Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12797

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2015/210-1).

Expediente: IN407A 2015/210-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento da LMT BOI802.

Concello: Boiro.

Características técnicas:

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea BOI802 (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,142 km, con orixe no apoio nº 30-6-3 da LMT BOI802, en condutor LA-30 mm2 Al e final no apoio nº 30-6-4 da LMT BOI802.

Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea BOI802 (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,040 km, con orixe no apoio nº 30-6-3 da LMT BOI802, en condutor LA-56 mm2 Al e final no apoio nº 30-6-3-1 da LMT ao CT Restaurante Chicolino.

Liña de media tensión subterránea, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,220 km, con orixe no apoio nº 30-6 da LMT BOI802, condutor tipo: RHZ1-20L 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final no apoio nº 30-6-3 da LMT BOI802.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 1 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña