Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43546

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 19 de setembro de 2016 pola que se aproba a Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Co obxecto de promover o uso xeneralizado e intensivo das novas tecnoloxías na Administración pública para a prestación dos servizos públicos da súa competencia, está previsto no artigo 9 da Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, que se determinen regulamentariamente as infraestruturas de telecomunicacións que se deberán incorporar aos edificios de titularidade das administracións públicas de Galicia que se constrúan ou que sexan obxecto dunha reforma substancial, ademais de considerar a necesidade de interconexión á rede pública de comunicacións electrónicas como premisa na planificación da construción de edificios ou inmobles públicos.

A dita previsión legal desenvolveuse a través do Decreto 11/2016, do 28 de xaneiro, polo que se regula a incorporación das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia e a súa integración na rede corporativa da Xunta de Galicia.

Tal e como establece o artigo 5 do dito Decreto 11/2016, as características das infraestruturas de telecomunicacións e dos elementos que as conforman definiranse na Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións, que incluirá criterios de deseño e dimensionamento das infraestruturas de telecomunicacións, especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas, requisitos de instalación, procedementos de verificación, e documentación técnica necesaria, podendo incluír tamén outras indicacións con carácter de recomendación.

Así mesmo, na disposición derradeira primeira do dito Decreto 11/2016, facúltase a persoa titular da consellería competente na materia de administracións públicas para a aprobación e modificación da Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Neste senso, os aspectos técnicos recollidos na dita guía responden á necesidade de racionalizar e homoxeneizar a calidade das instalacións para aumentar a dispoñibilidade dos servizos, reducindo os tempos de resolución das avarías, e optimizar os custos asociados á instalación das infraestruturas de comunicacións, aproveitando ao máximo os recursos, eliminando os elementos innecesarios e minimizando os custos previstos por modificacións ou ampliacións.

Polo exposto, en uso das facultades que teño conferidas, de acordo co artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación da Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia

Apróbase a Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións na Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia, cuxo texto se inclúe a seguir.

Disposición adicional única. Habilitación para o desenvolvemento

Habilítase a persoa titular da dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para ditar as resolucións que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación desta orde, así como para actualizar os criterios técnicos de deseño e dimensionamento da Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións cando as evolucións tecnolóxicas ou as modificacións na normativa aplicable así o aconsellen.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor aos vinte (20) días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2016

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza.

ANEXO

Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións
na Administración xeral e o sector público autonómico de Galicia

Índice.

1 Introdución.

1.1 Particularizacións.

2 Criterios de deseño e dimensionamento das infraestruturas de telecomunicacións.

2.1 Sistema de interconexión con provedores.

2.1.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.1.1.1 Requirimentos da infraestrutura de enlace.

2.1.1.1.1 Acceso a redes de provedores mediante acometida inferior.

2.1.1.1.2 Acceso a redes de provedores mediante acometida superior.

2.1.1.2 Requirimentos do repartidor de interconexión.

2.1.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

2.2 Sistema de cableado estruturado.

2.2.1 Estrutura do SCE.

2.2.2 Subsistema troncal de campus.

2.2.2.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.2.2.1.1 Repartidor de campus.

2.2.3 Subsistema troncal de edificio.

2.2.3.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.2.3.1.1 Repartidor de edificio.

2.2.3.1.2 Fibra óptica.

2.2.3.1.3 Cableado multipar.

2.2.3.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

2.2.3.2.1 Fibra óptica.

2.2.4 Subsistema de cableado horizontal.

2.2.4.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.2.4.1.1 Tomas de telecomunicacións.

2.2.4.1.1.1 Tomas de telecomunicacións de usuario.

2.2.4.1.1.2 Tomas de telecomunicacións de infraestrutura.

2.2.4.1.2 Repartidores de planta.

2.2.4.1.3 Cable de par trenzado.

2.2.4.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

2.2.4.2.1 Cableado de par trenzado.

2.2.4.2.2 Tomas de comunicacións.

2.3 Sistema de distribución de audio e vídeo - SAV.

2.3.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.3.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

2.4 Sistemas de redes de telefonía móbil - STM.

2.4.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.4.1.1 Repetidor de interior.

2.4.1.2 Nova estación con distribución interior.

2.4.2 Requirimentos dos compoñentes da rede e requisitos de instalación.

2.5 Sistemas de rede de acceso sen fíos - SAF.

2.5.1 Requirimentos de deseño e dimensionado.

2.5.2 Requirimentos dos compoñentes da rede e requisitos de instalación.

2.6 Sistemas intelixentes de seguridade e control - SISC.

2.6.1 Control de acceso aos sistemas de cableado estruturado.

2.7 Sistemas intelixentes de automatización - SIA.

2.8 Sistema de instalación eléctrica dedicada - SIED.

2.8.1 Características xerais.

2.8.2 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.8.3 Instalación eléctrica nos armarios.

2.8.4 Interconexión equipotencial e apantallamento.

2.8.5 Accesos e cableados.

2.8.6 Sistemas de terra.

2.9 Infraestruturas de soporte e distribución.

2.9.1 Infraestrutura de soporte.

2.9.1.1 Rexistros.

2.9.1.2 Recintos de comunicacións.

2.9.1.2.1 Localización e dimensións.

2.9.1.2.2 Características construtivas.

2.9.1.2.3 Equipamento xeral.

2.9.1.2.4 Ventilación.

2.9.1.2.5 Iluminación.

2.9.1.2.6 Medidas contra incendios.

2.9.1.2.7 Acondicionamento de espazos.

2.9.1.2.7.1 Calos de planta.

2.9.1.2.7.2 Calos de tabiques.

2.9.1.2.7.3 Pintado.

2.9.1.2.7.4 Remates.

2.9.2 Infraestrutura de distribución (canalizacións).

2.9.2.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

3 Especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas.

3.1 Características dos armarios.

3.1.1 Características xerais e dotación interior (SCE).

3.1.2 Dimensionamento (SCE).

3.1.2.1 Paneis de parcheo.

3.1.2.1.1 Paneis de parcheo cobre.

3.1.2.1.2 Paneis de parcheo de cable multipar.

3.1.2.1.3 Bandexas de fibra óptica.

3.1.2.2 Elementos para a asignación de circuítos.

3.2 Características dos materiais empregados en canalizacións.

3.2.1 Tubo curvable de material libre de halóxenos.

3.2.2 Canal de material libre de halóxenos con tapa.

3.3 Características dos materiais empregados para cableado.

3.3.1 Fibra óptica multimodo.

3.3.2 Fibra óptica monomodo.

3.3.3 Latiguiños de fibra óptica.

3.3.4 Cableado de par trenzado.

3.3.5 Latiguiños de par trenzado.

3.3.6 Cableado multipar.

3.3.7 Cable coaxial.

3.4 Garantía.

4 Requisitos de instalación.

4.1 Consideracións xerais en instalación de cableados.

4.2 Separación de liñas cruce con instalacións eléctricas.

4.3 Armarios de comunicacións.

4.3.1 Colocación de elementos dentro dos armarios SCE.

4.3.2 Colocación de cables dentro dos armarios.

4.3.3 Conexión a terra dos armarios.

4.4 Cables de pares trenzados.

4.4.1 Conexionado en armarios de comunicacións.

4.4.2 Conexionado en tomas de telecomunicacións.

4.5 Cables coaxiais.

4.6 Cables de fibra óptica.

4.7 Mangueiras de pares de cobre.

4.8 Garantía.

4.9 Criterios de etiquetaxe.

4.9.1 Código de identificación de elementos xerais.

4.9.1.1 Recintos de telecomunicacións.

4.9.1.2 Rexistros.

4.9.1.3 Rexistros de tomas de telecomunicacións.

4.9.2 Armarios de comunicacións.

4.9.2.1 Código de identificación.

4.9.2.2 Código de etiquetaxe.

4.9.2.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.3 Enlaces entre armarios de comunicacións.

4.9.3.1 Código de identificación.

4.9.3.1.1 Cables contidos en mangueiras de fibra óptica.

4.9.3.1.2 Cables coaxiais.

4.9.3.2 Códigos de etiquetaxe.

4.9.3.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.4 Paneis de parcheo (bandexas).

4.9.4.1 Código de identificación.

4.9.4.2 Código de etiquetaxe.

4.9.4.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.5 Tomas de terminación de cableado en bandexas.

4.9.5.1 Código de identificación.

4.9.5.2 Código de etiquetaxe.

4.9.5.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.6 Tomas de telecomunicacións finais.

4.9.6.1 Código de identificación.

4.9.6.2 Código de etiquetaxe.

4.9.6.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.7 Enlaces a tomas de telecomunicacións finais.

4.9.7.1 Código de identificación.

4.9.8 Infraestruturas de soporte e distribución.

4.9.9 Conversores de medios.

4.9.9.1 Códigos de identificación.

4.9.9.2 Códigos de etiquetaxe.

4.9.9.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.10 Circuítos eléctricos.

4.9.10.1 Códigos de identificación.

4.9.10.2 Códigos de etiquetaxe.

4.9.10.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.11 Regreteiros.

4.9.11.1 Códigos de identificación.

4.9.11.2 Códigos de etiquetaxe.

4.9.11.3 Criterios de etiquetaxe.

4.9.12 Cables de alimentación.

4.9.12.1 Códigos de identificación.

4.9.12.2 Criterios de etiquetaxe.

4.9.13 Elementos para a asignación de circuítos (latiguiños).

4.9.13.1 Códigos de identificación.

4.9.13.2 Criterios de etiquetaxe.

4.9.13.2.1 Latiguiños do armario de comunicacións.

4.9.13.2.2 Latiguiños dos equipos de usuario.

5 Procedementos de verificación.

5.1 Verificación da instalación de cable de cobre.

5.2 Verificación da instalación de cable de fibra óptica.

5.3 Verificación da instalación de mangueiras de pares.

5.4 Verificación da instalación de cables coaxiais.

5.5 Verificación da instalación eléctrica dedicada.

6 Documentación técnica necesaria.

6.1 Proxecto de infraestrutura de comunicacións.

6.2 Documentación final de obra.

7 Normativa aplicable.

7.1 Regulamentos e disposicións legais adicionais.

7.2 Normativa de ámbito español (AENOR).

7.3 Normativa de ámbito europeo (CENELEC).

7.4 Normativa de ámbito mundial (ISO/IEC).

7.5 Normativa de ámbito da industria para telecomunicacións (IEEE).

7.6 Outra normativa de posible aplicación.

Guía de especificacións das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios
da Administración xeral e as entidades instrumentais do sector
público autonómico de Galicia

1 Introdución.

Esta guía recolle as especificacións necesarias para a normalización do proceso de deseño, instalación e verificación da instalación de infraestruturas de telecomunicacións en edificios e locais nos que desenvolven a súa actividade a Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Defínese o Sistema de telecomunicacións dun inmoble como o conxunto de elementos e medios propios que proporcionan servizos de telecomunicacións ás persoas usuarias, dispositivos e aplicacións dentro de complexo. O sistema de telecomunicacións constrúese sobre a infraestrutura de telecomunicación.

As infraestruturas de telecomunicacións obxecto de regulación nesta guía caracterízanse polo seu carácter perdurable no tempo e relación específica co inmoble. Queda fóra do ámbito desta guía a especificación de elementos que, aínda sendo integrantes do sistema de telecomunicacións, teñen un carácter menos permanente, e que xeralmente se corresponden cos elementos activos das redes de telecomunicacións (conmutadores e encamiñadores de rede, puntos de acceso sen fíos, etc).

No caso de que dentro do proxecto se desexen incluír este tipo elementos, os modelos e tecnoloxías empregadas deberán ser compatibles coas infraestruturas corporativas xa despregadas, para o cal deberán contar coa aprobación do correspondente órgano competente en materias de telecomunicacións que determinará a compatibilidade destes coa infraestrutura corporativa existente.

As infraestruturas de telecomunicacións mínimas que deberán estar presentes en todo edificio dentro do ámbito da súa aplicación incluirán os seguintes elementos:

a) Recintos adecuados para o aloxamento dos elementos que conforman os nodos do sistema de telecomunicacións do edificio ou local.

b) Canalizacións convenientemente dimensionadas para comunicar os recintos entre si, entre estes e as tomas de telecomunicacións do interior do edificio e coas redes públicas dos operadores de telecomunicacións.

c) Os medios de transmisión empregados para distribuír os sinais de telecomunicacións.

d) Na sección «Criterios de deseño e dimensionamento das infraestruturas de telecomunicacións» realízase a descricións dos elementos integrantes das infraestruturas de telecomunicacións. Para maior claridade, estes elementos son divididos en diferentes sistemas. A presenza destes sistemas poderá ser obrigatoria ou opcional; a implementación destes últimos quedará determinada polas características particulares de cada proxecto.

Cada sistema de telecomunicacións conta cunha sección dedicada; en cada unha destas seccións individuais establécense consideracións xerais de deseño do sistemas, directrices para o seu dimensionamento e os requisitos que deberá cumprir en canto a materiais e condicións de instalación.

Polo seu carácter transversal, tanto as prescricións de materiais e condicións dos traballos de instalación son detallados en seccións externas aos puntos de sistemas. Deste xeito, dentro de cada sistema establécense unicamente as particularizacións, deixando o detalle dos requisitos nas seccións xerais.

Na sección de «Especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas» especifícanse as características mínimas que deberán cumprir os materiais que se empregarán na instalación.

Na sección de «Requisitos de instalación», e tamén con carácter xeral, recóllense directrices sobre as condicións mínimas da execución dos traballos de instalación, así como os requisitos mínimos que deberán cumprir as empresas instaladoras. Inclúese, ademais, un conxunto de puntos adicados á etiquetaxe e nomenclatura normalizada dos elementos integrantes dos sistemas.

A sección de «Procedementos de verificación» establece as medidas mínimas que se deberán realizar sobre os cableados instalados. Os resultados destas medidas deberán ser incorporados como parte da documentación final de obra.

A sección de «Documentación técnica necesaria» establece a documentación mínima que se deberá entregar sobre os traballos realizados.

Por último, a sección de «Normativa aplicable» inclúe unha lista non exhaustiva de normas e estándares aplicables aos elementos e labores recollidos nesta guía, sen prexuízo da aplicación de normativas adicionais derivadas da aplicación da lexislación vixente.

1.1 Particularizacións.

Certas localizacións terán un carácter especialmente exixente en canto aos requirimentos de dispoñibilidade do servizo de telecomunicacións. Neste tipo de edificios aplicarán as consideracións descritas neste documento como «Consideracións especiais para edificios estratéxicos».

Por defecto, e sen prexuízo das consideracións especiais de cada proxecto, terán a consideración de edificios estratéxicos os hospitais, as centrais de emerxencias e xulgados.

Na outra banda, os edificios nos cales, polas súas limitacións estruturais ou funcionais, os servizos de telecomunicacións non resulten críticos, poderán ter uns requirimentos mínimos menos exixentes que os indicados a nivel xeral. Nestes edificios serán aplicables as consideracións descritas neste documento como «Consideracións especiais para pequenas dependencias».

A clasificación dun edificio como pequena dependencia deberá estar xustificada considerando sempre as súas dimensións, a súa función e a tipoloxía e volume de persoas usuarias as cales se lles terá que proporcionar servizo.

2 Criterios de deseño e dimensionamento das infraestruturas de telecomunicacións.

As infraestruturas de telecomunicacións poden ser divididas en diferentes sistemas provedores de servizos diferenciados de telecomunicacións. A separación en sistemas permite o tratamento diferencial das características e requirimentos de cada sistema segundo o servizo que se pretende ofrecer.

O conxunto total dos sistemas de telecomunicacións dan lugar ás infraestruturas de telecomunicacións dun inmoble.

Segundo os servizos proporcionados, diferenciaranse os seguintes sistemas de telecomunicacións:

• Sistemas de interconexión con provedores: este sistema aborda a problemática da interconexión dos sistemas de telecomunicacións do complexo cos servizos dos operadores de telecomunicacións, que, en última instancia, permiten o acceso aos servizos de telecomunicacións externos. Este sistema deberá estar presente sempre.

• Sistema de cableado estruturado (SCE): sobre este sistema constrúese o servizo de transmisión de datos e voz. Este sistema de telecomunicacións tamén establece a infraestrutura sobre a cal se constrúen outro tipo de sistemas baseados en tecnoloxías IP. Este sistema deberá estar presente sempre.

• Sistema de distribución de audio e vídeo (SAV): este sistema permitirá a distribución de sinais de radiodifusión sonora e de televisión procedentes de emisións terrestres e de satélite.

• Sistema de redes de telefonía móbil (STM): este sistema permitirá a extensión do sinal de telefonía móbil no edificio en localizacións nos que a cobertura do servizo ofrecido polos provedores resulte insuficiente.

• Sistema de redes de acceso sen fíos (SAF): estes sistema permitirá o acceso á rede de datos mediante tecnoloxías sen fíos. Este sistema deberá estar presente sempre.

• Sistemas intelixentes de seguridade e control (SISC): este sistema proporciona a infraestrutura para o despregamento de sistemas de seguridade e control, como son a vídeo-vixilancia e o control de acceso. Este sistema deberá estar presente sempre, ben que o alcance deste quedará determinado polas circunstancias particulares do proxecto.

• Sistemas intelixentes de automatización (SIA): este sistema dotará os inmobles da infraestrutura precisa para o despregamento de sistemas domóticos. Deberanse cubrir os mínimos indicados para este sistema.

• Sistema de instalación eléctrica dedicada (SIED): este sistema proporciona servizo de alimentación eléctrica ao equipamento de telecomunicacións. Este sistema sempre deberá estar presente.

As circunstancias particulares de cada proxecto determinarán o alcance dos sistemas de telecomunicacións, así como a necesidade da implementación dos sistemas non sinalados como obrigatorios. Para determinar a obrigatoriedade da implementación dun determinado sistema teranse en conta todas os factores definitorios do proxecto, como os condicionantes estruturais do inmoble, a función prevista para as dependencias ou o tipo de persoas usuarias ás que se lles deberá dar servizo. En calquera caso, será preciso que na documentación do proxecto se subministre a suficiente información para poder avaliar a adecuación do deseño e dimensionamento da solución cos requisitos do proxecto.

Como norma xeral, todos os sistemas deberán cumprir unha serie de requirimentos no relativo aos seguintes aspectos:

• Deseño e dimensionamento.

• Compoñentes.

• Materiais.

• Instalación.

No seguintes puntos desta sección concrétanse os aspectos particulares de cada sistema. Pola súa extensión e o seu carácter transversal, os dous últimos puntos trátanse nas seccións «Especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas e requisitos de instalación», nas cales se describe exhaustivamente o detalle das características mínimas exixidas.

2.1 Sistema de interconexión con provedores.

O sistema de interconexión con provedores de servizo soporta as instalacións (acometida, cableado, equipamento,…) dos operadores de telecomunicacións, e inclúe a infraestrutura precisa para interconectar a rede do operador coa rede do complexo. Este sistema é o encargado de conducir ata o repartidor de interconexión o cableado de cada un dos provedores desde o punto de entrada que estes teñan no predio, así como de albergar o equipamento de cliente que posibilita o acceso aos servizos de telecomunicacións.

O complexo deberá ter garantido o acceso ao servizo de transmisión de voz e datos. Por iso será preciso solicitar información a un mínimo de 2 operadores de telecomunicacións que ofrezan servizo no contorno sobre os datos de cobertura en canto o tipo de servizo ofrecido (fibra óptica, ADSL, WIMAX...) no exterior do edificio.

O operador pode prover o acceso á súa rede mediante medios de transmisión guiados (cable) ou medios de transmisión non guiados (bucle sen fíos, satélite, radio-enlace, etc.). Tipicamente o acceso dos operadores de cable realizarase pola parte inferior do edificio mentres que os operadores de redes sen fíos realizarán a acometida pola parte superior do edificio.

A forma na que os operadores prestarán o servizo de telecomunicacións será sempre validada e aprobada polo órgano de telecomunicacións competente.

En todo caso, o subsistema proporcionará a infraestrutura de conexión precisa para conectar o punto de entrada do operador co repartidor de interconexión. Esta infraestrutura inclúe ao menos os seguintes elementos:

a) A arqueta de entrada, que permite establecer mediante un enlace a conexión do sistema de cableado do complexo coas redes dos distintos provedores de servizos de telecomunicacións.

Esta arqueta é substituída pola cuberta ou fachada do edificio nos casos de enlaces inarámicos ou aéreos.

b) As infraestruturas de enlace desde a arqueta de entrada, ou a cuberta do edificio, ata o repartidor de interconexión (RX).

c) O Repartidor de Interconexión (RX), que prové o espazo preciso para aloxar os equipos de cliente que precisarán os provedores dos servizos de telecomunicacións.

Para o acceso dos operadores que realicen a acometida polo inferior do inmoble, o subsistema de interconexión con provedores incluirá os elementos de comunicacións que abranguen desde a arqueta de entrada no límite do predio ata o repartidor de interconexión (RX).

Deberá contactarse co órgano de telecomunicacións competente para a coordinación do acceso dos operadores de servizo ás arquetas de telecomunicacións exteriores do edificio.

Para o acceso dos operadores que realicen a acometida pola parte superior do inmoble, o subsistema de interconexión con provedores incluirá as instalacións que conectan o repartidor de interconexión cos sistemas de captación situados na cuberta ou fachada do edificio.

Para o deseño do sistema de interconexión serán complementarias consideracións descritas no anexo III do Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións (en diante RD 346/2011) en canto á Rede de Alimentación nos apartados correspondentes a: arqueta de entrada, canalización externa, punto de entrada xeral e canalización do enlace.

* Consideracións especiais para edificios estratéxicos.

Nos denominados edificios estratéxicos será preciso que o provedor facilite ao menos dous sistemas de interconexión totalmente independentes, con percorridos da canalización separados e servizo garantido a través de dúas centraliñas de operador diferentes.

* Recomendacións.

As acometida realizaranse preferentemente pola parte inferior do inmoble, sendo a acometida superior a opción escollida nos caos nos que a acometida inferior non sexa posible ou como medio de respaldo. Da mesma forma, a conexión con provedores realizarase por medios guiados sempre que sexa posible, agás que, por razóns de calidade, redundancia, dispoñibilidade do servizo ou adaptacións específicas ás circunstancias do inmoble, a opción sen fíos resulte máis recomendable.

Esta recomendación non é de aplicación aos provedores de servizo do sistema de audio e vídeo.

2.1.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.1.1.1 Requirimentos da infraestrutura de enlace.

2.1.1.1.1 Acceso a redes de provedores mediante acometida inferior.

En xeral, instalarase unha arqueta de entrada de dimensións interiores mínimas de 800×700×820 mm (longo × largo × profundidade) no exterior do edificio que será accesible polos operadores. A arqueta estará situada na vía pública. Consultarase a súa localización cos posibles operadores de servizo.

Desde a arqueta de entrada instalaranse un número mínimo de 6 tubos de 63 mm ou 4 tubos de 110 mm de diámetro exterior. Estes tubos conectarán coa arqueta a unha altura de 150 mm do seu fondo e rematarán no repartidor de interconexión instalado nun recinto de telecomunicacións. En calquera caso, o número de tubos deberá estar correctamente dimensionado con base na tipoloxía e número de persoas usuarias esperadas.

Ao longo desta canalización colocaranse rexistros de enlace seguindo as indicacións do Real decreto 346/2011, para rexistros de enlace en canalización de enlace mediante tubos.

Os tubos terán guías e tapóns en ambos os dous extremos para evitar a entrada de sucidade e humidade no seu interior.

2.1.1.1.2 Acceso a redes de provedores mediante acometida superior.

A canalización de enlace superior empregarase tipicamente para o establecemento de radioenlaces, comunicacións satélite, enlaces mediante tecnoloxías WIMAX, telefonía móbil de última xeración, sinais de televisión e tendidos aéreos de cable.

Para a conexión entre o repartidor principal e os elementos de captación de sinais situados na cuberta ou fachada da edificación, empregarase unha canalización de enlace superior que se colocará a carón destes elementos e discorrerá ata interior do repartidor de interconexión.

A canalización estará formada como mínimo por 2 tubos de 40 mm e deberá chegar ata o interior do repartidor principal instalado nun recinto de telecomunicacións.

Ao longo desta canalización colocaranse rexistros de enlace seguindo as indicacións do RD 346/2011 para rexistros de enlace en canalización de enlace mediante tubos.

É obrigatorio que os sistemas captadores (mastro ou torre) estea conectados á toma de terra xeral do edificio mediante un cable de terra de 25 mm² de sección.

2.1.1.2 Requirimentos do repartidor de interconexión.

Aínda que o repartidor de interconexión defínese como elemento funcional independente, poderase implementar mediante unidades de armario (U) reservadas nos bastidores integrantes do repartidor de campus do complexo; do repartidor de edificio no caso no que o RC non estea presente; ou do repartidor de planta nos casos en que ningún dos anteriores repartidores estean presentes.

Dentro do repartidor de interconexión, como mínimo, garantirase a dispoñibilidade de 4 unidades de armario para aloxar os equipos activos de operador e as suficientes tomas de alimentación para servir estes equipos.

Todas as conexións coas liñas de operadores deberán ser terminadas en paneis de parcheo instalados no armario do RX, mediante conexións apropiadas ao medio de transmisión apropiado. Tipicamente, os paneis serán de fibra para acometidas de fibra e paneis de pares de cobre para acometidas en cobre. Non se admitirán regletas de conexión tipo krone.

Se como resultado do diálogo mantido cos operadores se identificasen necesidades máis exixentes de recursos de aloxamento, estas deberán ser respectadas.

* Consideracións especiais edificios estratéxicos.

En edificios estratéxicos existirá un RX independente para cada un dos sistemas de interconexión con operadores.

* Consideracións especiais para pequenas dependencias.

Neste tipo de dependencias non será preciso reservar máis de 2 unidades de armario, e admitirase que o provedor de telecomunicacións termine as conexións directamente en equipamento instalado no armario de comunicacións e non en bandexa de parcheo.

2.1.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

A arqueta deberá soportar as sobrecargas normalizadas en cada caso e o pulo do terreo. A tapa será de formigón armado ou de fundición e estará provista de peche de seguridade. A arqueta terá un punto de acceso para cada tubo das canalizacións.

2.2 Sistema de cableado estruturado.

Defínese o sistema de cableado estruturado (en adiante SCE) como o conxunto de elementos pasivos, entre os que se inclúen os cables, conectores, canalizacións e soportes, que permiten establecer unha infraestrutura de telecomunicacións para a transmisión de datos e voz dentro dun edificio.

Nas seguintes seccións deste capítulo detállanse as especificacións técnicas e operativas que deberán cumprir os compoñentes e elementos pasivos do sistema de cableado estruturado, para desta forma satisfacer as seguintes condicións:

a. O SCE permitirá a integración dos servizos informáticos e telemáticos instalados, en vías de instalación ou especificación, así como outros servizos futuros, independentemente da tecnoloxía e sistema de procesado de sinais que poidan aparecer, de acordo aos estándares para transmisión de datos, voz e información en xeral.

b. Contará coa adecuada flexibilidade e modularidade ante futuras modificacións e ampliacións.

c. Permitirá unha xestión e administración integrada e centralizada.

d. Cumprirá coa normativa recoñecida que garanta uns niveis de calidade de materiais e instalación.

2.2.1 Estrutura do SCE.

O SCE deberá presentar unha topoloxía xerárquica, tal e como se describe na norma de referencia UNE-EN 50173 tecnoloxías da información-Sistemas de cableado xenérico. Adicionalmente ao descrito nesta norma, na presente guía engádese un nivel adicional para incluír a conexión co sistema encargado da interconexión cos sistemas operadores de telecomunicacións descrito no punto anterior.

O seguinte esquema mostra os subsistemas que forman o sistema de cableado estruturado.

missing image fileDeste xeito, o sistema de cableado que se vai instalar presentará unha topoloxía física en estrela xerárquica con non máis de dous niveis de interconexión, e estará estruturado nos seguintes subsistemas:

• Sistema de interconexión con provedores (SX).

• Subsistema troncal de campus (SC).

• Subsistema vertical ou troncal de edificio (SE).

• Subsistema de cableado horizontal (SH).

Non todos os subsistemas descritos teñen que estar presentes no proxecto de cableado estruturado. As normas xerais para determinar a necesidade dun subsistema son as seguintes:

Código

Presenza

Criterio de inclusión

Sistema de interconexión con provedores

SX

Sempre

Subsistema troncal de campus

SC

Opcional

Complexos de máis dun edificio

Subsistema vertical ou troncal de edificio

SE

Opcional

Edificios con máis dun armario repartidor

Subsistema de cableado horizontal

SH

Sempre

Cada un dos subsistemas está delimitado polos elementos repartidores, que sempre deberán estar aloxados en recintos de comunicacións. Desta forma:

• O repartidor de planta (RP) considérase parte do subsistema horizontal e conéctao o SH co subsistema presente xerarquicamente superior, que tipicamente será o subsistema vertical.

• O repartidor de edificio (RE) considérase parte do subsistema vertical ou troncal de edificio e conecta o SE co subsistema presente xerarquicamente superior, que tipicamente será o subsistema de interconexión con provedores.

• O repartidor de campus (RC) considérase parte do subsistema troncal de campus e conecta o SC co Subsistema de Interconexión con provedores.

• O repartidor de interconexión (RX) considérase parte do sistema de interconexión con Provedores e conecta o complexo coa rede de provedor de servizos de telecomunicacións.

A determinación dos tipos de repartidores é clave, o actuar como elementos de transición entre os diferentes subsistemas. Polo tanto, a súa existencia determina a necesidade da existencia de subsistemas diferenciados.

Os repartidores implementaranse mediante armarios de comunicacións que sempre deberán estar aloxados nos denominados recintos de telecomunicacións.

Como norma xeral, deberanse adoptar os seguintes criterios de deseño:

• O repartidor de interconexión (RX) sempre estará presente. O RX conectarase mediante o sistema de interconexión co RE; ou ben no caso de existir, co RC.

• Existirá un repartidor de Campus (RC) cando se considere a existencia de máis dun edificio. No caso de existir o RC, todos os RE se conectarán e directamente ao RC mediante o subsistema troncal de campus.

• Existirá un repartidor de edificio (RE) por cada edificio do complexo. O RE será o punto de conexión do conxunto dos RP dun edifico mediante o subsistema troncal de edificio. Para efectos da utilización da nomenclatura empregada habitualmente en ICT, o RE tamén poderá ser referenciado como o rexistro principal no edificio do sistema de cableado estruturado.

• Existirán os repartidores de planta precisos para proporcionar servizo a todas as plantas funcionais do edificio. Desde o RP parten os enlaces ata as tomas finais de telecomunicacións. Para efectos da utilización da nomenclatura empregada habitualmente en ICT, os RP tamén poderán ser referenciados como rexistros secundarios do edificio do sistema de cableado estruturado.

Permitirase a adaptación do deseño ás características específicas de cada inmoble mediante a utilización dun RP para varias plantas. Nestes casos, cómpre salientar que será preciso respectar as restricións propias das lonxitudes máximas do cableado; de xeito que calquera punto do edificio non se deberá atopar nunca a unha distancia maior de 90 m dun RP, aínda que no deseño do edificio non se proxecte a instalación dunha toma de telecomunicacións.

Poderanse excluír desta restrición as áreas que se xustifiquen como non aptas para o traballo (almacéns, garaxes), sempre e cando non sexa preciso consideralas dentro do despregamento de sistemas de telecomunicacións adicionais (sistemas de accesos sen fíos, control de accesos, etc).

Ademais, deberanse respectar dentro do RP consolidado os requisitos de cada RP individual.

Repartidor

Código

Presenza

Criterio xeral de inclusión

Interconexión

RX

Sempre

1 por acometida de provedor de servizo

Campus

RC

Condicionada

≥ 2 edificio

Edificio

RE

Condicionada

Polo menos un por edificio (dous en edificios estratéxicos):

Sempre que exista máis dun repartidor de planta no edificio ou exista un repartidor de campus

Planta

RP

Sempre (explícita ou por asimilación)

Suficientes para proporcionar servizo a todas as plantas funcionais do edificio dentro das máximas lonxitudes definidas pola norma.

Para maior claridade, a continuación móstranse algúns exemplos da aplicación destas regras. Como se explicará máis adiante, en xeral os repartidores non requiren de aloxamento ddicado, senón que poden compartir recursos entre eles.

Exemplo 1: proxecto dun único edificio illado con plantas alcanzables en 90 m desde o RP dunha planta adxacente.

• Directrices xerais:

missing image file

• Simplificación de deseño:

missing image file

• Edificio 1: o RP da planta inferior serve as tomas da planta superior. Cun único RP no edificio, non é precisa a existencia dun RE.

Exemplo 2: proxecto de 3 edificios. As plantas do edificio 1 son dun tamaño tal que un repartidor de planta permite o acceso a calquera punto dunha planta adxacente cunha distancia menor a 90; as plantas do edificio 2 son moi amplas; as plantas do edificio 3 teñen unha pequena superficie.

• Directrices xerais:

missing image file

• Simplificación de deseño:

missing image file

• Edificio 1: dúas plantas contan con menos de 8 tomas e teñen unha superficie pequena que permite que calquera punto funcional da planta sexa alcanzable polo RP situado nunha planta adxacente.

• Edificio 2: cada planta precisa dun RP.

• Edificio 3: as plantas son alcanzables no rango de 90 m desde o RP da planta inferior. O RE segue sendo preciso para a conectividade co RC do edificio 1.

* Recomendacións.

Como norma xeral, intentarase simplificar o deseño para minimizar a electrónica e o número de recintos de comunicacións. Por iso será recomendable utilizar o menor número posible de RP sempre e cando se garanta o servizo en todos os puntos do inmoble e se respecten os criterios de dimensionamento.

2.2.2 Subsistema troncal de campus.

O subsistema troncal de campus queda delimitado polo repartidor de campus e cada un dos repartidores de edificio.

Esténdese desde o repartidor de campus ata os repartidores de edificio localizados nos distintos edificios que compoñen o campus. A existencia deste subsistema está subordinada á existencia dun repartidor de campus, que deberá estar presente sempre que o proxecto implique a conexión de varios edificios.

O subsistema troncal de campus inclúe:

a) O cableado do subsistema troncal, que une o repartidor de campus cos repartidores de edificio.

b) O repartidor de campus, do cal parte a topoloxía en estrela do cableado do subsistema troncal de campus.

c) A terminación mecánica dos cables so subsistema de troncal de campus, tanto no repartidor de campus como nos repartidores de edificio (ou repartidores de planta no caso de que estes últimos non estivesen presentes). Os latiguiños de equipo non se consideran parte deste.

O cableado troncal de campus pode proporcionar conexión directa entre os repartidores de edificio. Cando exista debe empregarse como ruta de seguridade e de modo engadido ao establecido para a topoloxía xerárquica básica.

* Consideracións especiais edificios estratéxicos.

O cableado do sistema troncal de campus deberá estar redundado, con canalizacións independentes e seguindo camiños separados.

Estes trazados redundantes deberán terminar no mesmo armario, no cal se implementarán de forma individual os requisitos indicados para cada un dos repartidores de campus. Cada trazado terminará nunha bandexa diferente.

2.2.2.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.2.2.1.1 Repartidor de campus.

Nos casos nos que o repartidor de campus estea presente, deberá contar cun armario dedicado que poderá aloxar tamén os repartidores de interconexión e de edificio.

Dentro do repartidor de campus, como mínimo garantirase a dispoñibilidade de 2 unidades de armario para aloxar unha bandexa de fibra e o seu correspondente pasafíos.

* Consideracións especiais edificios estratéxicos.

Como consecuencia do requirimento de redundancia do cableado do sistema troncal de campus, que deberá terminar no mesmo armario, nestes proxectos será preciso reservar un mínimo de 4 unidades de armario para dúas bandexas de fibra e os seus correspondentes pasafíos.

* Recomendacións.

Recoméndase reservar tamén 2 unidades de armario adicionais para o aloxamento de electrónica de rede, xunto coas correspondentes tomas de alimentación precisas para dar servizo. Esta recomendación é de obrigatorio cumprimento en complexos de máis de 2 edificios.

2.2.3 Subsistema troncal de edificio.

A función do subsistema vertical ou troncal é prover de interconexión entre os repartidores do edificio e os repartidores de planta, polo cal a súa existencia está condicionada pola presenza do repartidor de edificio. Como normal xeral, será preciso un repartidor de edificio cando sexa preciso conectar varios repartidores de planta dentro do mesmo edificio.

Cando está presente, o subsistema inclúe:

a) O cableado do subsistema (denominado cableado vertical).

b) O repartidor de edificio, do cal parte a topoloxía en estrela do cableado vertical.

c) A terminación mecánica dos cables da vertical do edificio, incluíndo as conexións tanto no repartidor de edificio (RE) como nos repartidores de planta (RP) xunto cos latiguiños de parcheo e/ou pontes no repartidor de edificio. Os latiguiños de equipo non se consideran parte deste.

O cableado vertical pode proporcionar conexión directa entre repartidores de planta. cando exista debe de empregarse como ruta de seguridade e de modo engadido ao establecido para a topoloxía xerárquica básica.

O subsistema vertical estará composto principalmente por dous tipos de cables: fibra óptica e, nos caso nos casos nos que se despreguen liñas de voz analóxicas, mangueira de cable multipar de cobre. A elección do tipo de cable e a cantidade de pares que se vai utilizar dependerá dos servizos existentes e futuros previstos segundo se indica nos criterios de dimensionamento.

Cada armario de cableado de planta estará enlazado co armario de cableado do repartidor de edificio empregando, como mínimo, un enlace dunha mangueira de 12 fibras ópticas multimodo, e nos casos nos que estea presente o cableado multipar, unha mangueira multipar. Todos os armarios estarán aloxados en Recintos de Comunicacións, e o recinto que albergue o repartidor de edificio denominarase recinto principal de telecomunicacións do edificio.

O cableado, tanto da fibra óptica como do cable multipar, deberá ser sempre terminado en paneis de parcheo nos armarios de comunicacións.

* Consideracións especiais edificios estratéxicos.

O cableado do sistema troncal de edificio deberá estar redundado e o cableado troncal deberá seguir camiños separados e estará confinado en mangueiras e canalizacións independentes.

Nesta situación existirá un repartidor de edificio principal e un repartidor de edificio de respaldo, nos cales terminarán respectivamente as troncais principal e a de respaldo. Estes repartidores poderanse implementar dentro do mesmo armario ou en armarios independentes; neste último caso, os armarios principal e de respaldo deberán estar unidos mediante mangueiras de fibra multimodo.

Cada troncal (principal e respaldo) terminará nunha bandexa independente dentro do mesmo armario de comunicacións, no cal se implementarán de forma individual os requisitos indicados para cada un dos repartidores de edificio.

* Recomendacións.

O despregamento dos servizos de telefonía realizarase preferiblemente en tecnoloxías baseadas en protocolos IP, e o cableado utilizado para o servizo de voz será común co servizo de transmisión de datos. Por esta razón, a utilización do cableado multipar evitarase cando sexa posible, xa que será preciso unicamente para os servizos de voz de telefonía analóxica tradicional.

Cómpre sinalar que as liñas analóxicas seguirán sendo a opción preferida para proporcionar servizos especiais como liñas de fax, ascensores, emerxencias e alarmas.

2.2.3.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

Debe preverse unha marxe adecuada para futuras modificacións da configuración do cable (empalmes suplementarios, longos de cables suplementarios, efectos do avellentamento, variacións de temperatura, etc.).

2.2.3.1.1 Repartidor de edificio.

Aínda que o repartidor de edificio se define como elemento funcional independente, poderá ser implementado mediante unidades de armario (U) reservadas nos bastidores dun dos repartidores de planta do edificio. Excepto nos casos nos que se implemente redundancia de troncais, non poderá existir máis dun repartidor de edificio en cada edificio.

Dentro do repartidor de edificio, como mínimo, garantirase a dispoñibilidade de 2 unidades de armario para aloxar unha bandexa de fibra óptica e o seu correspondente pasafíos; e 2 unidades de armario adicionais para o aloxamento de electrónica de rede, xunto coas correspondentes tomas de alimentación precisas para dar servizo.

Nos despregamentos nos que se realice instalación de mangueira multipar, será precisa tamén a reserva de 2 unidades de armario para aloxar unha bandexa de pares de cobre e o seu correspondente pasafíos por cada mangueira multipar da vertical do edificio.

En sistemas redundados será preciso considerar as bandexas de conexión entre as rutas principais e as rutas de respaldo, de forma que cada enlace poida ser seleccionado entre a opción principal e a de respaldo de xeito individual.

2.2.3.1.2 Fibra óptica.

A fibra óptica utilizarase nos tendidos troncais para soportar os servizos de comunicación necesarios e instalaranse mangueiras de, polo menos, 6 pares (12 fibras), por troncal de edificio. No caso de empregarse varias mangueiras de fibra, cada unha destas deberá ir por canalizacións diferentes e camiños separados. A fibra terminará sempre en bandexa da mesma tecnoloxía á empregada para o enlace permanente.

A fibra que se vai utilizar poderá ser multimodo ou monomodo, sempre que a distancia que se vaia cubrir permita a provisión do servizo planificado dentro dos límites establecidos na norma.

Por cada par de fibras instalado terán que subministrarse dous latiguiños de 2 metros de fibra LC/PC-LC/PC e dúas etiquetas brida por latiguiño ou sistema de etiquetas aprobado polo correspondente órgano competente en materia de telecomunicacións.

É preciso prever un crecemento de, polo menos, un 50 % respecto á cantidade de cables necesarios inicialmente.

2.2.3.1.3 Cableado multipar.

O cableado multipar utilizarase para a expansión de extensións telefónicas.

Cando o centro teña implementada unha solución de servizos telefónicos non IP, débese dispoñer de cables de cobre, a razón dun par por cada servizo telefónico (interno, fax, etc.). Para servizos especiais como teléfonos «híbridos» requírense 2 pares por cada un destes teléfonos.

É preciso prever un crecemento de, polo menos, un 20 % respecto da cantidade de cables necesarios inicialmente.

2.2.3.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

2.2.3.2.1 Fibra óptica.

A fibra que se vaia utilizar poderá ser multimodo ou monomodo, sempre que a distancia que se vaia cubrir permita a provisión do servizo planificado dentro dos límites establecidos na norma.

A fibra multimodo deberá ser, como mínimo, categoría OM4; a fibra monomodo deberá ser, como mínimo, de categoría OS2.

2.2.4 Subsistema de cableado horizontal.

O subsistema horizontal é a parte do cableado de telecomunicacións que conecta os repartidores de planta cos puntos terminais de rede, que tipicamente consisten en tomas de usuario ou rosetas.

Non obstante, cómpre ter en conta que o cableado horizontal tamén proporciona conectividade a outros sistemas que fan uso dos servizos da rede de datos, como, por exemplo, os servizos de voz, a infraestrutura Wifi ou sistemas de vídeo-vixilancia baseados en IP. Esta consideración é especialmente importante á hora de deseñar os puntos de terminación da rede.

En calquera caso, o cableado de distribución horizontal debe seguir unha topoloxía do tipo estrela, co centro no repartidor de planta situado nun recinto de comunicacións, e os extremos en cada unha das áreas de traballo. Habitualmente este cableado implementarase mediante cable de cobre de par trenzado.

Este subsistema inclúe:

a) O cableado do subsistema (denominado cableado horizontal).

b) O conxunto dos repartidores de planta, do cal parte a topoloxía en estrela do cableado horizontal en cada planta.

c) A terminación mecánica dos cables do subsistema horizontal de cada planta, incluíndo as conexións tanto no repartidor de planta (RP) coma nas tomas finais de comunicacións.

Seguindo as indicacións da norma EN/UNE 50174, no cableado horizontal aplícanse restricións a nivel de enlace permanente e canal.

O enlace permanente é a parte do cableado que inclúe o conector femia do panel de conexións, o cable existente ata o conector RJ45 da toma de telecomunicacións e, opcionalmente, un punto de consolidación. A lonxitude máxima do cable nun enlace permanente no poderá superar os 90 metros de lonxitude.

O enlace permanente do subsistema de cableado horizontal inclúe:

a) Os cables horizontais.

b) As canalizacións.

c) A terminación mecánica dos cables horizontais incluíndo as conexións tanto nas tomas de telecomunicacións coma nos repartidores de edificio, xunto cos latiguiños de parcheo nos devanditos repartidores.

d) As tomas de telecomunicacións, dentro das cales cabe definir diferentes tipos dependendo do propósito destas.

e) Opcionalmente, poderanse utilizar un único punto de consolidación por enlace.

A canle é a parte de cableado que inclúe tanto o enlace permanente como os latiguiños dos extremos, tanto no extremo do armario de comunicacións como no extremo do posto de traballo. Estes latiguiños non poderán superar os 5 metros de lonxitude por unidade, nin os 10 metros en conxunto. Deste modo, a distancia máxima permitida por canle é de 100 metros.

2.2.4.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.2.4.1.1 Tomas de telecomunicacións.

As tomas de telecomunicacións permiten o acceso aos servizos da rede non só ás persoas usuarias, se non tamén á infraestrutura doutros subsistemas integrados dentro da rede de datos.

2.2.4.1.1.1 Tomas de telecomunicacións de usuario.

O obxectivo deste tipo de tomas é dotar de conectividade as persoas usuarias desde terminais de rede, entendendo como tales os dispositivos PC, portátiles, impresoras, teléfonos IP, etc.

Para o cálculo do número de tomas destinadas a persoa usuaria seguiranse os seguintes criterios:

Requisitos xerais:

a) Polo menos, unha toma dobre por cada persoa usuaria prevista.

b) Polo menos, unha toma dobre por cada 10 m2 útiles ou fracción.

Edificios de oficinas: polo menos, unha toma tripla por despacho.

Auditorios: polo menos, unha toma cuádrupla na cabeceira de cada sala.

2.2.4.1.1.2 Tomas de telecomunicacións de infraestrutura.

O obxectivo deste tipo de tomas é dar soporte a outros sistemas de telecomunicacións baseados en tecnoloxías de transmisión de datos sobre IP. Nestes casos, o número de tomas de comunicacións que se van considerar serán parte do deseño do sistema de telecomunicacións que se vaia despregar:

• Subsistema de redes de acceso sen fíos.

• Sistemas de vídeo vixilancia baseados en IP.

• Sistemas de control de accesos.

Para este tipo de sistemas, será suficiente achegar tomas simples.

2.2.4.1.2 Repartidores de planta.

Para o cálculo do número de RP, seguiranse os seguintes criterios:

a) A situación será preferentemente próxima á vertical do edificio, dando prioridade ás localizacións centradas dentro da planta. A posición, se é posible, será a mesma en todas as plantas.

b) Como norma xeral, intentarase minimizar o número de repartidores de planta, sempre garantindo que o enlace permanente cara á toma de telecomunicacións non exceda a máxima lonxitude mecánica permitida e que sexa posible a instalación de tomas de telecomunicacións en calquera punto do inmoble apta para o traballo, aínda que no deseño non se inclúa a instalación desta.

c) Para o cálculo do tamaño que o armario repartidor deberá ter considerarase a suma total de tomas de comunicación ás cales se lles debe de dar servizo. Seguiranse os seguintes criterios:

• Polo menos, unha unidade de armario para cada 24 tomas de telecomunicacións (ou fracción) dedicadas a servizos de infraestruturas (videoporteiros, cámaras IP, monitorizacións SAI...).

• Polo menos, unha unidade de armario por cada 24 tomas de telecomunicacións (ou fracción) adicadas a servizos de infraestruturas para unha guía pasacable.

• Polo menos, unha unidade de armario para cada 24 tomas de persoa (ou fracción) de 4 pares.

• Polo menos, unha unidade de armario por cada 24 tomas de usuario (ou fracción) para unha guía pasacable.

• Polo menos, unha unidade de armario para cada 50 extensións (ou fracción) de telefonía analóxica ou dixital.

• Polo menos, unha unidade de armario para cada 24 tomas de datos (ou fracción) (incluídas ToIP e VoIP) para conmutadores de planta.

• Polo menos, unha unidade de armario por conmutador de planta para unha guía pasacable.

• Polo menos, unha unidade de armario para cada 24 enlaces de fibra (ou fracción).

• Polo menos, unha unidade de armario para cada 8 tomas eléctricas (ou fracción) a instalar no armario.

• A dimensión en unidades do repartidor debe calcularse deixando un 30 % do total das unidades deste libres para futuros usos ou ampliacións.

d) Permitirase que un RP sirva máis dunha planta nas condicións establecidas nos puntos de adaptacións de deseño. Nestes casos, a reserva de unidades de armario e as bandexas de cableado estarán diferenciadas para cada planta.

2.2.4.1.3 Cable de par trenzado.

O SCE implementado nos centros terá que soportar a miúdo operacións críticas polo que se require que a solución empregada sexa robusta e fiable en todo momento.

Todos estes factores conducen a implementar unha solución de cableado de cobre en todos os elementos pasivos que forman o sistema de cableado estruturado de acordo coas seguintes características:

a) A distancia máxima para o cable de par trenzado de distribución horizontal será de 90 metros, medida no percorrido do cable, desde o conector de telecomunicacións na área de traballo ata o panel de interconexión no armario de telecomunicacións.

b) O tendido do cable de par trenzado realizarase sen unións nin empalmes.

c) Os latiguiños de interconexión (latiguiños de parcheo) empregados nas áreas de traballo e no armario de telecomunicacións non deben ser máis longos que 10 metros en conxunto (completando unha distancia de 100 metros de «punta a punta» no peor dos casos).

d) Xunto con cada toma de comunicacións instalada, a empresa subministrará os latiguiños para o posto de traballo e para o parcheo no armario que, como norma xeral, serán de 3 e 2 metros respectivamente. Ademais, subministraranse dúas etiquetas brida por latiguiño, etiquetas serigrafadas ou calquera outro método de etiquetaxe aprobado polo correspondente órgano competente en materia de telecomunicacións.

e) Para a realización de traballos de mantemento, unha vez vencido o prazo de garantía, deberase subministrar ao órgano de telecomunicacións competente o material necesario para a reparación do 5 % dos rexistros de toma que se vai instalar.

f) Cumpriranse os requirimentos de materiais e instalación descritos nos seguintes capítulos aplicables a cable de par trenzado.

2.2.4.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

2.2.4.2.1 Cableado de par trenzado.

O cable de cobre empregado será de categoría 6 ou superior con cuberta cero halóxenos (LSZH). O tipo de conector empregado para terminar o cable será sempre do mesmo tipo, clase/categoría e fabricante.

Os cables estarán rematados en ambos os dous extremos en rosetas con conectores RJ45 femia de alta densidade e de 8 posicións, segundo a norma ISO 8877, que aceptarán cable 23 AWG ou 24AWG mediante desprazamento de illante. A asignación de pinaxe será a definida polo esquema de conexionado EIA/TIA T568B.

En cada roseta, cada conector RJ45 etiquetarase en execución seguindo o esquema de identificación explicado na sección de «Criterios de etiquetaxe».

* Consideracións especiais edificios estratéxicos.

Nestes edificios o cable de cobre empregado será de categoría 6A ou superior.

2.2.4.2.2 Tomas de comunicacións.

Os rexistros de toma consistirán en caixas con, en xeral, dos módulos con cuberta anti-po nos que se dispoñerán conectores RJ45. Os seus elementos cumprirán as seguintes condicións:

a) A caixa será modular de montaxe superficial ou encaixado, cuádrupla, tripla, dobre ou simple; e con tapas cegas nas localizacións onde non se empreguen os módulos.

b) Para garantir a compatibilidade entre sistemas de distintos fabricantes, o soporte será de tipo Keystone ou se proporcionará o adaptador correspondente.

Teranse en conta as seguintes consideracións:

• Caixas de superficie: en xeral, colocaranse a 20 cm do solo. En zonas especiais (talleres, aulas,...) poderán colocarse a 1,1 m.

• Rosetas en caixa empotrada: o cable non se dobrará, esmagará nin enrolara por debaixo do seu raio mínimo de curvatura.

• Caixas de solo: as caixas de solo quedarán rasantes cosolo, e perfectamente montadas no centro da lousa de solo técnico. Despois da instalación, realizarase o axuste na altura da caixa de xeito que, tras a conexión aos conectores do interior da caixa dos elementos necesarios (enchufes, cables de datos, etc...), a tapa quede perfectamente pechada. As lousas do solo que alberguen caixas non deben quedar fixadas baixo mobiliario ou outros obxectos que impidan a súa desmontaxe e manipulación.

Deixaranse tres metros de sobrante tanto no cableado de voz e datos como no eléctrico co obxectivo de dispor dun certo grao de liberdade para poder desprazar a lousa na que está instalada a caixa.

Os latiguiños subministrados para a interconexión dos PC e a electrónica de LAN serán RJ-45/RJ-45 macho-macho e da mesma categoría que o cableado instalado. A asignación de pinaxe será a definida pola norma correspondente.

* Recomendación.

As caixas de solo deberán de evitarse sempre que sexa posible.

2.3 Sistema de distribución de audio e vídeo - SAV.

O Sistema de distribución de audio-vídeo (en diante SAV) encárgase de prover as infraestruturas de soporte para a adaptación e distribución de sinais de radio e televisión. Este sistema instalarase unicamente naqueles edificios nos que sexa preciso proporcionar sinal audiovisual ás persoas usuarias, e de estar presente deberá respectar as indicacións descritas na sección xeral de «Sistema de interconexión con provedores».

Este sistema estará presente de forma obrigatoria en edificios que dispoñan de salóns de actos e/ou salas de mostras ou exposicións; e naqueles casos nos que se prevexa a necesidade deste tipo de servizos nalgunha sala.

O alcance do sistema deberá incluír como mínimo este tipo de recintos identificados.

De xeito alternativo, poderanse considerar solucións baseadas en servizos IPTV para a distribución do sinal no interior do complexo. Este tipo de despregamentos deberán contar coa aprobación do órgano de telecomunicacións competente e farán uso dos servizos provisionados polo SCE.

As características técnicas do SAV realizaranse seguindo as directrices marcadas no Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador de ICT (instalacións comúns de telecomunicacións) para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións.

En concreto, as infraestruturas necesarias para este sistema deseñaranse a partir do establecido no anexo I do real decreto, no que se detalla a norma técnica de infraestrutura común de telecomunicacións para a captación, adaptación e distribución de sinais de radiodifusión sonora e televisión procedentes de emisións terrestres e de satélite.

Os elementos presentes no deseño do sistema incluirán os elementos de captación de sinais, o equipamento de cabeceira e a rede. De forma máis detallada, poderanse atopar os seguintes elementos:

• Elementos de captación de sinais (segundo definición do RD 346/2011).

• Equipamento de cabeceira (segundo definición do RD 346/2011). Incluirá os dispositivos mesturadores.

• Rede:

◦ Rede de distribución: tramo de rede comprendido desde a saída dos dispositivos mesturadores ata a entrada aos derivadores ou distribuidores de planta (rexistros secundarios).

◦ Rede de dispersión: tramo de rede comprendido entre os derivadores e os PAU.

◦ Rede interior de usuario: a rede interior de usuario adopta unha topoloxía en estrela, iníciase na saída do PAU e termina nas tomas de usuarios.

◦ Punto de acceso de usuario (PAU): o PAU marca o inicio da rede interior e constitúe o centro da topoloxía en estrela da Rede Interior de usuario.

◦ Toma de usuarios (base de acceso de terminal): puntos de conexión de equipos de usuario para o acceso aos servizos.

Para os inmobles obxectivo desta guía, a propiedade dos diferentes tramos de rede será única. Deste modo, o PAU perde o seu habitual carácter delimitador en canto á propiedade do tramo de rede, sen diferenciar tramos de propiedade privada ou común no edificio; e pasará simplemente a identificar o punto de inicio da topoloxía en estrela da rede.

O equipamento activo do SAV aloxarase no repartidor de interconexión e deberá residir en recintos de comunicacións en armarios independentes doutros sistemas de telecomunicacións.

Tal e como se indica no RD 346/2011, o subsistema de distribución de audio e vídeo permitirá a transmisión do sinal nun largo de banda para frecuencias comprendidas entre 5 e 2.150 MHz cos niveis de calidade exixidos no decreto.

* Recomendacións.

Recoméndase que este sistema estea presente en calquera tipo de inmoble e que se inclúa no alcance deste calquera tipo de sala común do complexo.

2.3.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

Serán aplicables as consideracións recollidas no RD 346/2011 en canto a dimensións mínimas de ICT coas seguintes particularizacións:

• Tendo en conta que no tipo de inmobles obxecto desta guía a persoa usuaria será única, non será preciso a instalación de puntos de acceso de usuario nas plantas nas cales non se proxecte dar servizo. Si será precisa a instalación de polo menos un derivador en cada planta.

• Nas plantas nas que sexa preciso dar servizo e polo tanto requiran da existencia dun PAU, este poderá ser único non aplicándose os criterios de dimensionamento expostos no punto 3.5.b).

• As tomas de usuario sempre serán dobres.

2.3.2 Requirimentos dos compoñentes do subsistema.

Serán aplicables as consideracións recollidas no anexo I do RD 346/2011 nos puntos:

4.- Características técnicas da ICT.

4.1.- Características funcionais xerais.

4.2.- Características dos elementos de captación.

4.3.- Características do equipamento de cabeceira.

4.4.- Características xerais da rede.

4.5.- Niveis de calidade para os servizos de radiodifusión sonora e de televisión.

2.4 Sistemas de redes de telefonía móbil - STM.

O acceso ao servizo de telefonía móbil deberá estar garantido nas áreas do inmoble identificadas como zonas de traballo. Por iso será preciso solicitar información a un mínimo de 2 operadores de telefonía móbil que ofrezan servizo no contorno sobre os datos de cobertura en canto o tipo de servizo ofrecido (2G, 3G, 4G) no exterior do edificio.

Con base na información recibida, o uso previsto para o inmoble, as características construtivas deste, dimensións e nivel de cobertura de redes de telefonía móbil no contorno será preciso avaliar a necesidade dunha infraestrutura de soporte a servizos de telefonía móbil interior, tendo en conta que en todas as salas interiores do edificio se deberá permitir a transmisión de voz e datos de todas as redes que estean presentes no exterior do edificio.

Nos casos nos que se constate a necesidade de infraestrutura de soporte a servizos de telefonía móbil, será preciso determinar que tipo de solución é a máis adecuada. Para calquera tipo de solución deberanse respectar as indicacións descritas na sección xeral de «Sistemas de interconexión con provedores» e ademais considerar seguintes premisas:

• Non se considera a necesidade de instalación de equipamento, unicamente a reserva de espazos e infraestruturas para aloxar estes elementos.

• A rede deberá permitir a distribución interior dun mínimo de 3 operadores de redes móbiles e ser compatible con todas as bandas de frecuencias nas que se ofrezan estes servizos.

• Deberanse considerar solucións que minimicen o impacto visual dos elementos externos (solucións de mimetización), priorizando a compartición de infraestruturas.

• Débense respectar os principios de igualdade de acceso entre operadores e favorecer a compartición das infraestruturas e elementos da rede.

• A obtención de licenzas e permisos de uso do espectro radioeléctrico é, en todo caso, responsabilidade dos operadores da rede.

Considéranse a priori 2 tipos diferenciados de solucións:

• Solución baseada en repetidores de interior: naqueles casos nos que a cobertura móbil no exterior do inmoble é boa e a edificación é de pequenas dimensións (1 planta), pero, por mor das súas características construtivas, a cobertura interior non é adecuada, optarase preferentemente por solucións de repetidor interior de sinal.

• Solución baseada en estación con distribución interior: naqueles casos nos que as dimensións da edificación así o requiran, optarase por solucións de despregamento dunha nova estación con distribución interior.

2.4.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

2.4.1.1 Repetidor de interior.

As solucións de repetidores de interior incluirán os seguintes elementos:

• Antena de captación exterior: nestes casos será preciso considerar no inmoble a localización da antena de captación exterior, nunha zona accesible para a instalación e con boa cobertura.

• Rede de enlace: a rede de enlace deberá permitir a conexión entre a antena de captación exterior e o sistema radiante interior, e deberá dispoñerse de canalización de adecuadas dimensións en función do cableado que se vai aloxar, segundo o indicado na consulta aos operadores. As características das canalizacións deberán respectar o establecido na sección de «Infraestruturas de distribución».

• Sistema radiante interior: o sistema radiante interior estará formado polo equipamento de amplificación e unha antena ou grupos de antenas que permitan distribuír o sinal no interior do inmoble. As localizacións dos sistemas radiante interiores serán seleccionadas co criterio de maximizar a cobertura no interior do inmoble, para o cal será preciso trasladar a consulta aos operadores. É de subliñar que se debe considerar a necesidade de alimentación eléctrica do equipamento de amplificación.

Na medida do posible, deberase considerar a compartición por parte de todos os operadores dos elementos de captación, rede de interconexión e sistema radiante interior.

2.4.1.2 Nova estación con distribución interior.

As solucións de estacións con distribución interior constará dos seguintes elementos:

• Antena de captación exterior: ben que se recollerá preferentemente a conexión coa rede dos operadores mediante cableado de FO, naqueles casos nos que os operadores así o manifesten, será preciso considerar solucións de acceso mediante radioenlace. Estas antenas serán propias de cada operador e deberá dispoñerse da localización adecuada para a súa instalación, polo cal será preciso solicitar un replanteo con operadores.

• Rede de enlace: a rede de enlace permitirá o acceso do operador ao recinto de telecomunicacións que aloxará o equipamento activo e deberá dispoñerse de canalización de adecuadas dimensións en función do cableado a aloxar e sempre respectando as directrices sinaladas na sección de «Infraestruturas de distribución». Esta rede será preferentemente mediante cable de FO desde o exterior do inmoble, aproveitando o trazado do subsistema de interconexión con provedores descrito no sistema de cableado estruturado. Naqueles casos nos que se recollan solucións de acceso mediante radioenlace, deberá dispoñerse canalización adecuadamente dimensionada ao punto de situación das antenas de captación exterior. Cada operador empregará cableado propio.

• Recinto de telecomunicacións: no recinto de comunicacións se situará todo o equipamento activo, equipos de enerxía e sistema de aire acondicionado. Este equipamento será propiedade de cada operador, debendo dispoñerse do espazo adecuado para a súa instalación. Este recinto de telecomunicacións poderá ser compartido con outros sistemas de telecomunicacións, pero todo o equipamento activo e equipamento de enerxía preciso para proporcionar o servizo correspondente ao SAV deberá manterse nun armario dedicado e independente do resto da infraestrutura. Serán de aplicación as consideracións descritas nas seccións de «Infraestruturas de soporte (recintos de comunicacións)» e «Especificación técnicas dos elementos das infraestruturas».

• Rede de distribución: a rede de distribución deberá permitir a conexión entre o recinto de comunicacións e o sistema radiante interior, debendo dispoñerse de canalización de adecuadas dimensións en función do cableado que se vaia aloxar (consulta operadores). Esta rede será preferiblemente baseada en solucións de FO, e de uso compartido entre operadores, polo cal no recinto de telecomunicacións será preciso dispoñer dun agregador de sinais dos distintos operadores. Este agregador será posto á disposición polos operadores. As características das canalizacións que darán soporte á rede de distribución deberán respectar as consideracións descritas neste documento relativas a canalizacións e, en concreto, os requisitos indicados na sección de «Infraestrutura de distribución».

• Sistema radiante interior: o sistema radiante interior estará formado por un grupo de antenas que permitan distribuír o sinal no interior do inmoble. Deberase seleccionar a localización do sistema radiante para maximizar a cobertura no interior do inmoble, para o cal será preciso trasladar a consulta aos operadores. Os sistemas radiantes deberán ser de uso compartido entre operadores, non debendo duplicarse o sistema.

• Sistema radiante exterior: no caso no que se considere oportuno, poderase dispoñer dunha localización exterior que permita mellorar a cobertura no exterior do inmoble. Nestas circunstancias, deberase dispoñer na medida do posible, ao igual que no caso da distribución interior dunha rede de distribución compartida e un sistema radiante único para todos os operadores, evitando duplicidades de equipamento. En todo caso, isto non debe ser limitante para a cobertura dos operadores.

2.4.2 Requirimentos dos compoñentes da rede e requisitos de instalación.

Os sistemas de distribución e sistemas radiantes interiores instalaranse preferentemente en falsos teitos e tratando de reducir o impacto visual dos elementos radiantes.

Os elementos exteriores (antenas de captación e sistemas radiantes exteriores) deben tratar de minimizar o impacto visual, para o que se seleccionarán localizacións e solucións que favorezan a integración co contorno.

As infraestruturas para o soporte destes sistemas deberán respectar o referido en puntos anteriores e aproveitar, na medida do posible, as canalizacións e espazos previstos para o resto dos sistemas de telecomunicacións previstos no inmoble.

Deberanse ter en consideración, en todo caso, os requisitos de instalación presentados polos operadores de rede, que serán os propietarios e responsables da instalación e mantemento dos sistemas.

2.5 Sistemas de rede de acceso sen fíos - SAF.

Os requirimentos de infraestrutura precisa para deseñar o sistema de rede de acceso sen fíos determinaranse mediante un estudo teórico de coberturas no cal se determinará a situación óptima das tomas de telecomunicacións dedicadas á conexión das redes de acceso sen fíos.

Estas tomas de telecomunicacións integraranse dentro do subsistema del cableado horizontal e aplicaráselles as consideracións descritas para este subsistema, ademais das particularizacións descritas a continuación.

A alimentación dos dispositivos activos integrantes desta infraestrutura realizarase preferentemente por POE, polo cal nas tomas reservadas para infraestrutura sen fíos non será preciso proporcionar alimentación por rede eléctrica.

2.5.1 Requirimentos de deseño e dimensionado.

As tomas de telecomunicacións destinadas á conexión de puntos de acceso sen fíos estarán situadas en localizacións centrais dos recintos aos que presten servizo, así como nas esquinas existentes ao longo do perímetro do local. Situaranse preferiblemente no teito para evitar obstáculos. Evitarase calquera obstáculo físico entre a antena e o equipamento de cliente para evitar a degradación do sinal de radio. As paredes e placas producirán as maiores atenuacións de sinal, no entanto o mobiliario e outros obstáculos tamén afectarán a calidade da recepción.

As tomas de rede reservadas para a conexión dos puntos de acceso instalaranse afastadas a, como mínimo, 1m de calquera outro dispositivo que emita sinais sen fíos e calquera outro equipamento eléctrico como iluminación fluorescente, teléfonos sen fíos, ventiladores eléctricos, outros motores, etc.

Evitarase tanto unha distancia excesiva como demasiado escasa entre as tomas de telecomunicacións destinadas a puntos de acceso (poucos metros). Situaranse, en xeral, a entre 2 e 3 metros de altura e cunha separación entre puntos de acceso de entre 12 e 20 metros.

O estudo teórico de coberturas será crucial para dimensionar o número e situación de tomas de telecomunicacións precisas para cubrir os requirimentos de conectividade sen fíos, que incluirán tanto un nivel de sinal aceptable como un número máximo de persoas usuarias por punto sen fíos. Este punto é especialmente importante en aulas e auditorios, onde o despregamento de múltiples puntos de acceso en canais non solapados será o mecanismo utilizado para aumentar a banda larga de radiofrecuencia dispoñible para as persoas usuarias.

Como norma xeral o estudo garantirá que as zonas de cobertura wifi permitirán a conexión de cada persoa usuaria a unha velocidade mínima de 36Mbps, e cada punto de acceso non terá que soportar máis de 20 persoas usuarias activas de forma simultánea.

* Recomendacións.

Recoméndase que a cobertura de sistemas sen fíos estea garantida mediante a instalación de puntos de acceso redundantes.

2.5.2 Requirimentos dos compoñentes da rede e requisitos de instalación.

Se existe falso teito, o cableado guiarase a través das canalizacións do falso teito.

2.6 Sistemas intelixentes de seguridade e control - SISC.

Os sistemas intelixentes de seguridade e control (SISC) utilizarán sempre que sexa posible as infraestruturas de telecomunicacións existentes no edificio. Para iso, apoiaranse nos servizos do sistema de cableado estruturado para a transmisión de información e para a alimentación dos dispositivos integrantes do sistema.

O sistema intelixente de seguridade e control permitirá protexer o acceso a sistemas ou áreas do edificio restrinxidas. Como mínimo o propio sistema de cableado estruturado estará sempre protexido por un sistema de control de acceso específico, segundo de detalla a continuación. A implementación de sistemas intelixentes de seguridade e control destinados a protexer outras áreas ou recursos realizarase mediante un deseño independente, baseado en tecnoloxías IP e alimentado mediante tecnoloxía POE.

No deseño deste sistema serán de aplicación as medidas recollidas no Real decreto 57/2005, do 21 de xaneiro, polo que se establecen prescricións para o incremento da seguridade do parque de ascensores existente (normas UNE-EN 81-1:2001 e UNE-EN 81-2:2001); e o Decreto 44/2008, do 28 de febreiro, polo cal se regulan os requirimentos das empresas conservadoras de ascensores e se desenvolven conceptos relativos ao grao de ocupación das vivendas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.6.1 Control de acceso aos sistemas de cableado estruturado.

Co obxecto de evitar a manipulación dos sistemas de telecomunicacións por parte de persoal non autorizado, o acceso físico a estes deberá estar controlado por un mecanismo de control de acceso aprobado polo órgano competente de telecomunicacións. Por defecto, instalarase un sistema de pechadura electrónica e videoporteiro segundo o descrito a continuación.

Dado que os sistemas de comunicacións deberán estar sempre aloxados en bastidores específicos, o control de acceso poderase implementar mediante sistemas de pechadura electrónica e videoporteiro en cada un dos bastidores de telecomunicacións; ou de modo xeral no recinto de telecomunicacións no cal se albergan os bastidores de telecomunicacións.

O sistema de pechadura electrónica e videoporteiro para apertura remota e control das actuacións deberá ter a capacidade de establecer unha videochamada SIP co departamento técnico correspondente do órgano competente, que, a través dun código multifrecuencia, poderá actuar remotamente sobre a pechadura para abrir a porta.

En caso de imposibilidade no establecemento desa comunicación, o sistema deberá permitir a apertura da pechadura en local mediante un código preconfigurado que se deberá poder cambiar remotamente desde o organismo de telecomunicacións competente unha vez que esta se recupere.

O sistema de pechadura electrónica e videoporteiro incluirá:

• Conexións a roseta e panel incluíndo módulos RJ-45. O cable de comunicacións do videoporteiro deberá ser rematado no panel de enlaces a partir da última posición deste panel.

• Canalización con tubo corrugado e canal superficie.

• Conector para batería independente.

O videoporteiro deberá contar coas seguintes características técnicas:

• Xestión SNMP con alertas de porta aberta, porta pechada, porta aberta durante un limiar de tempo prefixado.

• Xestión do equipamento mediante páxina web.

• Idioma interfaz web en galego e castelán.

• Gravación de vídeo e captura de fotos, baixo demanda ou ante eventos como a apertura de porta.

• Envío de mensaxes de rexistro a través do estándar Syslog.

• Conexión con aplicación centralizada desde a cal cambiar configuracións de cada un dos videoporteiros.

• Os códigos de acceso deben poder ter, preferentemente, díxitos do 0 ao 9 e permitir unha lonxitude de 10 díxitos.

Os mecanismos que regulen o control de acceso aos recintos deberán respectar o establecido no Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de seguridade no ámbito da administración electrónica.

2.7 Sistemas intelixentes de automatización - SIA.

O deseño dos sistemas intelixentes de automatización (SIA) ou sistemas domóticos queda fóra do alcance desta guía; pero cómpre salientar que, no caso de estar presente, se deberá poder integrar cos sistemas de telecomunicacións existentes no edificio e apoiarse nos servizos de datos proporcionados polo SCE.

2.8 Sistema de instalación eléctrica dedicada - SIED.

2.8.1 Características xerais.

A instalación eléctrica dedicada é unha instalación de uso exclusivo para o equipamento de telecomunicacións e os equipos informáticos. A súa subministración parte dos elementos de mando e protección de cabeceira. Non comparte subministración con outros circuítos da planta (como, por exemplo, iluminado ou forza).

2.8.2 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

Deberán existir cadros eléctricos de rede e de SAI independentes para a subministración eléctrica da infraestrutura de comunicacións no interior do recinto de telecomunicacións.

Cada armario de comunicacións deberá ter, como mínimo, un diferencial e magnetotérmico independente no cadro eléctrico de rede e no de SAI. Os diferenciais deberán ser bipolares de 30 mA instantáneos con 3kA de crista segundo onda 8/20 us.

Deberase realizar un estudo no que se inclúan os cálculos de dimensionamento da potencia do SAI e se deberán documentar os esquemas detallados dos circuítos do SAI e as tomas ás que dá servizo.

* Recomendacións.

Recoméndase que cada circuíto alimente un máximo de 8 tomas de alimentación e que todos os armarios de comunicacións dispoñan de alimentación de SAI.

2.8.3 Instalación eléctrica nos armarios.

Instalaranse en cada armario de comunicacións dous regreteiros eléctricos de 16A, sen interruptor, montables en bastidor e con 8 enchufes tipo schucko cada un.

A conexión dos regreteiros á subministración eléctrica estará orientada a proporcionar o máximo de redundancia segundo a existencia de SAIs. Deste xeito:

• No caso de que o centro dispoña de máis dun SAI, cada regreteiro alimentarase dun SAI diferente.

• Se o centro dispón dun único SAI, o primeiro regreteiro alimentarase do SAI e o segundo de rede.

• No caso de que o centro non dispoña de SAI, cada regreteiro alimentarase de rede e dependerá dun circuíto eléctrico e fase diferente para dispor de redundancia de circuíto e fase.

2.8.4 Interconexión equipotencial e apantallamento.

Suponse que o inmoble contará cunha rede de interconexión común, ou xeral de equipotencialidade, do tipo mallado, unida á posta a terra do propio inmoble. Esa rede estará tamén unida ás estruturas, elementos de reforzo e demais compoñentes metálicos do inmoble.

Todos os cables con portadores metálicos de telecomunicación procedentes do exterior do local serán apantallados, estando o extremo da súa pantalla conectado á terra local nun punto tan próximo como sexa posible da súa entrada ao recinto que aloxa o punto de interconexión e nunca a máis de 2 m de distancia.

2.8.5 Accesos e cableados.

Os enchufes das tomas de corrente deberán ter toma de terra e led indicador de tensión. A súa amperaxe definirase no proxecto en función das necesidades particulares.

2.8.6 Sistemas de terra.

O sistema xeral de terra do inmoble debe ter un valor de resistencia eléctrica non superior a 10 ohmios respecto da terra afastada.

O sistema xeral de terra da do inmoble estará conectado directamente ao sistema de posta á terra no recinto de comunicacións nun ou máis puntos. A el conectarase tamén o condutor de protección ou de equipotencialidade e os demais compoñentes ou equipos que han de estar postos á terra regularmente.

O cable de conexión da barra colectora ao terminal xeneral de terra do inmoble estará formado por condutores flexibles de cobre de 25 mm2 de sección. Os soportes, ferraxes, bastidores, bandexas, etc. metálicos dos recintos de comunicacións estarán unidos á terra local.

Se no inmoble existe máis dunha toma de terra de protección, deberán estar electricamente unidas.

2.9 Infraestruturas de soporte e distribución.

As infraestruturas de soporte e distribución comezan no punto de entroncamento coas redes das operadoras de telecomunicacións no límite da parcela; e rematan nas tomas finais de telecomunicacións que proporcionan servizo ás persoas usuarias.

Cada sistema de telecomunicacións será obxecto dun deseño independente en canto á súa infraestrutura de soporte e distribución. Non obstante, recoméndase a compartición de infraestrutura naqueles casos nos que sexa posible.

A infraestrutura de soporte proporciona a reserva dos espazos precisos para albergar os compoñentes dos sistemas de telecomunicacións, e estará formada por recintos e os rexistros. Aínda que ambos os termos están referidos a espazos dedicados a elementos do sistema de telecomunicacións, os recintos serán salas e os rexistros terán habitualmente menor envergadura.

Por outra banda, a infraestrutura de distribución canaliza os elementos, distribúen os sinais do sistemas de telecomunicacións, tanto do subsistema de cableado estruturado como doutros sistemas.

2.9.1 Infraestrutura de soporte.

2.9.1.1 Rexistros.

Os rexistros marcan os puntos de inicio, final ou derivación do cableado de telecomunicacións.

• Rexistro principal: os rexistros principais constitúen o punto de orixe do sistema de cableado e, como norma xeral estarán aloxados nos recintos de comunicacións.

• Rexistros secundarios: deberá existir un destes rexistros en cada curvatura da canalización principal. Estes rexistros permitirán a segregación en cada zona todos os servizos en número abondo para as persoas usuarias desa zona.

• Rexistros de tomas de telecomunicacións (SCE): en xeral, en cada punto de conexión instalarase unha caixa universal con capacidade para aloxar catro rosetas, aínda que soamente se instalarán dous e a posición libre quedará dispoñible, en previsión de futuras ampliacións de cableado. Os enchufes de alimentación eléctrica instalaranse noutra caixa diferente, pegada á anterior. Esta nova caixa constará, polo menos, de catro enchufes, dous deles de cor vermella, alimentados mediante sistema de alimentación ininterrompida (en diante, SAI) e as outras dúas de cor branca, con alimentación de rede. Cada conector RJ45 de cada roseta etiquetarase seguindo o esquema de identificación explicado no punto de etiquetaxe.

• Rexistros de tomas de telecomunicacións (non SCE): as tomas de telecomunicacións non pertencentes ao sistema de cableado estruturado deberán quedar etiquetadas seguindo o esquema de identificación explicado no punto de etiquetaxe. Os enchufes de alimentación eléctrica instalaranse noutra caixa diferente, pegada á anterior. Esta nova caixa constará de, polo menos, dous enchufes, un deles de cor vermella, alimentado mediante sistema de alimentación ininterrompida (SAI) e a outra de cor branca, con alimentación de rede.

2.9.1.2 Recintos de comunicacións.

Os recintos ou salas de comunicacións serán locais ou habitáculos dedicados exclusivamente a equipamento de telecomunicacións. Nestas salas instalaranse os elementos necesarios para a implementación dos diferentes sistemas de telecomunicacións, así como a electrónica de rede necesaria.

Para todos os sistemas de telecomunicacións, terán consideración de mínimos os requirimentos establecidos no RD 341/2011 en canto a recintos de infraestruturas de telecomunicacións.

Adicionalmente, os recintos de comunicacións empregados polo SCE incorporarán requirimentos adicionais segundo se describe nos seguintes puntos.

* Recomendacións.

Co obxectivo de aproveitamento de infraestruturas, é recomendable que os diferentes sistemas de telecomunicacións compartan recintos de comunicacións.

2.9.1.2.1 Localización e dimensións.

O tamaño do recinto de comunicacións determinarase en función do número de armarios e equipamento que se instalará no seu interior.

Para os recintos de comunicacións que alberguen compoñentes do sistema de cableado estruturado (SCE), as dimensións mínimas da sala serán tales que garantan:

a. 1,5 metros desde o frontal do armario ata a parede.

b. 1,2 metros desde a parte traseira do armario ata a parede.

c. 0,5 metros desde cada lateral ata a parede.

d. Un paso diáfano desde a porta de entrada á sala de, polo menos, 1 metro.

e. Un espazo libre adicional de 4 m2.

En calquera caso, as dimensións do recinto (SCE) non serán inferiores a 14 m2.

A localización será preferentemente próxima á vertical do edificio, dando prioridade a localizacións centradas dentro da planta. A posición, se é posible, será a mesma en todas as plantas.

As verticais dos edificios de nova construción contarán cun patinillo de instalacións de uso exclusivo para os servizos de telecomunicacións. Estes patinillos terán unhas dimensións mínimas de 400 mm de largo × 400 mm de profundidade.

En ningún caso existirán zonas do edificio separadas máis de 90 m do local de comunicacións da súa planta. Se isto non fose posible cun único local, construiranse recintos adicionais.

2.9.1.2.2 Características construtivas.

As salas de comunicacións construiranse, na medida do posible, sobre a rasante, de forma que se impida a acumulación de augas no seu interior. En calquera caso, evitarase que o acceso ao recinto se realice a través de variacións bruscas de altura para facilitar o transporte de elementos pesados.

O solo será de pavimento ríxido e debe poder disipar cargas electrostáticas. A sala terá unha forma rectangular.

As paredes deben ser lisas, sen columnas nin saíntes. As paredes e o solo deben contar con capacidade portante abondo para soportar o peso dos armarios de comunicacións, centrais ou equipamento informático que se coloque na sala.

Nos locais non poderá haber temperaturas ou condicións de humidade fóra dos seguintes rangos: 19-22º de temperatura e 50 % de humidade, polo cal deberán estar preparados para albergar o equipamento de climatización preciso. Nos locais non poderá haber ventás nin calquera outro tipo de acceso ao exterior.

No caso de ser posible, as portas dos locais de comunicación deberán abrir cara ao exterior do local de comunicacións ou dispor de portas corredoiras para non reducir o espazo útil do recinto.

Evitarase que os recintos se atopen na proxección vertical de desaugamentos e, en todo caso, garantirase a súa protección fronte á humidade.

As baixantes das canalizacións non poden ser tapadas polos armarios senón que terán que ser practicables en todo o seu percorrido ata a súa entrada no armario.

2.9.1.2.3 Equipamento xeral.

As salas de comunicacións deberán contar coas seguintes dotacións xerais:

a. Deberase garantir a accesibilidade inferior dos armarios para facilitar as tarefas de cableado e mantemento. Para iso recoméndase a utilización de solo técnico antiéstático de material non illante de polo menos 20 cm de altura.

As circunstancias arquitectónicas do recinto de comunicacións poden facer aceptables outro tipo de solucións, especialmente cando a utilización de solo técnico implique o incumprimento dalgún outro requisito.

A modo de exemplo, poderanse aceptar solucións de elevación en bancada en recintos que unicamente alberguen un bastidor de comunicacións e nos que as dimensións do propio recinto non permitan o uso de rampa para igualar as diferenzas de nivel co resto da planta.

b. O solo non poderá ser de material non illante. Deberá soportar o peso dos armarios de comunicacións e demais elementos que se instalen na sala.

c. Falso teito rexistrable.

d. As entradas aos locais non terán diferenzas de nivel con respecto á cota da planta polo que non poderán ter chanzos nin outros elementos arquitectónicos similares.

e. Acceso mediante porta con chave ao patinillo da vertical de instalacións de telecomunicación.

f. As salas pintaranse con pintura plástica de cor branca.

O recinto disporá de tomas eléctricas conectadas a SAI e á rede que dependerán do grupo electróxeno do centro para manter o servizo ante un fallo eléctrico. As tomas estarán correctamente etiquetadas coa indicación do número de circuíto. No cadro eléctrico reflectirase o número de circuíto e fase a carón do magnetotérmico tal e como se indica no punto de etiquetaxe relativo a circuítos eléctricos.

2.9.1.2.4 Ventilación.

O recinto disporá preferentemente de mecanismos de ventilación mecánica que permitan unha renovación total do aire do local polo menos dúas veces á hora. Permitirase tamén a ventilación natural forzada por medio de conduto vertical e aspirador estático, sempre e cando se garantan os niveis óptimos de humidade e temperatura para a operación dos equipos albergados no recinto.

Como mínimo, a porta do recinto deberá dispor de aperturas na parte superior para facilitar a ventilación.

No caso que se requira, instalarase un sistema de climatización independente. As cabinas de ventilación estarán dotadas de filtros para non introducir impurezas nas salas.

O sistema de climatización manterá a temperatura da sala comprendida entre +19º e +22º, e a humidade relativa do aire por debaixo do 50 %.

* Consideracións especiais para edificios estratéxicos.

O sistema de climatización deberá ser de precisión.

2.9.1.2.5 Iluminación.

Nas salas instalarase unha iluminación xeral tal que exista un nivel medio de iluminación de 300 lux. Recoméndase a utilización de lámpadas fluorescentes con reactancias de alto factor (330 lux a 1 m do solo). A iluminación contará cun mecanismo de control que permita o control da súa activación e desactivación cando así se requira. No caso de empregarse un interruptor con este fin, este deberá localizarse ao lado da porta.

Recoméndase tamén a existencia de equipos autónomos de iluminación de emerxencia.

2.9.1.2.6 Medidas contra incendios.

No caso de que se requira un sistema de detección e extinción de incendios, este deberá dispor de detectores de tecnoloxía múltiple. O sistema de extinción de incendios será por gas inerte para a protección tanto da sala como do falso solo.

O sistema estará interconectado coa central de seguridade do edificio para que o persoal de vixilancia dispoña da sinalización adecuada da alarma.

Nos recintos de telecomunicacións instalarase, polo menos, un extintor portátil específico para lumes eléctricos, sendo recomendable de CO2. Nas inmediacións destas salas, a unha distancia da súa porta non superior a 2 m deberá preverse a instalación dun extintor adicional.

En CPD, o sistema de detección e extinción de incendios disporá de dous pulsadores: un de paro e outro de disparo con tapa de protección.

As instalacións terán que seguir as normas NFPA2001 e NFPA75.

2.9.1.2.7 Acondicionamento de espazos.

2.9.1.2.7.1 Calos de planta.

No caso de ser necesaria a realización de calos entre plantas para a suba/baixada de cableado, haberá que ter en conta que os devanditos calos non afecten a estrutura do edificio, nin tampouco incomoden no traballo diario do persoal do centro. Os calos de planta realizaranse de tal xeito que estean situados en zonas comúns evitando despachos ou salas para conseguir que os traballos de mantemento afecten o mínimo as persoas usuarias.

Os calos de planta serán cubertos cun tubo ríxido de PVC das dimensións axeitadas, de xeito que se impida o contacto do material de obra co cable que discorre por el. Este tubo será rematado, pulido de rebabas e quedará rasante co solo.

No caso de utilizar canle, o calo de planta debe quedar completamente cuberto pola canalización. Existirán amplos rexistros practicables para acceder aos calos de planta. Poderá efectuarse a pasose dunha planta a outra a través de varios calos agrupados.

2.9.1.2.7.2 Calos de tabiques.

Teranse en conta as mesmas consideracións que no punto anterior.

2.9.1.2.7.3 Pintado.

Os traballos de pintado, enxesado, receba, etc. que afecten zonas polas que discorra o cableado de telecomunicacións non deben ensuciar ningún dos seus elementos.

É particularmente importante que non se ensucien:

• Os conectores RJ (xa que afecta o comportamento do sinal, e mesmo pode chegar a impedir a inserción do conector RJ macho).

• As canles (a pintura sobre as canles impide que a tapa da canle se desmonte con facilidade).

2.9.1.2.7.4 Remates.

En todos os traballos de obra civil efectuaranse todos os remates e acabado final da instalación, tales como alisado de superficies, supresión de rebabas, parcheado de zonas despintadas e reparación ou substitución de pezas estragadas na montaxe (como teitos falsos ou escaiolas).

2.9.2 Infraestrutura de distribución (canalizacións).

As canalizacións proporcionarán os espazos, traxectorias e soporte para os cableados de telecomunicacións instalados.

Como norma xeral, as canalizacións transcorrerán por espazos de uso común ou de uso específico para instalacións para facilitar ao persoal técnico o acceso a estas. O trazado da canalización terá o menor número de curvas posibles tendo estas o maior radio de curvatura posible.

Utilizaranse os elementos de soporte e fixación, de suxeición de cables e os accesorios que indique o fabricante. As canles instalaranse paralela ou verticalmente ás liñas de intersección entre teito/solo e paredes.

Dependendo do subsistema de cableado ao que dean soporte, empregaranse distintos tipos de canalizacións pero, de forma xeral, cumprirase coas seguintes especificacións:

a. Todo o percorrido do cableado desde a súa saída do armario de comunicacións ata o punto de acceso á rede final, transcorrerá obrigatoriamente por canalización, de tal xeito que ningún cable transcorra solto por ningún tramo de todo o percorrido, nin teña contacto directo con materiais de obra, xeso, ladrillo, formigón, ferros, cristal ou calquera superficie que poida danar a estrutura deste.

b. Naquelas instalacións en complexos que non sexan de nova construción ou reforma substancial, e sempre que sexa posible e as condicións o permitan, utilizarase a maior parte posible das instalacións soterradas das que dispoña o centro para o discorrer do cableado.

c. Instalaranse as canalizacións de dimensións necesarias tanto na horizontal como nas troncais e en calquera derivación que haxa que realizar tendo en conta que a canalización deberá ser capaz de permitir, polo menos, un crecemento do 50 % sobre o sistema de cableado estruturado presente.

d. As canalizacións deben ser adecuadas para asegurar que o cable sexa instalado sen afectar as súas prestacións (manter raio de curvatura, evitar que a cuberta se rasque, etc.). Deberanse cumprir as normativas aplicables correspondentes.

As canalizacións pódense dividir en canalización externa e de enlace, canalización principal e canalización secundaria ou horizontal:

• Canalización externa e de enlace: encárgase de introducir na edificación e nos rexistros de comunicacións principais as redes de alimentación dos servizos de telecomunicacións dos diferentes operadores. Soporta os cables desde a rede de alimentación do provedor ata os rexistros principais de comunicacións. No caso de provedores con acometida inferior, iníciase na arqueta de entrada; e no caso de provedores con acometida superior, iníciase nos sistemas de captación de sinais.

• Canalización principal, troncal ou vertical: é a que soporta a rede de troncal e de distribución do edificio. Parte do recinto de comunicacións principal e consiste nunha canalización de material libre de halóxenos que, no caso de sistemas SCE, conecta o repartidor principal do edificio cos repartidores de planta; e, no caso de sistemas non SCE, conecta os rexistros secundarios co rexistro principal.

• Canalización secundaria ou horizontal: é a que soporta a rede desde as tomas de telecomunicacións ata os recintos de comunicacións (SCE) ou os rexistros secundarios (outros sistemas). O cableado eléctrico e o de información (voz-datos, audio-vídeo, telefonía) terá que discorrer de xeito separado en todo o seu percorrido. É fundamental que esta canalización sexa accesible en todo o seu percorrido, de xeito que sexa doada a instalación de novos puntos de conexión e o mantemento dos existentes.

2.9.2.1 Requirimentos de deseño e dimensionamento.

Serán de aplicación xeral as consideracións descritas no RD 346/2011-anexo III en relación a canalizacións.

Adicionalmente, teranse en conta os requirimentos descritos en cada sistema de telecomunicacións e as seguintes condicións xerais de instalación:

a. Como norma xeral, as canalizacións ocultas deberán realizarse mediante tubo curvable. As canalizacións exteriores ou á vista deberán realizarse mediante canal con tapa. As características dos materiais empregados detállase no capítulo de «especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas».

b. Colocaranse caixas rexistrables a unha distancia máxima entre elas de 10 metros. Así mesmo, todas as derivacións de puntos (capilarización) que se vaian realizando desde a troncal principal tamén se realizarán con caixas rexistrables.

c. En xeral, a instalación mediante tubos no falso teito levarase a cabo sobre canalizacións de bandexa de reixa metálica (de acordo coas normas UNE 37-552-73 e EN 50085) ou similar con fixacións aéreas tipo varelas ou soportes.

d. Todo o trazado de tubos e caixas de rexistro irá sinalizado mediante bandeirolas plásticas identificativas e marcadas con rotulador indeleble. As ditas bandeirolas acompañarán a cada tubo independentemente do diámetro durante todo o seu percorrido, e a distancia máxima entre unha bandeirola e a outra non excederá os 5 metros. Así mesmo, na tapa da caixa de rexistro que recibe os tubos indicarase que puntos son os que pasan por ela.

e. Os tubos deberán ir fixados mediante bridas reutilizables á canalización principal para a súa suxeición. O cableado deberá quedar fixado só na curvatura das canalizacións co obxectivo de facilitar a identificación ou a substitución de cableado, en caso de ser necesario.

f. Para a instalación do cableado colocaranse as canalizacións necesarias cun grao de ocupación máximo do 50 %, é dicir, que quede aberta a posibilidade de ampliación do cableado polo menos nun 100 %.

g. O trazado das canalizacións farase seguindo preferentemente liñas verticais e horizontais ou paralelas ás arestas das paredes que limitan o local onde se efectúa a instalación. Como norma xeral, as canalizacións deberán estar, como mínimo, a 10 cm de calquera encontro entre dous paramentos.

h. No caso de reforma, nas baixadas que se teñan que realizar desde o falso teito, se hai distribuídos varios puntos de rede dentro dun mesmo habitáculo, realizarase unha única baixada e polo sitio máis desfavorable á visión. Desde a dita baixada e a carón do rodapé debe transcorrer toda a canalización de superficie.

i. Naqueles tramos do percorrido onde haxa que realizar algún ángulo interior ou exterior (enlazar a canle, final de tramo, etc), utilizaranse os elementos que o fabricante ten previsto para tales efectos. Non se levarán a cabo accións como a realización de ingletes ou manipulacións manuais en lugar da colocación de accesorios. Tampouco se utilizarán siliconas ou produtos químicos similares sobre a base exterior da canalización.

j. No caso de reforma, tras a finalización dos traballos de instalación, terá que retirarse todo o cableado e material obsoleto.

3 Especificacións técnicas dos elementos das infraestruturas.

As calidades e especificacións indicadas neste capítulo teñen carácter de mínimos, e poderán ser aplicables parámetros máis restritivos ou melloras técnicas sempre que conten coa aprobación do órgano competente en materia de telecomunicacións.

3.1 Características dos armarios.

Os armarios albergarán o equipamento activo e pasivo dos sistemas de telecomunicacións e estarán situados nos recintos de comunicacións. Todos os armarios que se instalen deberán cumprir a Directiva europea 2004/108/CE sobre compatibilidade electromagnética, polo que levarán o distintivo CE.

En canto a características, os armarios cumprirán os seguintes requirimentos:

• Estarán optimizados para protexer o cableado e os latiguiños. Os paneis laterais serán de aceiro de 0,7 mm como mínimo.

• A parte superior do armario será de 0,9 mm como mínimo de aceiro sólido.

• A apertura da porta poderase realizar tanto desde a dereita como desde a esquerda do armarios.

• As portas laterais serán de fácil manexo para montar e desmontar, ben que será desexable que conten con algún mecanismo de protección para evitar manipulacións non autorizadas.

• O acceso aos cables deberase poder realizar pola parte superior, inferior, frontal, traseira e lateral.

• As unidades de aireación adicionais serán de 1U e non ocuparán espazo libre no armario.

• Os armarios deberán ser de pé.

Así mesmo, deberán cumprir cos requisitos das seguintes normas harmonizadas:

a) Norma de fabricación IEC 297 (UNE 20593): armarios, panel and Associated Equipment.

b) EN-60529: graos de protección proporcionados pola envolvente IP-20.

c) EN-50102: graos de protección proporcionados pola envolvente contra os impactos mecánicos externos IK-08.

E cos requisitos de seguridade para persoas e cousas exixidos polas seguintes directivas comunitarias:

a) 73/23/EC - 93/68/EC - baixa tensión.

b) 89/106/EC - 93/68/EC - construción.

Os armarios de comunicacións destinados a albergar os compoñentes do SCE deberán cumprir con requisitos adicionais segundo se describe nos seguintes apartados.

* Consideracións especiais para pequenas dependencias.

Permitiranse armarios murais só de forma excepcional naqueles lugares onde o armario de pé non sexa viable. Nestes casos, deberase reflectir na documentación esta circunstancia mediante un estudo das alternativas avaliadas, así como a xustificación da opción elixida.

3.1.1 Características xerais e dotación interior (SCE).

A continuación especifícanse as características e a dotación interior segundo do tipo de armario que se vaia instalar, en xeral:

a) Kit de 4 ventiladores con termóstato.

b) Dispoñerán de porta frontal e traseira dobre microperforada, laterais extraíbles de fácil manipulación. Todos os accesos ao armario deberán ir provistos da súa correspondente pechadura.

c) 2 bandexas montables en bastidores para soporte de equipos.

d) 2 regreteiros de corrente, cada un deles de 1U con 8 tomas tipo schuko e sen interruptor. Os regreteiros deberán ser montables en bastidor.

e) Deberanse de instalar tapas cegas nas cavidades baleiras.

f) Os armarios nos que se prevexa a necesidade de manter enlaces de fibra óptica externos non protexidos por mangueiras (latiguiños) deberán contar na parte superior cun acceso dedicado ao guiado destes cables.

3.1.2 Dimensionamento (SCE).

Os armarios deberán ter un largo de 800 mm e unha profundidade mínima de 600 mm de fondo. Se se prevé a instalación de servidores no armario recoméndase a utilización de armarios de máis fondo.

O armario que se vai instalar en cada caso dependerá do número de postos de traballo que se vai cubrir e estará dimensionado de tal xeito que polo menos un 40 % da súa superficie quede libre para posteriores ampliacións.

No caso de armarios dedicados a cableado estruturado, o número de tomas de rede terminadas no armario determinará a altura mínima deste. A altura indícase en unidades de rack (Us) e utilizaranse armarios cun mínimo de 24 Us cando o número de tomas que se vai servir sexa igual ou inferior a 96; e 47 Us cando existan un maior número de tomas. Permítense tamén outros valores de alturas sempre e cando se respecten os mínimos indicados.

* Consideracións especiais para pequenas dependencias.

Excepcionalmente permitirase o uso de armarios de 6, 9, 12 e 15 Us no caso de que as circunstancias particulares do recinto de comunicacións o fagan preciso, sempre e cando o número tomas de rede sexa inferior ou igual a 48.

Cómpre salientar que a utilización de armarios de 15Us ou menos ten carácter excepcional e deberá estar xustificada polas circunstancias particulares do proxecto, sendo sempre preferible a utilización de armarios de polo menos 24 Us.

3.1.2.1 Paneis de parcheo.

Os paneis de parcheo, tamén denominados bandexas, son os elementos onde se centraliza o SCE, xa que permiten a asignación de circuítos e conexións do cableado procedente dos subsistemas vertical, horizontal e de interconexión.

Os enlaces entre armarios deberán colocarse nun panel de parcheo específico diferente dos empregados para a instalación de rosetas. Os enlaces entre armarios deberán ser sempre en fibra e nunca en cobre.

Os paneis subministrados serán instalados con xestores de terminación para evitar que os fíos se solten con facilidade da parte traseira do panel.

3.1.2.1.1 Paneis de parcheo cobre.

Os paneis de parcheo serán a terminación dos cables do subsistema horizontal. Estes paneis deberán presentar as seguintes características:

a) Paneis modulares 19» de 1 U de altura (44,5 mm).

b) Serán do mesmo tipo, categoría e fabricante que o cable do enlace permanente.

c) Dispoñerán de 24 portos con conectores RJ45 na parte frontal e permitirán, en todo momento, a manipulación, retirada e reposición dun dos conectores independentemente dos demais.

d) Os conectores da parte posterior do panel serán por desprazamento de illante con tecnoloxía de contacto a 45°.

e) Incluirán un soporte traseiro para a xestión e embridado de cada un dos cables horizontais independentemente do resto.

f) En sistemas de cable non apantallado, será opcional que dispoñan de conexión á terra.

g) O panel debe satisfacer as prestacións mínimas garantidas, cando se usa nunha configuración de canle de caso peor (100 metros con latiguiños e punto de consolidación) xunto co resto de compoñentes.

Cada panel levará asociado un pasafíos horizontal ranurado de dobre fondo metálico con tapa, de forma que os cables aloxados no panel non se vexan, e deberán estar identificadas cada unha das tomas. Ademais, permitirán polo menos 500 insercións dos cables sen que ocorra ningún tipo de deformación nelas e deberán soportar probas de inserción de tal xeito que, como máximo, se produza 1 fallo de conexión por cada 10000 insercións.

3.1.2.1.2 Paneis de parcheo de cable multipar.

O dimensionamento dos paneis de parcheo de cable multipar deberá adaptarse ao volume de tomas a instalar. Recoméndase a utilización de paneis de categoría 3 con 50 portos RJ45 ocupando 1U de altura.

En calquera caso cada panel levará asociado cando menos un pasafíos horizontal e deberase poder acceder a cada par de forma individual.

3.1.2.1.3 Bandexas de fibra óptica.

Os paneis de conexión para fibra óptica permiten a correcta terminación dos cables de fibra óptica e a conexión dos equipos que acceden a estes. Consisten en caixas modulares con pasafíos e paneis para a inserción dos conectores finais da fibra.

Os cables de fibra óptica terminaranse mediante fusión a pigtail e este conectarase directamente no panel de fibra. A fibra poderase ser preconectorizada mediante conector MPO.

Os paneis de fibra serán de 19» de 1U de altura e terán capacidade para albergar 48 conectores LC, é dicir, terán unha densidade de 96 fibras (48 pares) por unidade do armario no que vaian situados. Cada panel levará asociado un pasafíos horizontal e estará convenientemente identificado.

Terase acceso frontal ás bandexas para o conexionado, o empalme e o almacenamento das fibras ópticas instaladas nos armarios, e permitirase o percorrido diversificado para reducir a conxestión do cableado.

3.1.2.2 Elementos para a asignación de circuítos.

As conexións entre os paneis de parcheo entre si, ou entre un panel de parcheo e a electrónica realizaranse mediante latiguiños de interconexión, que poderán ser de par trenzado ou de fibra óptica.

Os latiguiños permitirán as conexións dos paneis de parcheo entre si e as conexión do panel de parcheo coa electrónica de rede.

Por cada par de fibras instaladas no centro teranse que subministrar dous latiguiños de fibra LC-LC e dúas etiquetas brida por latiguiño.

O latiguiño deberá ter as mesmas características do cableado que estende, e deberá respectar as prestacións mínimas exixidas no enlace ao cal pertence.

3.2 Características dos materiais empregados en canalizacións.

3.2.1 Tubo curvable de material libre de halóxenos.

Para o discorrer dos cables polo falso teito utilizarase tubo curvable (UNE-EN 50086-1 e UNE-EN 50086-2-2) que presentará as seguintes características mínimas de acordo á ITC-BT-21:

Características

Código

Grado

Resistencia á compresión

2

Lixeira

Resistencia ao impacto

2

Lixeira

Temperatura mínima de instalación e servizo

2

-5ºC

Temperatura máxima de instalación e servizo

1

+50ºC

Resistencia ao curvado

1-2-3-4

Calquera das especificacións

Propiedades eléctricas

0

Non declaradas

Resistencia á penetración de obxectos sólidos

4

Contra obxectos D≥1mm

Resistencia á penetración da auga

2

Contra gotas de auga caendo verticalmente cando o sistema de tubos está inclinado 15º

Resistencia á corrosión de tubos metálicos e compostos

2

Protección interior e exterior media

Resistencia á tracción

0

Non declarada

Resistencia á propagación da chama

1

Non propagador

Resistencia ás cargas suspendidas

0

Non declarada

Respectaranse os diámetros exteriores mínimos dos tubos en función do número e a sección dos condutores ou cable que se vaia conducir de acordo coa norma ITC-BT-21.

3.2.2 Canal de material libre de halóxenos con tapa.

As canles empregadas cando o centro non dispoña de falso teito e nas baixadas aos postos de traballo serán conformes ao disposto nas normas da serie UNE-EN 50.085 e clasificaranse segundo o establecido nesta.

Cumprirán as seguintes características mínimas:

Características

Grado

Dimensión do lado maior da sección transversal

≤16mm

>16mm

Resistencia ao impacto

Moi Lixeira

Media

Temperatura mínima de instalación e servizo

+15ºC

-5ºC

Temperatura máxima de instalación e servizo

+60ºC

+60ºC

Propiedades eléctricas

Illante

Continuidade eléctrica/illante

Resistencia á penetración de obxectos sólidos

4

Non inferior a 2

Resistencia á penetración da auga

Non declarada

Resistencia á propagación da chama

Non propagador

3.3 Características dos materiais empregados para cableado.

As normas de referencia en canto ás características dos cables empregados a continuación son ISO/IEC 11801 e a UNE-EN 50173, ben que, co obxecto de concretar detalles específicos, tamén se fará referencia á norma TIA/EIA-568B e 569.

Cando se fala neste punto dunha determinada categoría, faise referencia á calidade do material ou compoñentes individuais empregados para implementar o sistema.

3.3.1 Fibra óptica multimodo.

O cable de fibra multimodo cumprirá as especificacións da clase óptica OM4, segundo se define no estándar TIA-492-AAAD ou mellor, e estará composto por fibras de índice gradual con núcleo de 50 micras e un revestimento de diámetro 125 μm. Esta fibra deberá permitir a transmisión de datos a taxas de ata 10 Gigabit Ethernet en distancias de ata 400 m.

Deberá presentar características de resistencia ao lume segundo UNE 20431, e para iso deberá ter cuberta libre de halóxenos LSZH e con baixa emisión de fumes, de forma que cumpra con:

• Baixa corrosividade S/UNE 50267 1-2-3 (pH > ou = 4,3 e baixos índices de CO e de ClH).

• Baixa toxicidade (índice de toxicidade < ou = 1,5 segundo UNE 21174).

• Emisión de fumes opacos: trasmitancia de luz suficiente segundo UNE 50268-2.

O pulido empregado na finalización da fibra multimodo será de contacto físico PC (Physical Contact).

O cable de fibra óptica multimodo cumprirá a normativa técnica de referencia.

3.3.2 Fibra óptica monomodo.

A fibra monomodo a empregar deberá ser da clase óptica OS2 ou mellor. Deberá ser de índice gradual, cun revestimento de 125 μm e núcleo de 9 μm. Esta fibra deberá operar no rango completo de lonxitudes de onda desde 1280 nm a 1625 nm, e deberá permitir a transmisión de datos a taxas de ata 10 Gigabit ethernet en distancias de ata 400 m.

As fibras levarán un recubrimento que asegure a persistencia da cor, minimice as perdas por microcurvaturas e facilite o seu manexo, e a cuberta poderase retirar mecanicamente.

Do mesmo xeito que as fibras multimodo deberá presentar características de resistencia ao lume segundo UNE 20431, para iso deberá ter cuberta libre de halóxenos LSZH.

O pulido empregado na finalización da fibra monomodo será de contacto físico PC (Physical Contact), aínda que se permitirá a utilización de pulido APC, sempre e cando o órgano competente de telecomunicacións o aprobe.

O cable de fibra óptica monomodo cumprirá a normativa técnica de referencia.

3.3.3 Latiguiños de fibra óptica.

Os latiguiños de fibra óptica conectarán os paneis de parcheo de fibra óptica entre si e co porto do equipo da electrónica. Os latiguiños dispoñerán das dimensións necesarias para a realización desta conexión, habitualmente serán de 2 ou 3 m.

Os latiguiños de fibra deberán de ser do mesmo tipo e categoría do cableado que estenden, e deberán cumprir coas exixencias especificadas para o enlace ao cal pertencen.

3.3.4 Cableado de par trenzado.

O cable de cobre empregado será de clase E (categoría 6) estándar ISO/IEC 11801 ou superior. Cumprirá, ademais, cos requirimentos exixidos nas normas CENELEC EN50173 e ANSI/TIA-568-C.2.

A temperatura de operación do cableado terá que estar entre os -20ºC e os 60ºC. A cuberta será dun composto de baixo fume e cero halóxenos (LSZH) en cumprimento da normativa IEC 60322.

O cable deberá permitir a transmisión de sinais cun largo de banda de ata 250 Mhz como mínimo. A táboa adxunta recolle os valores garantidos de funcionamento que o sistema no seu conxunto debe cumprir ou mellorar e non se admitirá na definición das prestacións os valores típicos ou medios, xa que non aseguran o correcto funcionamento do sistema instalado.

Freq.

Insertion
Loss

NEXT

RL

ACR

PS NEXT

PS
ACR

ELFEXT

PS ELFEXT

Prop.
Delay

Delay
Skew

MHz

dB

dB

dB

dB

dB

dB

dB

dB

nS

nS

1

4,0

65.0

19.8

61.0

62.0

58.0

64,2

61,2

521

-

16

7.1

58.5

23.4

47.0

52.2

45.1

40,1

37,1

496

44

100

18.5

44.2

18.0

23.3

39.3

20.8

24,2

21,2

491

44

250

30.7

37.6

14.0

4.7

32.7.

2.0

16,2

13,2

490

44

O cableado que se instalará terá cuberta non propagadora de lume, baixo na emisión de fumes e cero halóxenos. Como mínimo, deberase cumprir coa norma IEC 60332-2, IEC 60754-2 e IEC 61034.

O tipo de conector empregado para terminar o cable será sempre do mesmo tipo, clase/categoría e fabricante.

Cada cable estará rematado nunha roseta (toma de rede final) ou ben nun panel de parcheo. Os cables estarán rematados en ambos os dous extremos con conectores RJ45 femia de alta densidade e de 8 posicións, segundo a norma ISO/IEC 8877, que aceptarán cable 23 AWG ou 24 AWG mediante desprazamento de illante.

Cada conector RJ45 de cada roseta etiquetarase en execución seguindo o esquema de identificación explicado no punto de etiquetaxe e que deberá coincidir co código empregado no outro extremo do cable correspondente no panel de parcheo do armario de telecomunicacións.

3.3.5 Latiguiños de par trenzado.

Os latiguiños de par trenzado deberán ter a mesma categoría/clase e fabricante do cableado que estenden e deberán cumprir cos requisitos exixidos no enlace ao cal pertencen. Adicionalmente, presentarán as seguintes características:

a) Os latiguiños virán preformados e verificados de fábrica unitariamente.

b) Compostos por cables de 4 pares trenzados.

c) Co propósito de dotalos da máxima flexibilidade proporcionada polo cable multifilar, así como do mellor rendemento do fío de cobre sólido, o cable estará construído sen espazo entre os fíos multifilares.

d) Os latiguiños estarán rematados, en ambos os extremos, cun conector modular RJ45.

e) As lonxitudes típicas dos latiguiños serán de 2 e 3 metros.

f) Cuberta non propagadora do incendio UNE-EN 60332-2, IEC 60754 e IEC 61034.

g) Todos os latiguiños deben cumprir as especificacións EIA/TIA568B, ISO/IEC11801 e EN50173.

3.3.6 Cableado multipar.

O cable multipar empregado deberá ser de categoría 3 ou superior, e deberá permitir a transmisión de sinais cun largo de banda de ata 16 Mhz.

As mangueiras de cable multipar estarán dispoñibles en configuracións de 25, 50 e 100 pares.

Estas mangueiras acabarán nos armarios de comunicacións en paneis de parcheo UTP e conectarase en cada porto un só par da mangueira.

3.3.7 Cable coaxial.

O cable coaxial será empregado nos sistemas de distribución de audio e vídeo. En cumprimento da normativa directriz destes subsistemas, o cable coaxial da instalación deberá estar preparado para permitir os obxectivos de calidade establecidos no RD 346/2011-anexo I.

Tal e como se indica no RD 346/2011-anexo I no punto «5.- Características técnicas dos cables», presumiranse conformes as especificacións solicitadas aqueles cables que acrediten o cumprimento das normas UNE-EN 50117-2-4 (cables coaxiais. Parte 2-4: especificación intermedia para cables empregados en redes de distribución cableadas. Cables de acometida interior para sistemas operando entre 5 Mhz-3.000 Mhz) e UNE-EN 50117-2-5 (cables coaxiais. Parte 2-4: especificación intermedia para cables empregados en redes de distribución cableadas. Cables de acometida interior para sistemas operando entre 5 Mhz-3.000 Mhz) e que reúnan as seguintes características técnicas:

• Condutor central de cobre e dieléctrico polietileno celular físico.

• Pantalla cinta metalizada e trenza de cobre ou aluminio.

• Cuberta non propagadora de chama para instalacións interiores e de polietileno para instalacións exteriores.

• Impedancia característica media: 75 ± 3 Ω.

• Pérdidas de retorno segundo a atenuación do cable (α) a 800 Mhz:

Tipo de cable

5-30 MHz

30-470 MHz

470-862 MHz

862-2.150 MHz

α ≤ 18 dB/100m

23 dB

23 dB

20 dB

18 dB

α > 18 dB/100m

20 dB

20 dB

18 dB

16 dB

Para máis información, remítese ao punto «5.- Características técnicas dos cables do anexo I do RD 346/2011».

3.4 Garantía.

O período mínimo de garantía para os materiais aquí descritos será de 10 anos. Esta garantía deberá ser respaldada mediante certificado de fabricante.

4 Requisitos de instalación.

A continuación descríbense os requisitos que haberá que respectar na instalación dos elementos dos sistemas descritos nos puntos anteriores.

As empresas que realicen instalacións de telecomunicacións terán que estar inscritas no Rexistro de Instaladores de Telecomunicación da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, segundo a Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

A empresa deberá contar coa certificación vixente de instalador autorizado expedida polo fabricante da solución de SCE que se vai implementar.

As normas de referencia en canto aos requisitos de instalación son ISO/IEC 11801 e a UNE-EN 50173. Cando neste punto se referencie unha determinada clase farase referencia ao sistema de cableado xa instalado, polo cal será preciso aplicar os requirimentos de calidade tanto aos materiais empregados como aos traballos de instalación.

Deste modo, cómpre salientar que a simple utilización de materiais dunha determinada categoría non asegura a clasificación dos enlaces/canles dentro da mesma categoría, xa que unha instalación defectuosa pode levar a unha clasificación inferior.

4.1 Consideracións xerais en instalación de cableados.

Cando se realice a tirada do cable, os instaladores deberán evitar todo tipo de torceduras e tiróns. Evitarase, ademais, o estrangulamento dos cables de datos pola utilización na instalación de bridas de aperte ou outros elementos similares.

Durante a instalación do cable coidaranse os seguintes aspectos:

a) Respectar o raio de curvatura mínimo dos cables, evitando, en todo caso, raios de curvatura inferiores a 5 cm.

b) Non se sobrepasará a tensión de tracción mínima recomendada polo fabricante.

c) Seguiranse as recomendacións do fabricante e das diferentes prácticas habituais.

d) Protexer as arestas afiadas que poidan danar a cuberta dos cables durante a súa instalación.

Non se instalarán canalizacións de telecomunicacións baixo canalizacións de auga, vapor, etc.

4.2 Separación de liñas cruce con instalacións eléctricas.

Os requisitos de separación dos cables de voz/datos/outros cos cables de subministración eléctrica deberán respectar o establecido na norma de referencia UNE-EN50174-2.

Co obxecto de comprobar o cumprimento desta normativa deberase incluír o cálculo de distancias mínimas a respectar adaptado ás características do cableado de datos, canalizacións e potencia.

Se se utilizan canalizacións con compartimentos, as divisións (metálicas ou non metálicas) deben separar os condutores eléctricos (corrente, neutro e terra) do cableado de telecomunicacións.

O uso de condutos metálicos totalmente pechados limitará tamén o acoplamento indutivo, pero terán que estar adecuadamente postos á terra, e conectados segundo as normas locais de regulación de instalacións eléctricas.

4.3 Armarios de comunicacións.

Sempre que as dimensións do recinto no que se sitúa o permitan, o armario dispoñerá de espazo suficiente na parte anterior, posterior e nos laterais dested, para facilitar a súa manipulación e mantemento.

Non será preciso respectar o espazo lateral no caso no cal se realicen instalación de varios armarios conectados en configuración de fila (consultar a sección de «Recintos de comunicacións)».

4.3.1 Colocación de elementos dentro dos armarios SCE.

En xeral, a disposición dos distintos elementos dentro dun armario de comunicacións destinado a aloxar compoñentes do sistema de cableado estruturado será, de arriba abaixo a seguinte:

a) Kit de ventilación para disipación de calor.

b) Bandexa de fibra 1U con capacidade para 48 conectores LC (cando sexa necesario).

c) Pasafíos horizontal 1U con tapa.

d) Unidades baleiras dotadas de tapas cegas, polo menos 4.

e) Paneis de RJ-45 1U adicados a servizos de infraestrutura (videoporteiros, puntos de acceso, cámaras IP...).

f) Pasafíos horizontal 1U, por cada panel instalado.

g) Paneis de RJ-45 1U de acceso xeral.

h) Pasafíos horizontal 1U, por cada panel instalado.

i) Unidades libres para electrónica de comunicacións e pasafíos.

j) Bandexa para equipos de comunicacións (UTR, TR1…).

k) Paneis RJ45 50P 1U (acabado mangueira multipar, cando sexa necesario).

l) Pasafíos horizontal 1U.

m) Unidades libres baleiras dotadas de tapas cegas tanto na parte frontal como na posterior.

n) Regreteiros de alimentación.

A continuación móstranse a distribución recomendada dos diferentes elementos nos armarios tipo propostos:

a) Armarios de 24 US.

missing image file

b) Armarios de 47 Us.

missing image file

c) Armarios de 15 Us.

missing image file

4.3.2 Colocación de cables dentro dos armarios.

No que respecta á distribución interior do cableado, este debe estar guiado e ordenado que non quede solto polo seu interior. O cableado entrará pola parte superior do armario cara a abaixo deixando na parte inferior 3 metros de sobrante e logo volverá subir para realizar as conexións. As baixadas e subidas do cableado polo armario faranse a través dos pasafíos verticais.

Os armarios estruturaranse de xeito que cada panel de conexión ou equipo activo leve asociado un pasafíos horizontal ranurado de dobre fondo metálico con tapa. Realizaranse agrupacións de cables en mazos segundo a localización destes e os percorridos dos tendidos. O acceso dos cables aos paneis farase de xeito ordenado, preferiblemente mediante canalizacións verticais que distribúan horizontalmente os grupos de cables.

As canaletas de cableado entrarán polo lateral dos armarios sempre colocando a canalización de xeito que sexa practicable en todo o seu percorrido ata a entrada ao armario. En casos nos que a densidade de cableado así o requira, a electrónica de rede colocarase na cara contraria á que se situarán os paneis de datos e os de voz. O equipamento de comunicacións deberá colocarse na cara máis accesible do armario.

Para o guiado dos cables no armario de comunicacións é necesario un pasafíos por cada panel de parcheo e un ou dous pasafíos por conmutador en función de se dispón de 24 ou 48 portos. Os pasafíos serán horizontais ranurados de dobre fondo, metálicos, dunha U de alto e con tapa e ocos. Non se instalarán canaletas verticais de cableado no interior dos armarios.

No extremo do armario de comunicación, deberá deixarse un sobrante de cable mínimo de 1m para permitir o desprazamento dos paneis dentro do propio armario no caso de que sexa necesario. Todos os cables deberán ser marcados, na parte traseira do panel, coa referencia da toma de comunicacións mediante aneis ou etiquetas brida segundo o indicado na sección de «Criterios de etiquetaxe».

4.3.3 Conexión á terra dos armarios.

Conectaranse á terra todas as partes metálicas do armario utilizando para iso os elementos de conexión aconsellados polo fabricante.

4.4 Cables de pares trenzados.

O sistema de cableado proposto ten que superar de extremo a extremo as prestacións especificadas nos estándares actuais de cableado (ISO/IEC 11801, EIA/TIA 568-B, CENELEC EN50173, ANSI/TIA/EIATSB-67 e a directiva da Unión Europea de compatibilidade electromagnética EMC).

A lonxitude total do cableado entre cada roseta e o seu punto de conexión no armario de comunicacións non poderá ser superior aos 90 metros.

A lonxitude total do canal de comunicacións formado polos latiguiños e cableado que unen un terminal de rede coa electrónica de comunicacións non poderá exceder os 100m.

Para fixar mazos de cables empregaranse bridas reutilizables ou velcros.

4.4.1 Conexionado en armarios de comunicacións.

Cada cable deberá estar claramente etiquetaxe na súa cuberta detrás do panel de parcheo nunha situación visible sen retirar os lazos de soporte do mazo.

4.4.2 Conexionado en tomas de telecomunicacións.

Deberá deixarse enrolado un exceso de cable nas caixas murais ou superficiais sempre e cando haxa un espazo suficiente para elo sen ter que exceder o radio de curvatura.

En instalacións de parede oca onde se utilizan caixas de contedor, poderase deixar un exceso de cable nela. Nunca se deixarán máis de 30 cm de cable sobrante na caixa mural, na canaleta modular de mobiliario ou en paredes illadas. O exceso de cable pódese deixar enrolado no teito, enriba da localización, no caso de que non houbese suficiente espazo na caixa da toma para deixar o cable sobrante.

4.5 Cables coaxiais.

Nos armarios de distribución do cableado deixaranse 3 m de marxe de cable desde a súa entrada ao armario. Isto permitirá poder manobrar ao realizar as conexións aos paneis, mover os paneis no caso dunha eventual reordenación posterior do armario e mover o propio armario unha vez conectado.

O radio de curvatura do cable non excederá 4 veces o diámetro exterior do cable.

4.6 Cables de fibra óptica.

A terminación de fibra óptica deberá instalarse do seguinte xeito:

a) Enrolarase coidadosamente o exceso de fibra dentro do panel de terminación de fibra. Non se deixarán material sobrante na parte exterior do panel.

b) Cada cable unirase individualmente ao panel respectivo mediante medios mecánicos. Os membros de suxeición dos cables uniranse de xeito seguro ao soporte do cable no panel.

c) Cada cable de fibra pelarase sobre o panel de terminación e as fibras individuais encamiñaranse cara ao panel de terminación.

d) Instalaranse tapas contra o po nos conectores e axustadores, a menos que estean conectados fisicamente.

e) En todo caso, a fibra terminarase en paneis de tipo LC en ambos os extremos con pulidura PC para a fibra multimodo e monomodo, agás que, desde o órgano competente en materia de telecomunicacións, se solicite a utilización de pulidura APC para a fibra monomodo.

No caso de que desde o armario saian latiguiños de fibra, estes deberán ser guiados por un acceso superior reservado no armario para este fin, e desta forma garantir a separación destes cables respecto outro tipo de cableado (cobre, multipar, coaxial...).

4.7 Mangueiras de pares de cobre.

Para o conexionado individual dos condutores das mangueiras multipar deberá seguirse o seguinte código de cores:

Nº de par

Primeiro cable

Segundo cable

1

Branco

Azul

2

Laranxa

3

Verde

4

Marrón

5

Gris

6

Vermello

Azul

7

Laranxa

8

Verde

9

Marrón

10

Gris

11

Negro

Azul

12

Laranxa

13

Verde

14

Marrón

15

Gris

16

Amarelo

Azul

17

Laranxa

18

Verde

19

Marrón

20

Gris

21

Violeta

Azul

22

Laranxa

23

Verde

24

Marrón

25

Gris

4.8 Garantía.

O período mínimo de garantía dos traballos de instalación fronte a vicios ocultos da instalación será como mínimo de 2 anos.

4.9 Criterios de etiquetaxe.

Os elementos dos sistemas de telecomunicacións contarán cun código único que permita a súa identificación na documentación do proxecto e nos sistemas de inventariado da Administración. Adicionalmente, os elementos contarán con códigos de etiquetaxe que achegarán información visual de utilidade para os traballos cotiás de xestión e mantemento da infraestrutura; e uns criterios de etiquetaxe nos cales se indican as regras que determinan a utilización dos códigos nos elementos.

Deste xeito, e segundo as regras de etiquetaxe que serán descritas a continuación, un elemento poderá mostrar tanto as súas propias etiquetas de identificación/etiquetaxe como as etiquetas dos elementos aos cales dá conexión.

Por defecto, e cando non se indique información adicional, todos os elementos deberán contar cunha etiqueta na cal se reflicta o seu código de etiquetaxe.

Cando, por motivos de lexibilidade, resulte aconsellable, os códigos de etiquetaxe poderán ser abreviados dentro do elemento que os contén sempre e cando a información das etiquetas dos elementos contedores permitan derivar de xeito sinxelo e a simple vista a información omitida.

Os códigos identificativos descritos a continuación recollen os requisitos mínimos a manter nos proxectos para poder referenciar os elementos nel incluídos. Adicionalmente, o órgano de contratación resérvase o dereito de engadir ou modificar os códigos ou criterios de identificación que considere adecuados para adaptase ás circunstancias específicas de cada proxecto.

4.9.1 Código de identificación de elementos xerais.

A continuación descríbense as sintaxes dos códigos de identificación dunha serie de elementos xerais presentes nos proxectos e que habitualmente non precisarán etiquetaxe. A principal función da asignación dun código de identificación para estes elementos é o permitir a súa referencia na documentación asociada ao proxecto; ou servir como base para a construción doutros códigos de identificación.

4.9.1.1 Recintos de telecomunicacións.

Os recintos de telecomunicacións dentro dun proxecto serán identificados por un número de secuencia. A sintaxe que se seguirá será: «RCxx», onde:

– RC: é o carácter indicativo de recinto de telecomunicacións.

– xx: indica o número de orde do recinto (01 a 99). Este número é asinado numerando os recintos de comunicacións existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas.

4.9.1.2 Rexistros.

Os rexistros de telecomunicacións dentro dun proxecto serán identificados por un número de secuencia. A sintaxe a seguir será a seguinte: «RXxxx», onde:

– RX: é o carácter indicativo de rexistro de telecomunicacións.

– xxx: indica o número de orde do rexistro de toma (001 a 999). Este número é asinado numerando os rexistros de toma existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas.

4.9.1.3 Rexistros de tomas de telecomunicacións.

Os rexistros de tomas dentro dun proxecto serán identificados por un número de secuencia. A sintaxe que se seguirá será a seguinte: «RTxxxx», onde:

– RT: é o carácter indicativo de rexistro de toma de telecomunicacións.

– xxxx: indica o número de orde do rexistro de toma (0001 a 9999). Este número é asinado numerando os rexistros de toma existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas.

4.9.2 Armarios de comunicacións.

4.9.2.1 Código de identificación.

Os armarios serán identificados tendo en conta a súa localización. A sintaxe que se seguirá será: «Aaa», onde:

– A: é o carácter indicativo do armario.

– aa: indica o número de orde do armario. Este número é asignado numerando os armarios existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas (01 a 99).

4.9.2.2 Código de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe construirase sobre o código de identificación seguindo o seguinte formato: «ppAaa», onde ao código de identificación engádese á información correspondente das plantas onde está situado cada un dos armarios segundo os criterios establecidos. Así:

– pp: correspondería co número da planta onde se atopa o extremo orixe do enlace, asignándolle o valor 0 á planta onde se ubica a entrada principal do edificio e continuando a numeración en orde crecente de abaixo a arriba no caso de plantas máis elevadas; e con números negativos e decrecentes para plantas a nivel inferior.

A forma abreviada do código de etiquetaxe omite a información de planta e coincidirá co código de identificación do armario.

Nos códigos de etiquetaxe empregados por outros elementos da infraestrutura será moi común engadir a información relativa ao armario no cal se atopan instalados.

4.9.2.3 Criterios de etiquetaxe.

Colocaranse dúas etiquetas de armario identificando o armario polo seu código de etiquetaxe, normalmente na súa forma abreviada. Unha das etiquetas situarase na parte central superior da porta frontal do armario; e a outra na parte central superior no interior do armario. Estas etiquetas deberán ser visibles nas fotos que se vaian entregar da instalación. As etiquetas terán que ser resistentes á intemperie e de dimensións 99,1 × 38,1 mm.

Por exemplo, para unha instalación con 3 armarios, un na planta 0, outro na 1 e outro na 2, a nomenclatura será a seguinte:

Armario

Código de identificación

Armario da planta 0

A01

Armario da planta 1

A02

Armario da planta 2

A03

4.9.3 Enlaces entre armarios de comunicacións.

4.9.3.1 Código de identificación.

Os enlaces entre armarios de comunicacións faranse mediante mangueiras de cableado de fibra óptica, multipar ou cable coaxial. En calquera caso, os enlaces entre os armarios quedarán identificados por un código construído a partir da seguinte sintaxe: «EmmAaaAzz», onde:

– E: é o carácter indicativo de enlace.

– mm: indica o número de orde da mangueira.

– A: é o carácter indicativo de armario.

– aa: indica o número de orde do armario orixe. Este número é asignado numerando os armarios existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas (01 a 99). Considerarase armario orixe o de menor numeración.

– zz: indica o número de orde do armario destino. Considerarase armario destino o de maior numeración.

Adicionalmente, os cables/liñas individuais contidas dentro de cada enlace poderán contar tamén co seu código identificativo engadindo un prefixo específico para cada tipo de cableado. En concreto, considéranse os seguintes casos:

4.9.3.1.1 Cables contidos en mangueiras de fibra óptica.

Identificaranse por un código construído a partir da seguinte sintaxe: «FffEmmAaaAzz», onde:

– F: é o carácter indicativo de fibra óptica.

– ff: indica o número de orde da fibra terminada. Este número virá dado pola cor da fibra seguindo as normas do estándar ANSI/TIA/EIA 598.

4.9.3.1.2 Cables coaxiais.

Identificaranse por un código construído a partir da seguinte sintaxe: «CxxEmmAaaAzz», onde:

– C: é o carácter indicativo de cable coaxial.

– xx: indica se o uso do cable é para transmisión («Tx») ou recepción («Rx»).

4.9.3.2 Códigos de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe construirase sobre o código de identificación seguindo o seguinte formato: «Emm/ppAaa/qqAzz», onde ao código de identificación se engade a información correspondente das plantas onde está localizado cada un dos armarios segundo os criterios establecidos. Así:

– pp: correspondería co número da planta onde se atopa o extremo orixe do enlace, asignándolle o valor 0 á planta onde se sitúa a entrada principal do edificio e continuando a numeración en orde crecente de abaixo a arriba no caso de plantas máis elevadas; e con números negativos e decrecentes para plantas a nivel inferior.

– qq: correspondería co número da planta onde se atopa o extremo destino do enlace, asignándolle o valor 0 á planta onde se sitúa a entrada principal do edificio e continuando a numeración en orde crecente de abaixo a arriba no caso de plantas máis elevadas; e con números negativos e decrecentes para plantas a nivel inferior.

Adicionalmente, engádese o carácter «/» como separador para facilitar a lexibilidade e separación entre números con diferentes significado.

No caso de enlaces dentro dun centro de proceso de datos (CPD), ou dentro dunha mesma planta, poderase abreviar a referencia nas etiquetas omitindo os indicadores do número de planta. Nestes casos, o código de etiquetaxe coincidirá co código de identificación. A sintaxe que se seguirá será: «EmmAaaAzz».

No caso dos cables contidos en mangueiras de fibra óptica ou cables coaxiais, engadiráselle o prefixo correspondente ao tipo de cable: «FxxEmm/ppAaa/qqAzz» ou «CxxEmm/ppAaa/qqAzz».

4.9.3.3 Criterios de etiquetaxe.

O enlace deberá ser etiquetado en ambos os extremos dos armarios co seu código de etiquetaxe.

Non será precisa a etiquetaxe dos cables individuais do enlaces. No entanto, si que será preciso mostrar nas bandexas nas que termine o cableado do enlace a pertenza das tomas de terminación de cableado a un determinado enlace segundo o descrito na sección de paneis de parcheo.

Exemplo 1: enlace 01 entre o armario A01 situada na planta 1 e o armario A13 situado na planta 2.

• Código de identificación: E01A01A13.

• Código de etiquetaxe: E01/01A01/02A13.

Exemplo 2: enlace 03 entre o armario A10 situado na planta 1 e o armario A05 situado na planta -2:

• Código de identificación: E03A05A10.

• Código de etiquetaxe: E03/-2A05/01A10.

Exemplo 3: enlace de fibra 05 entre o armario A07 situado na planta 1 e o armario A09 situado na planta 3:

• Código de identificación: F01E03A05A10.

• Código de etiquetaxe: F01E03/-2A05/01A10.

4.9.4 Paneis de parcheo (bandexas).

4.9.4.1 Código de identificación.

Dentro dun armario, as bandexas son o punto de terminación dos diferentes cableados. Cada bandexa quedará identificada por un código propio e común ás diferentes tecnoloxías de cableado (fibra, cobre, coaxial...), segundo a seguinte sintaxe : «AaaBBBbb», onde:

– A: é o carácter indicativo do armario.

– aa: indica o número de orde do armario orixe. Este número é asignado numerando os armarios existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas (01 a 99).

– BBB: é o código que identifica o tipo de bandexa segundo o cableado que conectado. Poderá ser dos seguintes tipos:

FMM: para bandexas de terminación de fibra multimodo.

FSM: para bandexas de terminación de fibra monomodo.

UTP: para bandexas de terminación de cable de cobre non apantallado.

STP: para bandexas de terminación de cable de cobre apantallado.

VOZ: para bandexas de terminación de cable multipar de voz.

– bb: indica o número de orde da toma dentro do panel de parcheo, asignándolle o valor 01 á bandexa superior e seguindo a numeración de arriba a abaixo.

4.9.4.2 Código de etiquetaxe.

Como norma xeral, o código de etiquetaxe da bandexa será o resultado de engadir ao código de identificación o prefixo correspondente co número de planta no cal se atopa situado o armario.

Desta forma, o código de etiquetaxe seguirá a seguinte sintaxe: «ppAaaBBBbb», onde:

– pp: correspondería co número da planta onde se atopa o armario, asignándolle o valor 0 á planta onde se sitúa a entrada principal do edificio e continuando a numeración en orde crecente de abaixo a arriba no caso de plantas máis elevadas; e con números negativos e decrecentes para plantas a nivel inferior.

Este código de etiquetaxe poderase abreviar eliminando as referencias ao armario e á planta sempre e cando esta información sexa facilmente visible na instalación.

4.9.4.3 Criterios de etiquetaxe.

Cada bandexa deberá ser etiquetada co seu código de etiquetaxe na súa forma completa.

No caso de bandexas que establezan enlaces entre armarios, a etiqueta incluirá información do armario enlazado incluíndo o código de etiquetaxe da bandexa enlazada (extremo remoto). Ademais, aetiquetaxe da bandexa tamén deberá amosar a información dos enlaces nela terminados.

No caso de que nunha bandexa terminasen diferentes enlaces, detallarase cada un deles na etiqueta.

Dentro da propia bandexa, as tomas de terminación de cableado individuais deberán identificar o extremo remoto de cada conexión segundo se indica na sección Tomas de terminación de cableado en bandexas. Normalmente, para facilitar a lectura desta información, incluirase na bandexa a información común a varias tomas de terminación de cableado individual.

Tamén se permitirá a separación dos códigos en varias liñas para adaptarse o espazo dispoñible nas bandexas. En ningún caso esta adaptación producirá ambigüidades.

Exemplo 1: bandexa 03 do armario A02 situado na planta 01, empregada para a terminación de tomas de telecomunicacións finais de cobre UTP.

• Código de identificación: A02UTP03.

• Código de etiquetaxe: 01A02UTP03.

Exemplo 2: bandexa 02 de fibra multimodo do armario A04 situado na planta 02, empregada para o enlace coa bandexa 04 de fibra multimodo do armario A08 situado na planta 03 mediante o enlace E01A04A08.

• Código de identificación: A04FMM02.

• Código de etiquetaxe: 02A04FMM02.

• Adicionalmente a bandexa deberá incluír unha etiqueta na cal se indique a terminación nesta do enlace E01A04A08.

• Adicionalmente, a bandexa deberá incluír unha etiqueta na cal se indique a bandexa remota á cal está enlazada: 03A08FMM04.

• En canto á información indicada nestes dous últimos puntos, recoméndase seguir o exemplo indicado na sección Tomas de terminación de cableado en bandexas.

4.9.5 Tomas de terminación de cableado en bandexas.

4.9.5.1 Código de identificación.

Dentro de cada bandexa instalada en armario, as tomas individuais de terminación de cableado quedarán identificadas por un código de identificación baseado no código de identificación da correspondente bandexa ao cal se lle engade un prefixo para identificar a toma individual dentro de cada bandexa, segundo a seguinte sintaxe: «tt <código identificador de bandexa> (tt AaaBBBbb)», onde:

– tt: indica o número de orde da toma dentro do panel de parcheo, comezando no valor 01 e asignando numeracións consecutivas de abaixo a arriba e de esquerda a dereita.

4.9.5.2 Código de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe dunha toma de terminación de cableado en bandexa é o resultado de engadir ao código de etiquetaxe da correspondente bandexa un prefixo para identificar a toma individual dentro de cada bandexa, segundo a seguinte sintaxe: «tt <código de etiquetaxe de bandexa> (tt/ppAaaBBBbb)», onde:

– tt: Indica o número de orde da toma dentro do panel de parcheo, comezando no valor 01 e asignando numeracións consecutivas de abaixo a arriba e de esquerda a dereita.

Adicionalmente, engádese o carácter «/» como separador para facilitar a lexibilidade e separación entre números con diferentes significado.

Compre sinalar que os códigos de etiquetaxe das tomas individuais de terminación de cableado serán empregados unicamente nos enlaces entre armarios e sempre nas tomas remotas, xa que por norma xeral as tomas de terminación de cableado en bandexa serán etiquetadas co código de etiquetaxe correspondente á toma de telecomunicacións do outro extremo do enlace.

Os códigos de etiquetaxe das tomas poderanse abreviar para incluír unicamente a información do armario e toma de telecomunicacións. Esta forma de abreviación permitirase unicamente cando exista suficiente información en etiquetas auxiliares para identificar a bandexa e armario á cal pertencen as tomas, da seguinte forma: «tt <código de etiquetaxe abreviado do armario remoto> (ttAaa)».

Para o caso de terminacións de cableado de fibra óptica, as tomas pertencentes ao mesmo canal de telecomunicacións etiquetaranse xuntas da seguinte forma: «tt,uuAaa».

4.9.5.3 Criterios de etiquetaxe.

Como norma xeral, unha toma de telecomunicacións dunha bandexa mostrará sempre a información relativa ao extremo remoto do enlace.

Cada toma de telecomunicacións en bandexa contará con dúas etiquetas, unha na parte superior e outra no seu frontal. Nestas etiquetas anotarase o código de etiquetaxe da toma de telecomunicacións remota, empregando a nomenclatura descrita para Tomas de telecomunicacións finais ou Tomas de terminación de cableado en bandexas, segundo proceda.

Neste último caso, é preciso ter en conta a limitación de espazo nas tomas de telecomunicacións que obrigarán a empregar códigos de etiquetaxe abreviados para permitir a lectura da etiqueta. Neste sentido, reducirase o código de etiquetaxe n nas tomas de telecomunicacións en bandexa a un máximo de 9 caracteres.

A abreviación dos códigos de etiquetaxe non debe de provocar perda de información. A información omitida no código de etiquetaxe da toma de telecomunicacións debe de ser facilmente derivable das etiquetas incluídas na bandexa.

Tamén se permitirá a separación dos códigos en varias liñas para adaptarse o espazo dispoñible nas bandexas. En ningún caso esta adaptación producirá ambigüidades.

Exemplo 1: o armario A03 atópase situado na planta 02. Este armario enlaza mediante a toma de telecomunicacións 05 da súa primeira bandexa de cableado UTP coa toma de telecomunicacións final (roseta) 003 que se atopa na planta 01.

• Toma de telecomunicacións final:

◦ Código de identificación: 003A03.

◦ Código de etiquetaxe: 01/003A03.

◦ Código de etiquetaxe abreviado: 003A03.

• Toma de terminación de cableado en bandexa:

◦ Código de identificación: 05/A03UTP01.

◦ Código de etiquetaxe: 05/02A03UTP01.

◦ Código de etiquetaxe abreviado: 05A03UTP01.

• A toma de telecomunicacións final levará etiquetaxe o seu código de etiquetaxe en forma completa ou abreviada:

◦ Forma completa: 01/003A03.

◦ Forma abreviada: 003A03.

• A toma de terminación de cableado en bandexa será etiquetada co código de etiquetaxe da toma de telecomunicacións final na súa forma completa:

◦ 01/003A03.

Exemplo 2: o armario A03 atópase situado na planta 01, o armario A05 na planta 03, e o armario A06 na planta 04. Os armarios A03 e A05 están enlazados por dúas mangueiras de fibras. Os armarios A03 e A06 están enlazados por unha mangueira de fibras. Cada mangueira de fibra consta de 12 fibras.

As fibras 1 a 12 (seguindo a nomenclatura ANSI/TIA/EIA 598) da primeira mangueira que enlaza A03 con A05 son terminadas nas tomas 13 a 24 da primeira bandexa de fibra multimodo do armario A03; e nas tomas 1 a 12 da terceira bandexa de fibra multimodo do armario A05.

As fibras 1 a 12 (seguindo a nomenclatura ANSI/TIA/EIA 598) da segunda mangueira que enlaza A03 con A05 son terminadas nas tomas 01 a 12 da segunda bandexa de fibra multimodo do armario A03; e nas tomas 12 a 24 da terceira bandexa de fibra multimodo do armario A05.

As fibras 1 a 12 (seguindo a nomenclatura ANSI/TIA/EIA 598) da mangueira que enlaza A03 con A06 son terminadas nas tomas 01 a 12 da primeira bandexa de fibra multimodo do armario A03; e nas tomas 1 a 12 da segunda bandexa de fibra multimodo do armario A06.

O enlace da primeira mangueira entre o armario A03 e o armario A05 ten asignado o código de enlace E01A03A05, e o código de etiquetaxe E01/01A03/03A05.

Dentro deste enlace, as fibras que enlazan os armarios teñen asignados os códigos F[01-12]E01A03A05.

O enlace da mangueira entre o armario A03 e o armario A06 ten asignado o código de enlace E01A03A06, e o código de etiquetaxe E01/01A03/03A06.

– Primeira bandexa de fibra multimodo do armario A03.

• Código de identificación: A03FMM01.

• Código de etiquetaxe: 01A03FMM01.

• A bandexa deberá contar cunha etiqueta visible na cal se reflicta o seu código de etiquetaxe: 01A03FMM01.

• Enlace co armario A05.

◦ A bandexa deberá contar cunha etiqueta visible na cal se recolla a información do enlace nela terminado. Esta información incluirá os códigos de etiquetaxe de enlace e da bandexa remota. Ademais, deberanse identificar as fibras pertencentes ao enlace:

▪ 01A03FMM01.

▪ F[01-12]E01A03A05: F[13-24]/01A03FMM01-F[01-12]/03A05FMM03.

◦ Como a lonxitude da etiqueta resultante pode resultar excesiva para o espazo dispoñible, preferirase que a información das fibras se indique nunha liña separada respectando a orde. Poderase omitir tamén a información repetida respecto a bandexa local. A etiqueta resultante terá a seguinte forma:

▪ 01A03FMM01.

▪ E01A03A05: - 03A05FMM03.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

◦ Aceptándose tamén o uso da forma abreviada dos códigos de bandexa se por motivos de lexibilidade fose recomendable:

▪ 01A03FMM01.

▪ E01A03A05: - A05FMM03.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

• Enlace co armario A06.

◦ A bandexa deberá contar cunha etiqueta visible na cal se recolla a información do enlace nela terminado. Esta información incluirá os códigos de etiquetaxe de enlace e da bandexa remota. Ademais, deberanse identificar as fibras pertencentes ao enlace:

▪ 01A03FMM01.

▪ F[01-12]E01A03A05: F[13-24]01A03FMM01-F[01-12]03A05FMM03.

▪ F[01-12]E01A03A06:F[01-12]01A03FMM01-F[01-12]04A06FMM02.

◦ Como a lonxitude da etiqueta resultante pode resultar excesiva para o espazo dispoñible, preferirase que a información das fibras se indique nunha liña separada respectando a orde; e eliminarase a información repetida da bandexa local, da seguinte forma:

▪ 01A03FMM01.

▪ E01A03A05: - 03A05FMM03.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

▪ E01A03A06: - 04A06FMM02.

▪ F[01-12]: F[01-12]-F[01-12].

◦ Aceptándose tamén o uso da forma abreviada dos códigos de bandexa se por motivos de lexibilidade fose recomendable:

▪ 01A03FMM01.

▪ E01A03A05: - A05FMM03.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

▪ E01A03A06: - A06FMM02.

▪ F[01-12]: F[01-12]-F[01-12].

– Terceira bandexa de fibra multimodo do armario A05.

• Código de identificación: A05FMM03.

• Código de etiquetaxe: 03A05FMM03.

• A bandexa deberá contar cunha etiqueta visible na cal se reflicta o seu código de etiquetaxe: 03A05/FMM03.

• Enlace co armario A03 (primeira mangueira).

◦ A bandexa deberá contar cunha etiqueta visible na cal se recolla a información do enlace nela terminado. Esta información incluirá os códigos de etiquetaxe de enlace e da bandexa remota. Ademais, deberanse identificar as fibras pertencentes ao enlace:

▪ 03A05FMM03.

▪ F[01-12]E01A03A05: F[13-24]/01A03FMM01-F[01-12]/03A05FMM03.

