Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11161

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2016.

Mediante a Orde do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016, acórdase convocar de xeito ordinario probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos para o ano 2016.

Segundo a autorización establecida no artigo 3 da dita Orde do 2 de febreiro de 2016, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a composición do tribunal avaliador que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2016, que figura no anexo desta resolución.

Este tribunal terá dereito a percibir as indemnizacións que corresponden á categoría terceira, segundo o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Presidente: José Luis Vázquez Fernández, inspector de Educación.

Secretaria: Lidia González-Fierro González, profesora de ensino secundario.

Vogais:

Xesús Cociña Souto, profesor de ensino secundario.

Susana Quintela Díaz, profesora de ensino secundario.

Juan Granados Loureda, inspector de Educación.

Pedro Martín Aláez, profesor de ensino secundario.

Jesús Pereiras López, profesor de ensino secundario.

David Rodríguez Miguens, profesor de ensino secundario.

Isabel Otero García, profesora de ensino secundario.

Asunción González Cabaleiro, profesora de ensino secundario.

Francisco González López, profesor de ensino secundario.

Manuel Ángel García Gómez, profesor de ensino secundario.

Juan José Raíces Silva, profesor de ensino secundario.

Antonio Lago Dacosta, profesor de ensino secundario.

Aurora Criado Montero, profesora de ensino secundario.

Elena Nogueira Rivadulla, profesora de ensino secundario.

Suplentes:

Presidenta: Carmen García Rodríguez, inspectora de Educación.

Vogais:

José Manuel Carbia Pichel, profesor técnico de formación profesional.

Serafín Vázquez Álvarez, profesor de ensino secundario.

Lucía Abuín Abel, profesora de ensino secundario.

María Rosario García Deibe, profesora de ensino secundario.

Óscar Domínguez Pérez, profesor de ensino secundario.

Leopoldo Bahillo Varela, catedrático de ensino secundario.

María Esperanza Vázquez Iglesias, profesora de ensino secundario.

José Antonio Rodríguez Fernández, catedrático de ensino secundario.

Alberto Sacido Romero, profesor de ensino secundario.

Dolores Carballo Davila, profesora de ensino secundario.

Manuel Lama Grande, catedrático de ensino secundario.

Luís Manuel Villaverde López, catedrático de ensino secundario.

Francisco José Lado Vara, profesor técnico de formación profesional.

Juan Carlos Codesido García, profesor de ensino secundario.