Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10503

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 17 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 302431.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvenciones (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Poden solicitar as distintas modalidades de subvención as entidades que a continuación se sinalan, para actividades que se leven a cabo entre o 1 de novembro de 2015 e o 31 de outubro de 2016:

Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais, con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a exhibición de espectáculos e/ou concertos en feiras e festivais fóra de Galicia.

Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais fóra de Galicia.

Beneficiarios: persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais con sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais fóra da Comunidade Autónoma galega. Incluirase a asistencia ao Womex 2016, que se celebrará en Santiago de Compostela, para o que exclusivamente se subvencionará o 60 % dos dereitos de asistencia.

Modalidade A.4: subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da comunidade autónoma.

Beneficiarios: persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución pola Comunidade Autónoma de Galicia consistente na realización dun mínimo de cinco representacións de artes escénicas.

Segundo. Finalidade

Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2016.

Cuarto. Importe

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 420.000 euros, dos cales 310.000 euros se reservan para as modalidades A1, A2 e A3, salvo que non existan suficientes solicitudes nesas modalidades, en cuxo caso o importe non adxudicado poderá adxudicarse na A4, da partida orzamentaria 2016.10.A1.432.B.470.0, da Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2016.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será desde o día seguinte á data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e ata o 31 de agosto de 2016.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais