Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13049

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bergondo

ANUNCIO de licitación (expediente OA-01-2016).

1.1. Entidade adxudicante.

a) Organismo: Concello de Bergondo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OA-01-2016.

1.2. Obra incluída no POS 2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento en Reboredo, acceso á praia de Gandarío e Mesoiro; complementariamente, como obxecto accesorio. A finalidade do contrato enmárcase dentro da política de fomento do emprego que deben adoptar os poderes públicos no ámbito das súas respectivas competencias.

b) Lugar de execución: Concello de Bergondo.

c) Prazo de execución (meses): 4 (catro).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, cun único criterio de valoración: factor prezo.

4. Orzamento de licitación.

A. Valor estimado: 146.008,67 €; B. IVE (21%): 30.661,82 €; importe total: A+B: 176.670,49 €.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: o 5 % do prezo de adxudicación (excluído o IVE).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Bergondo.

Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

Localidade e código postal: Bergondo, 15165.

Teléfono: 981 79 12 52.

Fax: 981 79 42 33.

7. Clasificación do contratista: non se exixe.

Clasificación indicativa para os efectos do disposto no artigo 65.1.a), parágrago 2º do TRLCSP: grupo E; subgrupo 1; categoría 3.

8. Condición especial de execución: contratación para adscripción durante o prazo de execución do contrato dunha persoa en situación de desemprego. Cláusula 18.1 do prego e punto 13 do cadro de características do contrato.

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ao da última publicación do presente anuncio de licitación no BOP, no DOG ou no perfil de contratante, das 9.00 ás 14.30 horas.

b) Hora límite: ata as 14.30 horas do derradeiro día do prazo de presentación.

c) Documentación que se deberá presentar: a sinalada na cláusula 12.1.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, que deberán rexer para a contratación mediante procedemento aberto (cun único criterio de valoración: factor prezo) das obras comprendidas nos plans provinciais e outras obras provinciais (BOP nº 3, do 7 de xaneiro de 2016).

d) Lugar de presentación.

1ª. Entidade: Concello de Bergondo. Rexistro Xeral.

2ª. Enderezo: estrada da Coruña, nº 12.

3ª. Localidade e código postal: Bergondo, 15165.

10. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte ao que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de cadrar en sábado, trasladarase ao día hábil seguinte.

b) Hora: 13.00 horas.

11. Outras informacións: obteranse no lugar e polos medios indicados no punto 6 do presente anuncio e no perfil de contratante: www.bergondo.es .

12. Gastos dos anuncios.

Serán de conta do adxudicatario os gastos sinalados no prego tipo e no cadro de características do contrato.

Bergondo, 5 de abril de 2016

Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa