Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15819

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre o inicio do prazo de presentación de solicitudes nos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público 2012.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, de data 16 de marzo de 2016, publicáronse as bases xerais e específicas dos procesos selectivos derivados da execución da oferta de emprego público 2012.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra para o caso das prazas de persoal laboral por promoción interna e no Boletín Oficial del Estado para o caso das prazas de funcionarios de carreira, tanto pola quenda libre como por promoción interna.

Os sucesivos anuncios referentes a estas convocatorias unicamente publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de anuncios da Corporación, xuntamente coa páxina web municipal www.vigo.org.

Vigo, 21 de marzo de 2016

O alcalde
P.D. (Decreto do 19.6.2015)
Javier Pardo Espiñeira
Concelleiro delegado da Área de Xestión Municipal e Persoal