Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Muros (expediente IN407A 2015/200-1).

Expediente: IN407A 2015/200-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT Fontenla, Esteiro e anexo 1.

Concello: Muros.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Fontenla, a 20 kV, cunha lonxitude de 110 m, coa orixe na LMTS MUO 806, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 Al, e final no CT Fontenla (proxectado).

– Centro de transformación prefabricado Fontenla, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 6 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña