Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 23 de maio de 2016 Páx. 19679

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 16 de maio de 2016 pola que se dispón a renovación dun vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo.

O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,

DISPOÑO:

Renovar o mandato de Jaime Luezas Alvarado como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo en representación da Administración xeral do Estado.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2016

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar