Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 18 de marzo de 2016 Páx. 10259

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contración do servizo de defensa letrada deste concello e do seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo en todo tipo de xurisdicións.

Aprobado o prego unificado de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo de defensa letrada do Concello de Sanxenxo e do seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo en todo tipo de xurisdicións, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de defensa letrada do Concello de Sanxenxo e do seu organismo autónomo Terra de Sanxenxo en todo tipo de xurisdicións.

2. Duración do contrato: un ano e tres posibles prórrogas dun ano cada unha.

3. Prezo de licitación: orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) 66.550,00 euros (IVE incluído).

4. Procedemento e tramitación: procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración e tramitación ordinaria.

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado, que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es . O cómputo de prazos comezará desde a última publicación en calquera dos medios citados.

6. Criterios de adxudicación:

a) Memoria de prestación do servizo: ata un máximo de cincuenta (50) puntos. Para estes efectos, os licitadores deberán presentar unha memoria detallada dos protocolos de actuación para o desenvolvemento do servizo, coas prestacións complementarias directamente vinculadas co obxecto do contrato, que non supoñan un incremento deste e que permitan un mellor funcionamento do servizo.

b) Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación por ano, co IVE (66.550,00 €). Valorarase ata un máximo de cincuenta (50) puntos.

7. Mesa de contratación: designados os seus membros, o 22 de febreiro de 2016, por resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 11ª dos pregos respectivos. Será constituída seguindo o disposto na cláusula 12ª dos pregos.

8. Entidade e información: Concello de Sanxenxo-Sección de Contratación. Tel.: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es . Perfil do contratante.

Sanxenxo, 24 de febreiro de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde presidente