Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16564

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 25 de abril de 2016 pola que se amplía a dotación orzamentaria da subvención convocada ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento IN220A).

A Orde do 22 de decembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 248, do 30 de decembro, establece as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial e procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN220A).

No artigo 2.1 do seu anexo I, bases reguladoras, precísase que «As subvencións que se establezan para as actuacións obxecto desta orde serán con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.781.1, Asociacionismo comercial e servizos para pemes comerciais, cun importe máximo de 500.000 euros, sen prexuízo de ulteriores variacións producidas como consecuencia da existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria, o que poderá dar lugar á concesión de máis subvencións de acordo coa orde de prelación de solicitantes que resulte da aplicación dos criterios do artigo 10».

No artigo 9.4 do anexo I da orde tamén se sinala que «O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados ben coa ampliación dos créditos orzamentarios destinados a esta subvención de acordo co establecido no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencions de Galicia. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo».

Co obxecto de poder amparar todas as solicitudes e posto que a dotación inicial resulta insuficiente, tramítase o correspondente expediente de ampliación de crédito polo que cómpre, mediante esta orde, ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente para a concesión das mencionadas subvencións, tendo en conta a existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria na mesma aplicación e proxecto, de conformidade co disposto polo artigo 31.2.a) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Na súa virtude, facendo uso das facultades que me confiren os artigos 38, 43.3 e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais disposicións de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Financiamento

1. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Orde do 22 de decembro 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN220A).

2. O incremento da dotación será de 10.925,26 euros con cargo á aplicación orzamentaria 09.30.751A.781.1. dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016.

Unha vez efectuado este incremento, o importe da dotación orzamentaria previsto ascende a 510.925,26 euros.

3. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria