Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Mércores, 24 de agosto de 2016 Páx. 37670

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2016 pola que se convoca concurso de acceso a prazas de corpos docentes universitarios.

Esta reitoría, no exercicio das competencias atribuídas polos artigos 20 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, reformada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (en diante LOU), e 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (no sucesivo EUSC), aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), en execución conxunta da oferta de emprego público (OPE) de persoal docente e investigador para o ano 2016 correspondente a cinco prazas para o corpo de profesor/a titular de universidade (quenda de acceso libre), aprobada pola Resolución do 14 de xuño de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 28 de xuño) despois de obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia con data do 9 de xuño de 2016, tal e como se determina nos artigos 13 e 36 da Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, e da oferta de emprego público (OPE) de promoción interna de persoal docente e investigador para o ano 2016, correspondente a catro prazas do corpo de catedrático/a de universidade aprobada pola Resolución do 29 de xullo de 2016 (Diario Oficial de Galicia do 5 de agosto) despois de obter a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, con data do 19 de xullo de 2016, e ao abeiro do disposto no artigo 62.2 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, resolve convocar os concursos de acceso as prazas de corpos docentes universitarios citados que se relacionan no anexo I desta resolución para a quenda de promoción interna e no anexo II para a quenda de acceso libre, con suxeición ás seguintes bases:

1. Normas xerais.

1.1. Estes concursos rexeranse polo disposto na LOU e nos reais decretos 1312/2007, modificado polo Real decreto 415/2015, do 29 de maio, e o Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, que regulan, respectivamente, a acreditación nacional para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a estes. Ademais regularanse polo disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada parcialmente pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (en diante LRX-PAC), nos EUSC, na normativa provisoria pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios, aprobada por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 11 de febreiro de 2009, por estas bases de convocatoria e, con carácter supletorio, polo previsto na lexislación xeral de funcionarios civís do Estado.

1.2. A presente convocatoria comprende o concurso independente de cada unha das prazas convocadas.

2. Requisitos das persoas candidatas.

2.1. Para participar nestas probas selectivas as persoas aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española, consonte ou disposto no artigo 57 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, e no artigo 89 e a disposición adicional décimo primeira da LOU, ser nacional de estados membros da Unión Europea. En calquera dos dous casos terán o mesmo tratamento. Este mesmo criterio será de aplicación:

– Ás persoas que teñan a nacionalidade naqueles Estados aos que, en virtude de tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as nos termos nos que esta se atopa definida no Tratado constitutivo da Unión Europea.

– Ás persoas que sexan cónxuxes doutras con nacionalidade española ou de nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non se atopen en situación de separación de dereito, así como á súa descendencia e a do cónxuxe, sempre que non estean separadas de dereito e sexan menores de 21 anos ou maiores desta idade e vivan ás súas expensas.

– Esta última extensión do beneficio será igualmente aplicable ás persoas que teñan a nacionalidade de terceiros Estados non membros da Unión Europea cando así se prevexa nos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España.

b) Cumprir os requisitos mínimos e máximos de idade legalmente establecidos para o acceso á función pública.

c) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das administracións públicas, nin atoparse inhabilitado/a para o desempeño das funcións públicas por sentenza xudicial firme. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española, ademais, non estar sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida no seu Estado o acceso á Función Pública.

d) Non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica que impida o desempeño das funcións correspondentes á praza.

e) Estar en posesión da acreditación pertinente para o corpo de que se trate, consonte o establecido no Real decreto 1312/2007, cumprir os requisitos establecidos no artigo 4 do Real decreto 1313/2007 e, no caso de ser funcionario/a, non estar incurso na prohibición do punto 4 do artigo 9 deste real decreto. Para concursar ás prazas de corpos docentes vinculadas a prazas asistenciais de institucións sanitarias, as persoas que concursen deberán estar en posesión do título oficial de especialista que corresponda á praza.

As persoas acreditadas que sexan nacionais doutros Estados non membros da Unión Europea poderán tomar parte nos concursos de acceso e, de ser o caso, acceder á función pública cando o Estado da súa nacionalidade recoñeza aptitude legal aos/ás españois/las para ocupar na docencia universitaria posicións análogas ás dos/das funcionarios/as docentes na Universidade española.

f) Acreditar, unha vez nomeados/as funcionarios/as, ben a través da comisión de selección ou documentalmente, un nivel de coñecemento da lingua galega equivalente ao Celga 4 e do español equivalente ao nivel B2. De non ser así, a persoa nomeada funcionaria deberá realizar un curso de coñecemento da(s) lingua(s) organizado pola propia universidade.

2.2. Para ser admitido á realización das probas selectivas correspondentes as prazas de promoción interna ao corpo de catedrático/a de Universidade, as persoas candidatas deberán reunir os requisitos establecidos no artigo 62.2 da LOU e ter a condición de funcionario ou funcionaria de carreira do corpo de profesores e profesoras titulares de universidade ou da escala de investigadoras e investigadores científicos dos organismos públicos de investigación, e ter prestado, como mínimo, dous anos de servizos efectivos baixo esta condición.

2.3. A posesión dos requisitos establecidos nesta base, salvo os da letra f), estará referida sempre á data de expiración do prazo de presentación de solicitudes de participación e deberase manter polo menos ata o momento da toma de posesión como funcionario/a de carreira.

3. Solicitudes.

3.1. A solicitude para participar nestas probas selectivas axustarase ao modelo aprobado oficialmente pola Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal docente e Investigador que se atopa publicado no sitio web http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html. A persoa aspirante deberá cubrir na solicitude o seu domicilio e o seu enderezo de correo electrónico, e será preferentemente a este último a onde a USC enviará as notificacións.

As persoas que opten a máis dunha praza deberán presentar unha solicitude independente para cada unha delas.

Ademais, será requisito imprescindible para participar no proceso que as persoas aspirantes, no acto de presentación, fagan entrega ao/á presidente/a da comisión de cinco exemplares do seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e documentos acreditativos dos méritos alegados, segundo modelo publicado na páxina web.

3.2. As solicitudes dirixiranse ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Estas solicitudes poderán presentarse en calquera dos rexistros xerais da USC, situados no Campus de Santiago (Colexio de San Xerome, Praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela) e no Campus de Lugo (servizos centrais do Campus de Lugo, Campus universitario, 27002 Lugo) ou polos restantes procedementos previstos no artigo 38.4 da LRX-PAC. As solicitudes que se presenten a través das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o/a empregado/a de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes suscritas no estranxeiro deberán cursarse a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes.

3.3. Dereitos de exame:

As persoas aspirantes deberán aboar á Universidade de Santiago de Compostela por cada concurso no que soliciten participar a cantidade de 40,74 euros en concepto de dereitos de exame. O ingreso ou transferencia deberá efectuarse na conta IBAN ES07-2080-0388-20-3110000646 de Abanca.

Estarán exentas do pagamento desta taxa as persoas con minusvalía igual ou superior ao 33 % e as que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial, sempre que presenten xunto coa solicitude a xustificación documental correspondente. Os membros de familias numerosas de categoría xeral terán dereito a unha bonificación do 50 %.

Tamén se aplicará unha bonificación do 50 %, á inscrición no proceso selectivo, solicitada por persoas que figurasen como demandantes de emprego desde, polo menos seis meses antes da data de publicación desta convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

O certificado relativo á condición de demandante de emprego, cos requisitos sinalados no parágrafo anterior, solicitarase nas oficinas do Servizo Público de Emprego e presentarase coa solicitude.

A falta de pagamento destes dereitos durante o prazo de presentación de instancias non é reparable e determinará a exclusión da persoa aspirante, excepto que acredite estar exenta do pagamento da dita taxa.

Non procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes no caso de exclusión definitiva das probas selectivas por causas imputables a elas.

3.4. Coa solicitude acompañaranse necesariamente os seguintes documentos, sendo causa de exclusión a falta dalgún deles:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou documento acreditativo da nacionalidade.

Os/as aspirantes que non teñan a nacionalidade española e teñan dereito a participar deberán presentar fotocopia do documento que acredite a nacionalidade e, de ser caso, os documentos acreditativos do vínculo de parentesco, e o feito de viviren a expensas ou estaren a cargo da persoa nacional dun Estado membro da Unión Europea ou doutros Estados, cando así o estableza un tratado internacional celebrado pola Unión Europea e ratificado por España, co que teña o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados de dereito do seu cónxuxe e, se é o caso, do feito de que a persoa aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo. A acreditación realizarase por medio de certificados expedidos polas autoridades competentes do seu país de orixe, traducidos a algunha das linguas oficiais da Universidade de Santiago de Compostela.

b) Fotocopia compulsada, ou simple acompañada do respectivo orixinal para o seu cotexo, dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na letra e) da base 2.1 e na base 2.2. No suposto de ser profesor/a dunha praza de igual categoría, certificación acreditativa do seu desempeño.

As persoas candidatas que pertenzan a esta universidade e así o fagan constar na solicitude, só deberán presentar os documentos a que se refire esta letra que non consten no seu expediente persoal.

c) Xustificante orixinal de ter aboado os dereitos de exame, no que deberá constar necesariamente o nome e apelidos da persoa aspirante e a referencia do número de concurso así como, de ser o caso, xustificante da causa de bonificación ou exención.

3.5. De conformidade co disposto na letra f) da base 2.1, as persoas aspirantes poderán acreditar, nesta fase do procedemento, un nivel de coñecemento da lingua galega equivalente ao Celga 4 e do español equivalente ao nivel B2.

A falta de acreditación documental do requisito sinalado no punto 3.5 non será causa de exclusión, podendo acreditarse a través da comisión de selección. De non ser así, a persoa nomeada funcionaria deberá realizar un curso de coñecemento da(s) lingua(s) organizado pola propia universidade.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo máximo de quince días, ditará unha resolución declarando aprobadas as listas provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas aos distintos concursos de acceso, con indicación das causas de exclusión. A dita resolución, xunto coas listas completas de admitidos/as e excluídos/as, publicarase no taboleiro electrónico da USC e nos taboleiros de anuncios da Reitoría e da Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, debendo facer constar nela a data da súa inserción nos taboleiros.

Así mesmo, será obxecto de difusión a través da páxina web desta universidade no enderezo: http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/funcionarios.html.

4.2. Contra esta resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación nos taboleiros de anuncios da Reitoría. Neste prazo as persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas e excluídas do correspondente concurso poderán reparar os defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión da dita relación. No caso de non facelo, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Resoltas as reclamacións, no prazo máximo de quince días desde a finalización do prazo sinalado para presentar reclamación ditarase unha nova resolución aprobando as listas definitivas de persoas admitidas e excluídas, que serán obxecto de publicación na forma indicada na base 4.1. Esta resolución porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o reitor no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación, de acordo co previsto na LRX-PAC. Neste caso, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata a resolución expresa ou a desestimación presunta do de reposición.

5. Comisións de selección.

5.1. A composición das comisións de selección é a que figura no anexo I e II desta convocatoria. Conforme o establecido no artigo 6.4 do Real decreto 1313/2007, do 5 de outubro, os currículos dos membros da comisión de selección poderán ser consultados polas persoas interesadas, durante o tempo que dure o proceso, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables no Servizo de Planificación de PDI, sito no Pazo de San Xerome, praza do Obradoiro, Santiago de Compostela.

5.2. Para a constitución e a actuación das comisións haberá que aterse ao recollido na normativa provisoria pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios, aprobada por acordo do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela do 11 de febreiro de 2009. Os membros da comisión deberán absterse de actuar e as persoas interesadas poderán recusalos, en calquera momento da tramitación do procedemento, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da LRX-PAC.

5.3. Unha vez resoltas a renuncia, abstención ou recusación que puidesen terse presentado, as persoas afectadas serán substituídas polos/as respectivos/as suplentes. No suposto de que tamén no membro suplente de que se trate concorrese algunha das circunstancias de impedimento citadas anteriormente, a súa substitución farase por orde correlativa de nomeamento entre os membros suplentes.

5.4. As comisións deberán constituírse dentro dos tres meses seguintes á data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Para iso, o/a presidente/a titular, realizadas as consultas pertinentes cos restantes membros, convocará aos/ás titulares e, de ser o caso, aos/ás suplentes para proceder ao acto formal de constitución daquela, fixando lugar, data e hora en que terá lugar. Da constitución da Comisión tamén serán informadas as persoas candidatas.

6. Desenvolvemento do concurso.

6.1. Criterios de valoración.

6.1.1. No acto de constitución as comisións de selección, en función das características das prazas que se van prover e das actividades docentes e investigadoras que figuren na convocatoria, aprobarán e farán públicos, no taboleiro de anuncios do Centro no que actúen, os criterios de selección que serán utilizados para a resolución dos concursos de acceso convocados. Estes criterios deberán respectar o precisado no artigo 9 da Normativa desta universidade pola que se regulan os concursos de acceso a corpos docentes universitarios e as proporcións que se recollen no anexo da dita normativa para a valoración de cada categoría de méritos.

6.1.2. Publicados os criterios, o/a presidente/a convocará ás persoas candidatas admitidas ao acto de presentación que deberá ter lugar entre as 24 e 72 horas contadas dende a publicación dos criterios. A comunicación incluirá o lugar, a data e a hora de celebración.

6.2. Acto de presentación.

6.2.1. A orde de actuación dos/das aspirantes nas probas orais seguirá a ordenación alfabética por apelido a partir da letra «O», de conformidade co establecido na Resolución do 3 de febreiro de 2016, da Consellaría de Facenda da Xunta de Galicia.

6.2.2. No acto de presentación, que será público, as persoas candidatas entregarán ao/á presidente/a da comisión de selección cinco exemplares do seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e documentos acreditativos dos méritos alegados. O historial deberá axustarse no posible ao modelo establecido no documento historial do aspirante publicado na páxina web http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/funcionarios.html.; para a súa elaboración seguirase o documento de instrucións que se atopa na mesma páxina. En calquera caso, o historial deberá incluír todos os apartados do modelo establecido. O exemplar da documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse organizado na mesma orde que o modelo de historial.

6.2.2.1. As persoas aspirantes a unha praza de profesor titular de universidade entregaranlle tamén ao/á presidente/a cinco exemplares dunha guía docente dunha materia das que se determinan no anexo II desta convocatoria e cinco exemplares do proxecto investigador a desenvolver no caso de serlle outorgada a praza. Cando no anexo II se estableza «materias da área», a guía docente referirase a unha materia troncal, obrigatoria ou de formación básica adscrita á área de coñecemento das que se cursen para a obtención de títulos de carácter oficial de grao ou equivalente na USC.

A guía docente terá como máximo unha extensión de cincuenta páxinas en tamaño DIN A4 a dobre espazo e deberá facer referencia, como mínimo, aos seguintes aspectos:

– Datos descritivos da materia.

– Sentido da materia no plano de estudos.

– Obxectivos: competencias, destrezas e habilidades que debe adquirir o estudante.

– Desenvolvemento do temario teórico e práctico.

– Bibliografía recomendada.

– Metodoloxía e recursos necesarios.

– Sistema de avaliación da aprendizaxe.

– Outras informacións de interese.

O proxecto investigador terá como máximo vinte e cinco (25) páxinas en tamaño DIN A4 a dobre espazo.

6.2.2.2. As persoas aspirantes a unha praza de catedrático de universidade entregaranlle tamén ao/á presidente/a, cinco exemplares do proxecto investigador que se desenvolverá no caso de serlle outorgada a praza, que terá unha extensión máxima de vinte e cinco (25) páxinas DIN A4 a dobre espazo.

6.2.3. O/A secretario/a da comisión deberá garantir que a documentación entregada polos/as concursantes poida ser consultada con anterioridade ao inicio das probas por todas as persoas candidatas presentadas.

6.3. Probas.

6.3.1. Os concursos de acceso ao corpo de titulares de universidade constarán de dúas probas que serán públicas.

6.3.1.1. A primeira proba consistirá na exposición e defensa oral dos méritos e historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial de cada persoa candidata. Esta exposición non poderá exceder de noventa minutos, cun debate posterior coa Comisión durante un tempo máximo de dos horas.

No caso de que exista unha única persoa aspirante, a Comisión, despois de analizar a documentación presentada por esta, se considera por unanimidade que resulta suficiente para a superación da proba, poderá eximila da exposición oral e posterior debate.

Rematada esta proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

6.3.1.2. A segunda proba consistirá na exposición oral, durante un tempo máximo de 90 minutos, e posterior debate coa Comisión, durante un máximo de dúas horas, de:

– A guía docente dunha das materias que se determinen na convocatoria ou, no seu defecto, dunha materia troncal ou obrigatoria da oferta oficial de graos relacionada coa área pola que se convoca a praza.

– O proxecto investigador que se desenvolverá no caso de lle ser outorgada a praza.

Rematada a segunda proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados.

O peso de cada proba na cualificación final das persoas candidatas será do 50 %.

De acordo con estes informes, a comisión elaborará unha proposta de provisión. Os membros da comisión que voten en contra da proposta maioritaria terán que facer constar a motivación do seu voto.

