da propiedade de Caldas de Reis inscrición preventiva das parcelas obxecto do expediente, que cumpre o requirido con data do 25 de xuño.

O Diario Oficial de Galicia do 27.6.2014 publica o anuncio da incoación do expediente das parcelas citadas e da apertura do prazo dun mes para a presentación de alegacións.

Segundo. O 23.7.2014 a comunidade de montes de Lameiro, lindeira da comunidade da Lagoa, presenta escrito en que solicita copia íntegra do expediente e ampliación do prazo para a presentación de alegacións. Ao día seguinte, 24.7.2014, a comunidade de montes de Lameiro presenta novo escrito en que reitera a solicitude de ampliación do prazo para a presentación de alegacións, anuncia a presentación dun informe pericial e a súa oposición á clasificación de todas as parcelas obxecto do expediente aducindo que todas elas están situadas no lugar de Lameiro e son aproveitadas polos seus veciños. O presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais responde con data 30.7.2014 que pode recoller copia do expediente, logo de liquidación das taxas correspondentes, e que o prazo dun mes para a presentación de alegacións a partir da data de publicacións no DOG é improrrogable.

O 6.8.2014 o Concello de Campo Lameiro remite certificación da secretaria da corporación de ter sido realizada a exposición pública do anuncio de incoación do expediente de clasificación das devanditas parcelas sen que se teña producido reclamación ningunha.

Con data do 15.9.2014 a comunidade de Montes de Lameiro presenta un informe pericial e escrito solicitando a exclusión das parcelas denominadas Encibano, Campiño e Peineto, por seren aproveitadas polos veciños de Lameiro.

Con data do 16.12.2014, a secretaria do Xurado de Montes Veciñais remite á comunidade de montes da Lagoa copia das alegacións presentadas pola comunidade de montes de Lameiro, e dálle un prazo de 15 días para, pola súa vez, presentar as alegacións que considere oportunas.

Con data do 18.1.2015, a comunidade de montes da Lagoa presenta un escrito de solicitude de ampliación do prazo para presentar as súas alegacións en que aduce que o escrito do xurado foi recibido con moito atraso por ter cambiado o presidente da comunidade. Non consta a presentación posterior de ningunha alegación.

Terceiro. Á vista da documentación presentada pola comunidade solicitante e o informe do Servizo de Montes, as parcelas obxecto do presente expediente teñen a seguinte descrición:

Concello: Campo Lameiro.

Parroquia: San Miguel do Campo.

Nome do monte: Sebelo.

Cabida: 6.341,20 aprox. m2 (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Polígono 21 parcela 1.466-Nicasio Silva Novoa.

Polígono 21 parcela 1.530-Secundina Campos Ferro.

Polígono 21 parcela 1.531-Antonia Campos Gutiérrez.

Sur:

Pista asfaltada.

Referencia catastral en investigación, artigo 47 da Lei 33/2003.

Polígono 21, parcela 1.659.

Leste:

Pista asfaltada.

Pista forestal.

Oeste:

Estrada PO-230.

Nome do monte: As Brañas.

Cabida: 3.490,10 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Estrada PO-230.

Sur:

Pista forestal.

Leste:

Pista forestal.

Oeste:

Antonia Campos Ferreiro (polígono 21, parcela 321).

Nome do monte: Agrelo.

Cabida: 924,30 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Pista asfaltada.

Polígono 23 parcela 167-Mª del Mar Fariña Fontenla.

Sur:

Polígono 23 parcela 153-Jaime Fernández Gutiérrez.

Polígono 23 parcela 154-Carmen Campos Valiño.

Leste:

Polígono 23 parcela 161-concello de Campo Lameiro.

Polígono 23 parcela 165-herdeiros de Manuel Castro Fontenla.

Polígono 23 parcela 164-Manuel González Castro.

Oeste:

Antonia Celia Campos Gutiérrez.

Nome do monte: Casteliño.

Cabida: 5.834,20 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Pista asfaltada.

Sur:

Polígono 23 parcela 158-Víctor Gutiérrez Campos.

Leste:

Pista asfaltada, separa da parcela Agrelo de Abaixo.

Oeste:

Polígono 23 parcela 198-Pilar Prieto Fernández.

Polígono 23 parcela 521-Antonio Martínez Leiro.

Pista asfaltada.

Polígono 23 parcela 160-Manuel García Silva.

Nome do monte: Agrelo de Abaixo.

Cabida: 4.013,10 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Pista asfaltada, separa do MVMC da Lagoa.

Sur:

Polígono 23 parcela 105-Hermitas Valiño García.

Polígono 23 parcela 379-José Martínez González.

Leste:

Pista asfaltada, separa de propietarios particulares e mais do MVMC da Lagoa.

Oeste:

Pista asfaltada, separa de parcela Casteliño.

Polígono 23 parcela 107-Jaime Fernández Gutiérrez.

