Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15727

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 11 de febreiro de 2016 pola que se publica o Acordo do 10 de febreiro de 2016 polo que se aproban as bases reguladoras para a selección de estratexias de desenvolvemento local, para a selección e recoñecemento dos grupos de desenvolvemento rural como entidades colaboradoras na xestión da medida Leader de Galicia e para a concesión da axuda preparatoria, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convoca o correspondente proceso de selección.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG número 42, do 2 de marzo de 2016, cómpre facer as oportunas correccións:

– Na páxina 7870, onde di: «area.apoio.agader@xunta.es», debe dicir: «area.apoio.gal.agader@xunta.es e area.control.programas.agader@xunta.es».

– Na páxina 7883, no punto 8º, onde di: «No caso se que», debe dicir: «No caso de que».

– Na páxina 7907, no punto XIII.1, onde di: «Subdirección de Relacións cos Grupos de Acción Local», debe dicir: «Subdirección de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural».

– Na páxina 7910, no penúltimo parágrafo, onde di: «e os GDR responsables da súa presentación.», debe dicir: «e os GDR responsables da súa execución.».