A proposta incluirá unha relación de todas as persoas candidatas que sexan consideradas aptas para ocuparen a praza por orde de preferencia para o nomeamento polo reitor. O proceso poderá concluír coa proposta da Comisión de non prover a praza convocada.

6.3.2. Os concursos de acceso ao corpo de catedráticos de universidade constarán dunha única proba, que será pública, e que consistirá na exposición e defensa oral dos méritos de cada candidato/a e do proxecto investigador que se desenvolverá de lle ser outorgada a praza. A exposición e a defensa oral non poderán exceder de noventa minutos e dúas horas, respectivamente.

Rematada a proba, cada membro da Comisión emitirá un informe razoado e axustado aos criterios de valoración previamente fixados. De acordo con estes informes, a Comisión elaborará unha proposta de provisión. Os membros da Comisión que voten en contra da proposta maioritaria terán que facer constar a motivación do seu voto.

A proposta incluirá unha relación de todas as persoas candidatas que sexan consideradas aptas para ocupar a praza por orde de preferencia para o nomeamento polo reitor. O proceso poderá concluír coa proposta da Comisión de non prover a praza convocada.

6.3.3. As persoas aspirantes serán convocadas pola Comisión aos distintos actos en único chamamento que fará público no taboleiro de anuncios no que actúe, sendo excluídas do concurso as que non comparezan, salvo nos casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados como tales pola Comisión.

7. Proposta de provisión.

7.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte á finalización das probas farase pública no taboleiro de anuncios do centro no que actúe a comisión de selección a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Esta proposta será formalizada no modelo normalizado de acta que proverá a Vicerreitoría competente en materia de profesorado, facendo constar os mecanismos de impugnación que poidan utilizar as persoas interesadas. A proposta permanecerá exposta, polo menos, ata a expiración do prazo para interpor os correspondentes recursos.

O tempo transcorrido entre a publicación da convocatoria e a resolución do concurso non poderá exceder de catro meses, salvo nos supostos de suspensión ou ampliación deste prazo por impugnación ou outras causa xustificadas apreciadas por resolución do reitor da USC.

7.2. Unha vez publicada, a proposta será entregada polo/a presidente/a da comisión de selección ou, de ser o caso, polo/a secretario/a á Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador xunto coas actas e informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegada por cada persoa candidata coa xustificación documental correspondente e a certificación do secretario ou da secretaria da Comisión na que se faga constar a data de publicación no taboleiro de anuncios do centro.

7.3. Rematado o procedemento, a documentación dos/das concursantes quedará ao seu dispor na Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador de onde deberán retirala. Non obstante, no caso de interposición de recurso non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.

Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non fora retirada será destruída.

8. Presentación de documentos e nomeamentos.

8.1. No prazo máximo de vinte días contados desde o seguinte ao da publicación da proposta de nomeamento, a persoa candidata proposta en primeiro lugar pola comisión de selección ten que presentar os seguintes documentos na Vicerreitoría de Organización Académica e Persoal Docente e Investigador ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da LRX-PAC:

a) Copia compulsada do título académico requirido para a praza para a que teña sido proposta.

b) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separada mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitada para o exercicio das funcións públicas. As persoas aspirantes de nacionalidade non española deberán acreditar, de conformidade co establecido no artigo 7.2 do Real decreto 543/2001, do 18 de maio, sobre acceso ao emprego público na Administración xeral do Estado e os seus organismos públicos de nacionais doutros Estados aos que é de aplicación o dereito á libre circulación de traballadores/as, que non están sometidas a sanción disciplinaria ou condena penal que impida, no seu Estado, o acceso á función pública.

c) Certificado médico oficial acreditativo de non padecer enfermidade nin estar afectada por limitación física o psíquica que impida o desempeño das funciones correspondentes a profesor/a de universidade.

8.2. Aqueles/as que tivesen a condición de funcionarios/as públicos/as de carreira en activo estarán exentos/as de presentar os documentos mencionados nas letras b) e c) desta base, debendo presentar certificación da Administración da que dependan, acreditativa da súa condición de funcionarios e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.

As persoas candidatas que pertenzan a esta universidade só deberán presentar os documentos a que se refire esta base que non consten no seu expediente persoal.

8.3. O reitor da Universidade de Santiago de Compostela efectuará o nomeamento como funcionario/a de carreira da persoa candidata proposta pola Comisión, unha vez que presentase en prazo a documentación exixida no punto 1 desta base. No caso de que o primeira persoa candidata proposta non acredite en tempo e forma os extremos sinalados no parágrafo anterior o reitor procederá, de xeito sucesivo, ao nomeamento das seguintes persoas candidatas propostas segundo a orde establecida pola comisión de selección, logo da acreditación por estas dos mencionados requisitos en idéntico prazo de vinte días.

8.4. Os nomeamentos, que especificarán a denominación da praza con indicación da área de coñecemento e o corpo ao que pertence, serán publicados no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia e comunicados aos rexistros correspondentes para o efecto do outorgamento do número de Rexistro de Persoal e de inscrición no corpo respectivo, así como ao Consello de Universidades.

8.5. No prazo máximo de vinte días, contado desde o día seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata proposta deberá tomar posesión do seu destino, momento no que adquirirá a condición de funcionario/a de carreira do corpo docente universitario de que se trate. No momento da toma de posesión, a persoa candidata deberá presentar declaración de non estar afectada de incompatibilidade, ou opción no caso de ter outro traballo no sector público.

9. Norma final.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata a resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 27.7.2016)
Luís Lima Rodríguez
Vicerreitor de Organización Académica e
Persoal Docente e Investigador

ANEXO I
Relación de prazas e comisións: quenda de promoción interna
Catedrático de universidade

Nº de concurso: 2343/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(A00552).

Área de coñecemento: dereito administrativo.

Departamento: Dereito Público e Teoría do Estado.

Perfil: dereito administrativo III. Garantías do administrado (G3161424).

Centro (*): Fac. de Dereito.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2344/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(A00553).

Área de coñecemento: filoloxía grega.

Departamento: Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana.

Perfil: materias da área.

Centro (*): Fac. de Filoloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2345/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(A00554).

Área de coñecemento: enfermaría.

Departamento: Psiquiatría, Radioloxía e Saúde Pública.

Perfil: enfermaría do ciclo vital: materno-infantil II (G2021327).

Centro (*): Fac. de Enfermaría.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2346/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(A00555).

Área de coñecemento: xeografía humana.

Departamento: Xeografía.

Perfil: fundamentos de xeografía humana (G3051102).

Centro (*): Fac. de Xeografía e Historia.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

Nº de concurso:

2343/16.

Corpo:

catedrático de universidade.

Área de coñecemento:

dereito administrativo.

Comisión titular

Presidente

González-Varas Ibáñez, Santiago

T

Catedrático de universidade

Universidade de Alicante

Secretaria

Carbonell Porras, Eloísa

T

Catedrática de universidade

Universidade de Jaén

1º Vogal

Lasagabaster Herrarte, Iñaki

T

Catedrático de universidade

Universidade do País Vasco

2ª Vogal

Del Saz Cordero, Silvia

T

Catedrática de universidade

UNED

3º Vogal

Velasco Caballero, Francisco

T

Catedrático de universidade

Universidade Autónoma de Madrid

Comisión suplente

Presidente

Quintana López, Tomás

T

Catedrático de universidade

Universidade de León

Secretaria

Fuertes López, Mercedes

T

Catedrática de universidade

Universidade de León

1º Vogal

García Urieta, Agustín

T

Catedrático de universidade

Universidade do País Vasco

2ª Vogal

Malaret García, Elisenda

T

Catedrática de universidade

Universidade de Barcelona

3º Vogal

Escuín Palop, Vicente

T

Catedrático de universidade

Universidade de Valencia

Nº de concurso:

2344/16

Corpo:

catedrático de universidade

Área de coñecemento:

filoloxía grega

Comisión titular

Presidente

Méndez Dosuna, Julián

T

Catedrático de universidade

Universidade de Salamanca

Secretaria

Castro Caridad, Eva María

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

De la Villa Polo, Jesús

T

Catedrático de universidade

Universidade Autónoma de Madrid

2º Vogal

De Cuenca y Prado, Luis Alberto

T

Catedrático de universidade

Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CSIC)

3ª Vogal

Ruíz Montero, Consuelo

T

Catedrática de universidade

Universidade de Murcia

Comisión suplente

Presidente

Carracedo Fraga, José

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Cabrillana Leal, Concepción Virtudes

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª Vogal

Rodríguez Espiñeira, María José

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º Vogal

Floristan Imizcoz, José Manuel

T

Catedrático de universidade

Universidade Complutense de Madrid

3ª Vogal

Quijada Sagredo, María Milagros

T

Catedrática de universidade

Universidade do País Vasco

Nº de concurso:

2345/16.

Corpo:

catedrático de universidade.

Área de coñecemento:

enfermaría.

Comisión titular

Presidente

Castro Gago, Manuel

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Cruz Landeira, Angelines

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Pedrera Zamorano, Juan Diego

T

Catedrático de universidade

Universidade de Extremadura

2ª Vogal

Gomar Sancho, Carmen

T

Catedrática de universidade

Universidade de Barcelona

3ª Vogal

Buti Ferrer, María Asunción

T

Catedrática de universidade

Universidade Autónoma de Barcelona

Comisión suplente

Presidente

Ruibal Morell, Álvaro

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Rodríguez Calvo, María Sol

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

González Quintela, Arturo

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º Vogal

Lorente Toledano, Félix

T

Catedrático de universidade

Universidade de Salamanca

3ª Vogal

Pons Pons, Francesca

T

Catedrática de universidade

Universidade de Barcelona

Nº de concurso:

2346/16.

Corpo:

catedrático de universidade.

Área de coñecemento:

xeografía humana.

Comisión titular

Presidente

Lois González, Rubén Camilo

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Troitiño Vinuesa, Miguel Ángel

T

Catedrático de universidade

Universidade Complutense de Madrid

1ª Vogal

Brandis García, María Dolores

T

Catedrática de universidade

Universidade Complutense de Madrid

2º Vogal

Olcina Cantos, Jorge

T

Catedrático de universidade

Universidade de Alicante

3ª Vogal

Segui Pons, Joana

T

Catedrática de universidade

Universidade das Islas Baleares

Comisión suplente

Presidente

Mata Olmo, Rafael

T

Catedrático de universidade

Universidade Autónoma de Madrid

Secretaria

Cruz Vilalón, Josefina

T

Catedrática de universidade

Universidade de Sevilla

1ª Vogal

Delgado Viñas, Carmen

T

Catedrática de universidade

Universidade de Cantabria

2º Vogal

Méndez Gutiérrez del Valle, Ricardo

T

Catedrático de universidade

Centro de Ciencias Humanas e Sociais (CSIC)

3ª Vogal

Pujadas Rubíes, Isabel

T

Catedrática de universidade

Universidade de Barcelona

ANEXO II
Relación de prazas e comisións: quenda de acceso libre
Profesor titular de universidade

Nº de concurso: 2347/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C01768).

Área de coñecemento: electrónica.

Departamento: Electrónica e Computación.

Perfil: fundamentos de instrumentación electrónica (G1031325).

Centro (*): Fac. de Física.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2348/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C01769).

Área de coñecemento: electrónica.

Departamento: Electrónica e Computación.

Perfil: automática industrial (G4021424).

Centro (*): Fac. de Física.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2349/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C01770).

Área de coñecemento: enxeñaría química.

Departamento: Enxeñaría Química.

Perfil: enxeñaría bioquímica (G4021326).

Centro (*): Escola Técnica Superior de Enxeñaría.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2350/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C01771).

Área de coñecemento: microbioloxía.

Departamento: Microbioloxía e Parasitoloxía.

Perfil: microbioloxía I (fundamentos de microbioloxía) (G1021323).

Centro (*): Fac. de Bioloxía.

Localidade: Santiago de Compostela.

Nº de concurso: 2351/16. Dedic.: T.

Nº de prazas: 1(C01772).

Área de coñecemento: nutrición e bromatoloxía.

Departamento: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía.

Perfil: nutrición e bromatoloxía II (G2081327).

Centro (*): Fac. de Farmacia.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) Centro onde se realizará con carácter preferente a actividade.

Nº de concurso.

2347/16.

Corpo:

titular de universidade.

Área de coñecemento:

electrónica.

Comisión titular

Presidente

Cabello Ferrer, Diego

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Taboada Iglesias, María Jesús

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Rodríguez Vázquez, Ángel

T

Catedrático de universidade

Universidade de Sevilla

2ª Vogal

Baturone Castillo, María Iluminada

T

Titular de universidade

Universidade de Sevilla

3º Vogal

Zapata Pérez, Juan

T

Profesor titular de universidade

Universidade Politécnica de Cartaxena

Comisión suplente

Presidente

Ruiz Merino, Ramón

T

Catedrático de universidade

Univ. Politécnica de Cartaxena

Secretaria

Carreira Nouche, María José

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

López Vilariño, David

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º Vogal

Medrano Marques, Nicolás

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Zaragoza

3ª Vogal

Rueda Rueda, Adoración

T

Catedrática de universidade

Universidade de Sevilla

Nº de concurso:

2348/16.

Corpo:

titular de universidade.

Área de coñecemento:

electrónica.

Comisión titular

Presidente

Cabello Ferrer, Diego

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Taboada Iglesias, María Jesús

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Ruiz Merino, Ramón

T

Catedrático de universidade

Univ. Politécnica de Cartaxena

2ª Vogal

Pérez-Aloe Valverde, Raquel

T

Titular de universidade

Universidade de Extremadura

3º Vogal

Domenech Asensi, Ginés

T

Titular de universidade

Universidade Politécnica de Cartaxena

Comisión suplente

Presidente

Rodríguez Vázquez, Ángel

T

Catedrático de universidade

Universidade de Sevilla

Secretaria

Carreira Nouche, María José

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Pardo López, Xosé Manuel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º Vogal

Vidal Verdú, Fernando

T

Titular de universidade

Univ. de Málaga

3ª Vogal

Fernández de Avila López, Susana

T

Catedrática de universidade

Universidade Miguel Hernández de Elche

Nº de concurso:

2349/16.

Corpo:

titular de universidade.

Área de coñecemento:

enxeñaría química.

Comisión titular

Presidenta

Domínguez González, Herminia

T

Catedrático de universidade

Universidade de Vigo

Secretario

Moreira Martínez, Ramón Felipe

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Roca Bordello, Enrique

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2ª Vogal

Santos López, Aurora

T

Catedrática de universidade

Universidade Complutense de Madrid

3º Vogal

Colprim Galcerán, Jesús

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Xirona

Comisión suplente

Presidente

Méndez Pampín, Ramón

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Cameselle Fernández, Claudio

T

Profesor titular de universidade

Universidade de Vigo

1ª Vogal

Longo González, María Asunción

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

2º Vogal

Mata Álvarez, Joan

T

Catedrático de universidade

Universidade de Barcelona

3ª Vogal

Sanromán Braga, Mª Ángeles

T

Catedrática de universidade

Universidade de Vigo

Nº de concurso:

2350/16.

Corpo:

titular de universidade.

Área de coñecemento:

microbioloxía.

Comisión titular

Presidenta

Estévez Toranzo, Alicia

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretario

Lemos Ramos, Manuel Luis

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª Vogal

Santos Rodríguez, Mª Isabel

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2ª Vogal

Novoa García, Beatriz

T

Profesora Investigadora CSIC

Inst. de Investigacións Mariñas (CSIC, Vigo)

3º Vogal

Real Valcarcel, Fernando

T

Catedrático de universidade

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

Comisión suplente

Presidente

Barja Pérez, Juan Luis

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Magariños Ferro, Beatriz

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1ª Vogal

Otero Casal, Ana María

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º Vogal

Acosta Arbelo, Félix

T

Titular de universidade

Universidade de Las Palmas de Gran Canaria

3º Vogal

De Blas Giral, Ignacio

T

Titular de universidade

Universidade de Zaragoza

Nº de concurso:

2351/16.

Corpo:

titular de universidade.

Área de coñecemento:

nutrición e bromatoloxía.

Comisión titular

Presidenta

Lage Yusty, María Asunción

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

López Hernández, María Julia Celia

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Paseiro Losada, Perfecto Miguel

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2º Vogal

Manes Vinuesa, Jordi

T

Catedrático de universidade

Universidade de Valencia

3ª Vogal

Troncoso González, Ana María

T

Catedrática de universidade

Universidade de Sevilla

Comisión suplente

Presidente

Huidobro Canales, José Francisco

T

Catedrático de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

Secretaria

Romero Rodríguez, María Ángeles

T

Catedrática de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

1º Vogal

Rodríguez Otero, José Luis

T

Titular de universidade

Univ. de Santiago de Compostela

2ª Vogal

Pérez Lamela, María Concepción

T

Profesora titular de universidade

Universidade de Vigo

3ª Vogal

López Mahía, Purificación

T

Catedrática de universidade

Universidade da Coruña