Nome do monte: A Cheda.

Cabida: 5.994,10 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Moisés Rei Campos (polígono 23, parcela 302).

Sara Díaz Ventosa (polígono 23, parcela 303).

José Maquieira Barros (polígono 23, parcela 304).

Erundina Campos Campos (polígono 23, parcela 293).

Nicasio Gonzalo Silva Novoa (polígono 23, parcela 294).

José Maquieira Barros (polígono 23, parcela 402).

Nicasio Gonzalo Silva Novoa (polígono 23, parcela 311).

Secundina Campos Ferro (ref. catastral polígono 23, parcela 312).

Irene García García (polígono 23, parcela 314).

Mercedes Ferro (polígono 23, parcela 316).

Ignacio Fontenla Campos (polígono 23, parcela 317).

Ramón Valiño García (polígono 23, parcela 319).

Manuel Campo Parada Valiño (polígono 23, parcela 320).

Jaime Fernández Gutiérrez (polígono 23, parcela 321).

Nicasio Gonzalo Silva Novoa (polígono 23, parcela 322).

Sur:

Irene García García (polígono 23, parcela 244).

Irene García García (polígono 23, parcela 243).

Irene García García (polígono 23, parcela 245).

Segismundo Tosar Gómez (polígono 23, parcela 246).

Irene García García (polígono 23, parcela 247).

Irene García García (polígono 23, parcela 248).

Antonia Campos Ferreiro (polígono 23, parcela 326).

Leste:

Pista forestal, separa de propietarios particulares.

Oeste:

Referencia catastral en investigación, artigo 47 da Lei 33/2003.

(Polígono 23, parcela 264).

Josefa Muíños Campos (polígono 23, parcela 261).

Teresita del Niño Jesús Silva Tosar (polígono 23, parcela 259).

Nome do monte: Campiño.

Cabida: 225,80 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Pista asfaltada, separa do MVMC da Lagoa.

Sur:

Pista asfaltada, separa de propietarios particulares.

Leste:

Pista asfaltada, separa de propietarios particulares.

Oeste:

Pista asfaltada, separa de propietarios particulares.

Nome do monte: Encibano.

Cabida: 903,60 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Antonio Chayan Montáns (polígono 39, parcela 227).

Sur:

Concello de Campo Lameiro (polígono 39, parcelas 236 e 232).

Leste:

Pista asfaltada, separa de propietarios particulares.

Oeste:

Pista asfaltada, separa do MVMC da Lagoa.

Nome do monte: Baladoiro.

Cabida: 15.486,40 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Estrada PO-221, separa da parcela Portadiz.

Sur:

Hdros. Laureano Gómez Tosar (polígono 39, parcela 218).

Leste:

José Maquieira Barros (polígono 39, parcela 191).

Alfredo Silva Barros (polígono 39, parcela 192).

Gloria Fernández Barros (polígono 39, parcela 211).

Raquel Gómez Ferreira (polígono 39, parcela 288).

Soledad Fontenla Muíños (polígono 39, parcela 289).

Antonio Martínez Leiro (polígono 39, parcela 215).

José Fraga García (polígono 39, parcela 216).

Serafín Angueira Carballido (polígono 39, parcela 217).

Oeste:

Pista asfaltada, separa do MVMC da Lagoa.

Nome do monte: Portadiz

Cabida: 35.580,00 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Salvador Fernández Taboada (polígono 41, parcela 104).

Salvador Fernández Taboada (polígono 41, parcela 103).

Salvador Fernández Taboada (polígono 41, parcela 189).

José Fariña García (polígono 41, parcela 102).

Amancio Martínez Cachafeiro (polígono 41, parcela 135).

Honorio Ferro Cerviño (polígono 41, parcela 136).

Fidel Silva Fraga (polígono 41, parcela 137).

Hdros. Jesús Antonio Maquieira Barros (polígono 41, parcela 138).

Estrada PO-222.

Sur:

Estrada PO-221.

Josefa Durán Caneda (polígono 41, parcela 142).

Esperanza Fontenla García (polígono 41, parcela 143).

Josefa Muíños Campos (polígono 41, parcela 144).

Jesús González Fernández (polígono 41, parcela 145).

Josefa Durán Caneda (polígono 41, parcela 146).

Alfredo Silva Barros (polígono 41, parcela 147).

Leste:

Generosa Amigo Barcala (polígono 41, parcela 139).

Soledad Fontenla Muifios (polígono 41, parcela 140).

Referencia catastral en investigación, artigo 47 da Lei 33/2003.

(Polígono 41, parcela 148).

José Fontenla Silva (polígono 41, parcela 157).

María Vidal Fontenla (polígono 41, parcela 158).

Esperanza Fontenla García (polígono 41, parcela 159).

María Vidal Fontenla (polígono 41, parcela 160).

María Vidal Fontenla (polígono 41, parcela 166).

