Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Mércores, 21 de setembro de 2016 Páx. 43393

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 8 do vixente Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 8 de setembro de 2016, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 8 do vixente Plan xeral de ordenación municipal relativa á reconfiguración de espazos públicos e usos no núcleo urbano de Goián.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

O expediente estará exposto ao público polo prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no DOG, e mediante anuncio nun dos xornais de maior difusión na provincia, e os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo de conformidade co citado artigo.

O expediente comporta a suspensión cautelar de licenzas no ámbito da modificación puntual.

Tomiño, 14 de setembro de 2016

Sandra González Álvarez
Alcaldesa