Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Luns, 28 de marzo de 2016 Páx. 10934

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

BDNS (Identif.): 302445

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

Alumnado de centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral, durante o curso 2015/16, na Comunidade Autónoma de Galicia, e que estea cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2016.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 299.340 euros.

Número de prazas: 682.

Importe individual: a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo por praza e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados na táboa seguinte e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar:

Achega das familias (€)

Nº prazas

Custo por praza (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º bacharelato

33

800

100

180

300

350

1º bacharelato

59

800

100

180

300

350

4º educación secundaria obrigatoria

90

550

70

125

220

275

3º educación secundaria obrigatoria

120

550

70

125

220

275

2º educación secundaria obrigatoria

190

550

70

125

220

275

1º educación secundaria obrigatoria

190

550

70

125

220

275

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria