Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 29 de xullo de 2016 Páx. 33392

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2016 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria xustifícase na aprobación do Decreto 175/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 232, do 4 de decembro) e nas súas necesidades funcionais e organizativas.

En consecuencia, por proposta da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 21 de xullo de 2016, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de xullo de 2016, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía, Emprego e Industria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xullo de 2013, sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file