María Vidal Fontenla (polígono 41, parcela 167).

María Vidal Fontenla (polígono 41, parcela 177).

Pista asfaltada.

Oeste:

Jesús Fernández Sieiro (polígono 41, parcela 133).

Esclavitud Silva Campos (polígono 41, parcela 126).

Nome do monte: Peineto.

Cabida: 9.290,80 m2 aprox. (superficie alegada na solicitude).

Estremas:

Norte:

Rotonda estrada PO-231.

Sur:

Pista forestal, separa de propietarios particulares.

Alfredo Caeiro García (polígono 24, parcela 2).

Gloria Fernández Barros (polígono 24, parcela 7).

Antonio Fontenla Fontenla (polígono 24, parcela 9).

Antonio Fontenla Fontenla (polígono 24, parcela 10).

Antonio Fontenla Fontenla (polígono 24, parcela 11).

Leste:

Estrada PO-231.

Oeste:

Estrada PO-230.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «...os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños». Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

A isto debe engadirse, como ben sinala para casos análogos o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en sentenza do 29 de xuño de 2009:

«A función do xurado provincial é a de comprobar a existencia ou non dun aproveitamento consuetudinario comunal nos termos indicados no artigo 1 da Lei 13/1989, o cal exclúe do seu exame cuestións de propiedade, reservadas á xurisdición ordinaria e que no obstan á clasificación do MVMC.

Tampouco é obstáculo para tal fin que o monte figure incluído, a nome doutras persoas ou entidades, en catálogos, inventarios ou rexistros públicos, salvo que a devandita inclusión sexa consecuencia dunha sentenza ditada en xuízo declarativo (Stc. de TSX de Galicia do 8 de maio de 2008 onde se reproduce con claridade a doutrina do TS que define como única razón válida para a clasificación a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños de forma mancomunada, sen que fronte a este estado posesorio dos aproveitamentos do monte, non necesariamente forestais, poidan prevalecer os actos de disposición destes sequera tivesen acceso ao Rexistro da Propiedade...».

Sobre os tipos de aproveitamento, este debe entender en sentido amplo no referido aos usos posibles, que poden ser variados e distintos en cada momento e parcela. A xurisprudencia establecida así o aclara. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da Sala do Contencioso-Administrativo, en sentenza nº 1239/2002 establece que

«...a Lei 13/89 di que os montes veciñais o son con independencia das súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria. Por iso o feito de que o uso actual principal da parcela litixiosa non sexa agrícola, forestal ou gandeiro senón recreativo non é obstáculo para a súa clasificación como monte veciñal...».

O informe do Servizo de Montes, corroborado pola visita do instrutor do expediente, recolle os signos do aproveitamento veciñal na maioría das parcelas. No entanto, a documentación presentada pola comunidade de montes da Lagoa non inclúe documentación ningunha referente ao uso actual por parte dos veciños deste barrio. Mesmo no caso da ocupación por instalacións de uso social ou industrial, a comunidade solicitante non presenta documentación relativa a elas. No caso das parcelas lindeiras co barrio de Lameiro, a falta de documentación ofrece dúbidas sobre os veciños que as aproveitan, nomeadamente ante a alegación presentada pola comunidade de montes de Lameiro de que eran aproveitadas polos veciños deste barrio, aínda que esta comunidade tampouco presentou en prazo ningunha documentación sobre este feito.

Terceiro. Algunhas parcelas das solicitadas están nos lindes de parcelas clasificadas anteriormente en prol da comunidade de montes da Lagoa. Realizadas as comprobacións necesarias co Servizo de Montes, resultou que a parcela denominada Sebelo está incluída na parcela denominada Costa da Pena, clasificada en prol da mesma comunidade de montes en 1979, polo que se debe excluír da clasificación.

Cuarto. A planimetría da parcela denominada As Brañas inclúe dentro do perímetro do comunal un anaco de parcela particular, polo que debe ser revisada e corrixida.

Quinto. O Concello de Campo Lameiro non presentou alegacións á clasificación das parcelas, e soamente se limitou a remitir a certificación da secretaria municipal (co visto e prace do alcalde) de que o anuncio relativo ao inicio do expediente estivo un mes exposto no taboleiro de anuncios do concello, o que supón implicitamente o recoñecemento do carácter veciñal dos terreos obxecto do expediente por parte do concello.

En consecuencia, vistos os antecedentes mencionados, a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, este instrutor, en uso das facultades que ten conferidas, propón e o xurado acorda por unanimidade dos seus membros clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas Agrelo, Casteliño, Agrelo de Abaixo, A Cheda, Baladoiro e Portadiz, Borna por reuniren os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989, de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito terceiro e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable da presente resolución, e non clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas Sebelo, As Brañas, Campiño, Encibano e Peineto, polos motivos anteriormente expostos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2016

Miguel Ángel Pérez Dubois
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Pontevedra