Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 22 de marzo de 2016 Páx. 10605

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Carballiño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación do Plan parcial do polígono industrial da Uceira (redución de parcela mínima edificable en zonal comercial).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 7 de marzo de 2016, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do Plan parcial do polígono industrial da Uceira, promovida polo concello e redactada polo arquitecto municipal, nos termos que constan no expediente.

Segundo. Someter o expediente e, por conseguinte, os documentos da modificación puntual do plan parcial a información pública por prazo dun (1) mes, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous (2) dos xornais de maior difusión da provincia. Durante o dito período quedará o expediente de manifesto no Departamento de Urbanismo, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas. No dito prazo os interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Terceiro. Suspender o outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas na áreas na que as novas determinacións para elas previstas supoñan modificación do réxime urbanístico vixente.

Cuarto. Comunicar persoalmente a apertura e duración do trámite de información pública aos propietarios de terreos comprendidos na ámbito da modificación puntual do plan parcial. O chamamento realizarase a cantos figuren como propietarios no catastro, así como aos propietarios reais das parcelas, en exixencia do artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Quinto. Requirir os informes, ditames ou outro tipo de pronunciamento dos órganos e entidades administrativas xestoras de intereses públicos afectados, previsto legalmente como preceptivos, que deberán ser emitidos nesta fase de tramitación da modificación do plan parcial e nos prazos que estableza a lexislación sectorial correspondente.

O Carballiño, 8 de marzo de 2016

Francisco José Fumega Piñeiro
Alcalde