Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de abril de 2016, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a Resolución do 23 de febreiro de 2016 ditada no expediente sancionador LU-29/2015, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á interesada que a seguir se relaciona, a resolución da Xefatura da Área de Turismo de Lugo, ditada no expediente sancionador en materia de turismo número LU-29/2015, incoado ao titular do establecemento de café-bar denominado Mesón A Praciña, situado na rúa Fernández Vitorio, nº 6, concello de Viveiro (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela a interesada poderá interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, sen prexuízo de que a interesada poida interpoñer calquera outro que consideren oportuno.

De non ter presentado recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme, e deberán aboar o importe da multa nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 20 do mes seguinte ou inmediatamente hábil posterior.

O aboamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Área. De non efectuarse o ingreso, procederase á exacción da débeda pola vía de constrinximento.

Lugo, 1 de abril de 2016

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-29/2015.

Denunciada: Lombardía Moliner Arca, S.L.L.

Establecemento: café bar Mesón A Praciña.

Enderezo: rúa Fernández Vitorio, nº 6.

Localidade: Viveiro.

Feito denunciado: incumprir o deber de exhibir os distintivos, os carteis, a lista de prezos e a documentación exixida pola normativa turística. Non exhibir a lista de prezos de venda ao público cos datos idetinficativos da titularidade. Carecer de follas de reclamacións de turismo. Carecer de libro de inspección turística.

Precepto infrinxido: artigo 35, alíneas f), g) e h) da Lei 7/2011.

Tipificación da infracción: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011.

Resolución: 23 de febreiro de 2016.

Sanción: catrocentos euros (400,00 €).