◦ Como a lonxitude da etiqueta resultante pode resultar excesiva para o espazo dispoñible, preferirase que a información das fibras se indique nunha liña separada respectando a orde, e eliminarase a información repetida da bandexa local, da seguinte forma:

▪ 03A05FMM03.

▪ E01A03A05: 01A03FMM01-.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

◦ Aceptándose tamén o uso da forma abreviada dos códigos de bandexa se por motivos de lexibilidade fose recomendable:

▪ 03A05FMM03.

▪ E01A03A05: A03FMM01-.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

• Enlace co armario A03 (segunda mangueira).

◦ A bandexa deberá contar cunha etiqueta visible na cal se recolla a información do enlace nela terminado. Esta información incluirá os códigos de etiquetaxe de enlace e da bandexa remota. Ademais, deberanse identificar as fibras pertencentes ao enlace:

▪ 03A05FMM03.

▪ F[01-12]E01A03A05: F[13-24]/01A03FMM01-F[01-12]/03A05FMM03.

▪ F[01-12]E02A03A05: F[01-12]/01A03FMM02-F[12-24]/03A05FMM03.

◦ Como a lonxitude da etiqueta resultante pode resultar excesiva para o espazo dispoñible, preferirase que a información das fibras se indique nunha liña separada respectando a orde, e eliminarase a información repetida da bandexa local, da seguinte forma:

▪ 03A05FMM03.

▪ E01A03A05: 01A03FMM01-.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

▪ E02A03A05: 01A03FMM02-.

▪ F[01-12]: F[01-12]-F[13-24].

◦ Aceptándose tamén o uso da forma abreviada dos códigos de bandexa se por motivos de lexibilidade fose recomendable:

▪ 03A05FMM03.

▪ E01A03A05: 01A03FMM01-.

▪ F[01-12]: F[13-24]-F[01-12].

▪ E02A03A05: A03FMM02-.

▪ F[01-12]: F[01-12]-F[13-24].

– Primeira bandexa de fibra multimodo do armario A06.

• Código de identificación: A06FMM01.

• Código de etiquetaxe: 04A06FMM01.

(A etiquetxea adopta unha forma similar ao explicado para o armario A05).

– Tomas no armario A03.

• Códigos de identificación: [13-24]A03FMM01.

• Códigos de etiquetaxe: [13-24]/01A03/FMM01.

• As tomas pertencentes a un mesmo canal de comunicacións serán etiquetadas en conxunto coa información do outro extremo do enlace:

◦ Ás tomas 13A03FMM01 e 14A03FMM01 corresponderíalles unha etiqueta conxunta co código 01,02/03A05/FMM03.

◦ Como a lonxitude das etiquetas resulta excesiva para a súa colocación, será suficiente incluír o número de toma e o armario remoto do enlace. Deste xeito, a etiqueta que se colocará en conxunto ás tomas 13,14A03FMM01 será a seguinte: 01,02A05.

◦ Ás tomas 15A03FMM01 e 16A03FMM01 corresponderíalles unha etiqueta conxunta co código 03,04/03A05/FMM03, ou na súa forma adaptada, 03,04A05.

◦ Continuaríase así sucesivamente.

– Tomas no armario A05.

• Códigos de identificación: [01-12]A05FMM03.

• Código de etiquetaxe: [01-12]/03A05/FMM03.

• As tomas pertencentes a un mesmo canal de comunicacións serán etiquetadas en conxunto coa información do outro extremo do enlace:

◦ Ás tomas 01A05FMM03 e 02A05FMM03 corresponderíalles unha etiqueta conxunta co código 13,14/01A03/FMM01, ou na súa forma adaptada, 13,14A03.

◦ Continuaríase así sucesivamente.

– Tomas no armario A06.

• Códigos de identificación: [01-12]A06FMM01.

• Código de etiquetaxe: [01-12]/04A06/FMM01.

• As tomas pertencentes a un mesmo canal de comunicacións serán etiquetadas en conxunto coa información do outro extremo do enlace:

◦ Ás tomas 01A06FMM01 e 02A06FMM01 corresponderíalles unha etiqueta conxunta co código 01,02/01A03/FMM01, ou na súa forma adaptada, 01,01A03.

◦ Continuaríase así sucesivamente.

4.9.6 Tomas de telecomunicacións finais.

4.9.6.1 Código de identificación.

As tomas de telecomunicacións que permitirán a conexión de equipos terminais de rede quedarán identificadas polo código de identificación seguindo a seguinte sintaxe: «xxxAaa», onde:

– xxx: indica o número de orde da toma tal como aparece no plano. O dito valor é asignado na elaboración do plano numerándoas para cada armario, desde a planta máis inferior a máis superior, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita.

– A: é o carácter indicativo de armario.

– aa: indica o número de orde do armario. Este número é asignado numerando os armarios existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas (01 a 99).

Á hora de nomear as tomas, a orde será empezando pola planta máis inferior e collendo a máis próxima ao armario de comunicacións e as demais na orde das agullas do reloxo.

4.9.6.2 Código de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe construirase engadindo como prefixo o indicativo de planta ao código de identificación, seguindo a seguinte sintaxe: «pp/xxxAaa», onde:

– pp: corresponde co número da planta onde se atopará a toma, asignándolle o valor 0 á planta onde se sitúa a entrada principal do edificio e continuando a numeración en orde crecente de abaixo a arriba no caso de plantas máis elevadas; e con números negativos e decrecentes para plantas a nivel inferior.

Adicionalmente, engádese o carácter «/» como separador para facilitar a lexibilidade e separación entre números con diferentes significado.

A forma abreviada do código de etiquetaxe será o resultante de omitir a información de planta e coincidirá co código de identificación.

4.9.6.3 Criterios de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe da toma de telecomunicacións quedará rexistrado na propia toma de telecomunicacións, que deberá contar cunha etiqueta visible na cal se mostre o código asignado. Na toma de telecomunicacións será posible empregar a forma abreviada do código de etiquetaxe.

Adicionalmente, o código de etiquetaxe da toma de telecomunicacións quedará rexistrado (forma completa) na toma de terminación de cableado no panel de parcheo do armario de comunicacións que termina o enlace con esta, e nos latiguiños empregados tanto no armario de comunicacións como no equipo terminal de rede.

Exemplo 1: roseta 15 na planta 09 que finaliza nun armario etiquetado como A10 situado na planta 08:

• Código de identificación: 015A10.

• Código de etiquetaxe completo: 09/015A10.

• Código de etiquetaxe abreviado: 015A10 (só se poderá empregar na toma de telecomunicacións, nunca na bandexa).

4.9.7 Enlaces a tomas de telecomunicacións finais.

4.9.7.1 Código de identificación.

Os enlaces entre os armarios de comunicacións e as tomas de telecomunicacións finais será o resultado de engadir o prefixo de enlace ao código identificativo da toma de telecomunicacións final, seguindo a seguinte sintaxe: «ExxxAaa», onde:

– E: é o carácter indicativo de enlace.

– xxx: indica o número de orde da toma tal como aparece no plano. O dito valor é asignado na elaboración do plano numerándoas para cada armario, desde a planta máis inferior a máis superior, de arriba a abaixo e de esquerda a dereita.

– A: é o carácter indicativo de armario.

– aa: indica o número de orde do armario. Este número é asignado numerando os armarios existentes no edificio de abaixo a arriba e de esquerda a dereita sobre o plano onde están debuxadas as distintas plantas (01 a 99).

Exemplo 1: enlace entre o armario A03 e a toma de usuario 021A03:

• Código de identificación: E021A03.

4.9.8 Infraestruturas de soporte e distribución.

Todo o trazado de tubos e caixas de rexistro irán sinalizados mediante etiquetas bridas identificativas marcadas con rotulador indeleble. A distancia máxima entre etiquetas brida non excederá 5 m.

As canalizacións empregadas deben estar debidamente identificadas ao longo de todo o seu tendido polo edificio como canalizacións propias da infraestrutura de telecomunicacións e deberán conter información na que se identifique a pertenza a un determinado sistema de telecomunicacións.

4.9.9 Conversores de medios.

4.9.9.1 Códigos de identificación.

Os conversores de medios externos identificaranse mediante código segundo a seguinte sintaxe: «TxxAaa», onde:

– T: é o carácter indicativo do conversor de medios.

– xx: é o número de orde de transceptor dentro do armario correspondente.

– A: é o carácter indicativo do armario.

– aa: indica o número de orde do armario no cal se aloxa o conversor.

4.9.9.2 Códigos de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe dun conversor de medios é o resultado de engadir a información de planta no código de identificación, segundo a seguinte sintaxe: «Txx/ppAaa», onde:

– pp: correspóndese co número da planta onde se atopa o armario.

Adicionalmente, engádese o carácter «/» como separador para facilitar a lexibilidade e separación entre números con diferentes significado.

4.9.9.3 Criterios de etiquetaxe.

O conversor de medios deberá contar cunha etiqueta visible na cal se mostre o seu código de etiquetaxe.

As tomas individuais do conversor deberán contar con etiquetas nas cales se mostre os códigos de etiquetaxe dos elementos conectados ao conversor.

Exemplo 1: conversor número 3 situado no armario A31 da planta 4.

• Código de identificación: T01A31.

• Código de etiquetaxe: T01/04A31.

4.9.10 Circuítos eléctricos.

4.9.10.1 Códigos de identificación.

Os cadros eléctricos identificaranse polo código «Cnn», onde:

– C: é o identificador de cadro eléctrico.

– nn: é o número de cadro eléctrico.

Dentro de cada cadro, cada circuíto será identificado mediante códigos segundo a seguinte sintaxe: « Cnnf YYYy», onde:

– C: é o identificador de circuíto eléctrico.

– nn: é o número de circuíto ao que está conectado o regreteiro.

– f: é a fase do circuíto ao que está conectado o regleteiro (R,S, T ou 3 - para os circuítos trifásicos).

– YYY: é o identificador de tipo de alimentación que pode tomar os seguintes valores:

SAI: para a alimentación de sistema de alimentación ininterrompida (SAI).

GRUPO: para a alimentación protexida exclusivamente por grupo electróxeno.

REDE: para a alimentación de rede.

– y: é a letra identificativa do SAI ou grupo electróxeno ao que está conectado o circuíto.

4.9.10.2 Códigos de etiquetaxe.

O código de etiquetaxe dos cadros eléctricos coincidirá co código de identificación do cadro.

O código de etiquetaxe dos circuítos coincidirá co código de identificación segundo a seguinte sintaxe: «Cnnf YYYy «.

4.9.10.3 Criterios de etiquetaxe.

Identificarase cada cadro eléctrico cunha etiqueta exterior que indique «Cadro X» onde X será o número de cadro.

Cada circuíto contará coa súa etiqueta identificativa do código correspondente.

Exemplo 1: circuíto do SAI B número 15 fase R.

• Código de identificación: C15RSAIB.

• Código de etiquetaxe: C15RSAIB.

4.9.11 Regreteiros.

4.9.11.1 Códigos de identificación.

Os regreteiros dos armarios de comunicacións identificaranse segundo a seguinte sintaxe: «RxxAaa», onde:

– R: é o identificador de regleteiro.

– xx: é o número de regleteiro dentro do armarios.

– A: é o carácter indicativo do armario.

– aa: indica o número de orde do armario no cal se aloxa o regreteiro.

Dentro dun regreteiro, cada conector será identificado engadindo como prefixo do código do regleteiro seguindo a seguinte sintaxe: «uuRxxAaa», onde:

– uu: é o número do conector no regreteiro.

4.9.11.2 Códigos de etiquetaxe.

Os códigos de etiquetaxe dos regreteiros recollerán a información do circuíto ao cal se atopan conectados. Estes códigos son o resultado de engadir o identificador de regreteiro ao código de etiquetaxe do circuíto, segundo a seguinte sintaxe: «RxxAaaCnnfYYYy».

Este código poderase abreviar omitindo a información do armario: «RxxCnnf/YYYy».

Os códigos de etiquetaxe dos conectores individuais de cada regreteiro serán etiquetados de forma individual engadindo o número de conector ao código de etiquetaxe do regreteiro: «uuRxxAaaCnnfYYYy», ou, na súa forma abreviada «uuRxxCnnfYYYy».

4.9.11.3 Criterios de etiquetaxe.

Cada regreteiro dos armarios de comunicacións deberá dispor dunha etiqueta co seu código de etiquetaxe, na súa forma completa ou abreviada.

Exemplo 1: regreteiro 01 do armario A10 conectado ao SAI B circuíto 15 fase R.

• Código de identificación: R01A10.

• Código de etiquetaxe: R01A10C15RSAIB.

• Código de etiquetaxe abreviado: R01C15RSAIB.

Exemplo 2: conector da posición 05 do regreteiro 01 do armario 10 conectado no SAI B circuíto 15 fase R.

• Código de identificación: 05R01A10.

• Código de etiquetaxe: 05R01A10C15RSAIB.

• Código de etiquetaxe abreviado: 05R01C15RSAIB.

4.9.12 Cables de alimentación.

4.9.12.1 Códigos de identificación.

Os cables de alimentación non contarán con códigos de identificación propios.

4.9.12.2 Criterios de etiquetaxe.

Cada cable de alimentación deberá dispor de dúas etiquetas. No extremo do equipo a etiqueta mostrará o códigos de etiquetaxe do conector e regreteiro ao cal está conectado o cable de alimentación.

No extremo do regreteiro, o cable terá o nemónico do equipo e o número de fonte no caso de que dispoña de máis dunha.

4.9.13 Elementos para a asignación de circuítos (latiguiños).

4.9.13.1 Códigos de identificación.

Os latiguiños non contarán con códigos de identificación propios.

4.9.13.2 Criterios de etiquetaxe.

Como norma xeral, as etiquetas que se utilizarán serán «etiquetas bridas», se ben poderán ser substituídas por mecanismos similares aprobados polo órgano competente en telecomunicacións.

4.9.13.2.1 Latiguiños do armario de comunicacións.

Todos os latiguiños que se usen levarán, no extremo do panel de parcheo, unha etiqueta co mnemónico e o porto do equipo ao que está conectado esa toma.

No extremo do equipo, a etiqueta do latiguiño identificará a toma do panel á cal está conectada, segundo o descrito en Tomas de terminación de cableado en bandexas.

4.9.13.2.2 Latiguiños dos equipos de usuario.

Todos os latiguiños que se usen levarán, no extremo da toma de comunicacións o identificador do equipo ao cal está conectado.

No extremo do equipo, os latiguiños levarán unha etiqueta co código de etiquetaxe da toma de telecomunicacións (roseta) segundo o descrito en Tomas de telecomunicacións finais.

5 Procedementos de verificación.

Unha vez finalizada a instalación, procederase a realizar a verificación ou certificación desta. A totalidade dos cables, conectores e tomas deberán estar comprobados para evitar defectos de instalación e para verificar o funcionamento dos sistemas baixo as condicións instaladas.

Será reparada calquera deficiencia detectada durante a realización desta actividade.

Para realizar a certificación utilizarase o equipamento de medida máis axeitado. O equipo de medida deberá ter certificado de calibración en vigor, e tal como se recolle no punto de documentación, deberá achegarse unha copia xunto co informe de certificación do cableado.

A certificación farase sobre o enlace permanente, de maneira que se certifica desde os paneis de parcheo no armario de comunicacións ata as tomas de telecomunicacións ambos os dous elementos incluídos. Os latiguiños de parcheo e os latiguiños de conexión aos equipos non se inclúen.

Cada medida almacenarase cun identificador único, que permita a súa doada localización. Entregaranse as medidas de todos os enlaces en soporte electrónico.

Tal e como se recolle na sección de documentación, entregarase ao órgano de telecomunicacións competente a documentación final de cada instalación un informe completo das probas realizadas sobre o conxunto de todos os sistemas de cableado instalados no centro. Todas as medicións deberanse incluír no informe de certificación do enlace no formato que resulte máis apropiado para a súa visualización.

Adicionalmente, incluirase unha táboa resumo por cada enlace certificado na cal se resuman os principais parámetros medidos no procedemento de verificación. As medidas deberán estar asociadas ao código identificativo do enlace no caso de enlaces entre armarios; e o código identificativo da toma de terminación final no caso das tomas de usuario.

O órgano competente en materia de telecomunicacións poderá facilitar plantillas para indicar os datos e formatos requiridos na táboa.

5.1 Verificación da instalación de cable de cobre.

O licitador deberá achegar a certificación emitida por un laboratorio independente de que o fabricante do SCE da clase/categoría correspondente (por defecto de clase E/categoría 6) cumpre cos parámetros exixidos a nivel de compoñentes, enlace e canal en todas as configuracións recollidas nas normas ISO 11801 e TIA/EIA-568-B. Os valores reportados serán o peor caso para cada frecuencia.

O licitador deberá achegar a certificación emitida por un laboratorio independente de que o fabricante do SCE cumpre cos parámetros exixidos a nivel de compoñentes, enlace e canal en todas as configuracións recollidas nas normas ISO 11801 e TIA/EIA-568-B para a categoría de cable empregado. Os valores reportados serán o peor caso para cada frecuencia.

Débense presentar resultados das probas do 100 % dos enlaces entre o armario e a toma do usuario. Os datos presentados nas probas incluirán a suficiente información para describir completamente cada un dos enlaces.

As probas que van realizar basearanse nos parámetros de transmisión exixidos pola normativa ISO 11801 e TIA/EIA-568-B.

Para iso utilizarase un equipo de medida de nivel III con adaptadores de medida estándar independente de fabricantes, configurado co correspondente test de enlace permanente da clase correspondente (por defecto, clase E).

Antes de comezar a fase final de certificación, os equipos empregados nesta deberán calibrarse conxuntamente usando a función de autochequeo. Ademais, os equipos empregados na fase de certificación estarán correctamente calibrados segundo as recomendacións do fabricante. A calibración será realizada polo propio fabricante ou por un laboratorio autorizado.

Todas as probas se realizan empregando os retrousos orixinais para os equipos de test, que serán universais. Os retrousos para os equipos de test non deben exceder individualmente os 2 metros, ou 4 metros en conxunto, e deben conectarse ao enlace en ambos os extremos, repartidor e roseta, sen empregar adaptadores, a menos que se especifique polo fabricante do equipo.

O enlace permanente a analizar debe consistir no conxunto toma de usuario, cableado horizontal, panel de parcheo e retrouso de parcheo.

As seguintes probas son as mínimas a realizar en todos os pares de cada enlace permanente de cobre, e débense realizar como se describe neste punto. O enlace será aceptado se todos os parámetros a certificar se atopan dentro dos límites exixidos pola norma correspondente.

Estas probas realizaranse co equipo homologado correspondente, cubrindo o rango de frecuencias exixido para a categoría de cable empregada (1-250 MHz para clase E) e cubrirán os seguintes aspectos:

a) Esquema de asignación de pins. Cada cable instalado debe ser testado para asegurar unha correcta terminación dos condutores, e deberá incluírse na documentación un mapa de condutores do enlace indicando a correlación dos pares de cada patilla. Este test avaliarase como superado cando cada enlace pase as probas que se detallan a continuación e será incluído no documento final de certificación, presentado nun formato adecuado.

• Continuidade ata o extremo remoto.

• Curtocircuítos entre dous ou máis condutores.

• Pares cruzados.

• Pares invertidos.

• Pares partidos.

• Outros problemas na conexión dos condutores.

b) Lonxitude. Débese determinar a lonxitude física de cada cable horizontal instalado. O rexistro do test debe indicar a lonxitude física do cable baseada no par de menor lonxitude eléctrica.

c) Atenuación. Débese medir a atenuación de todos os pares de cada cable inxectando un sinal no extremo remoto e realizando a medida no extremo máis próximo. Como mínimo, o equipo de test debe avaliar o peor caso de atenuación, que se indicará no informe de certificación.

d) Atenuación de paradiafonía (NEXT). Esta medida debe ser realizada para todas as combinacións de pares en cada cable do subsistema horizontal. Ademais, débese realizar nos dous sentidos do enlace repartidor-toma de usuario, rexistrándose o peor caso de NEXT ou a marxe de cada cable en cada sentido do enlace.

e) Ratio atenuación/diafonía (ACR). Este ratio debe medirse en todas as combinacións de pares de cada cable do subsistema horizontal. As probas para medilo deben realizarse nos dous sentidos do enlace repartidor-toma de usuario, rexistrándose o peor caso de ACR ou a marxe para cada cable en cada sentido do enlace.

f) Equal Level Far End Crosstalk (ELFEXT). FEXT é a medida do nivel de sinal non desexada acoplada desde un extremo transmisor ao receptor do extremo afastado conectado a un dos pares veciños. ELFEXT ten en conta o FEXT comparado co nivel de sinal esperado, expresado en dB.

g) Power Sum Crosstalk (PS NEXT, PS ELFEXT e PS ACR). As medidas de NEXT e ELFEXT soamente teñen en conta interaccións par a par, no entanto, é necesario dispor de medidas que teñan en conta o caso peor no que os 4 pares dun cable transmitan sinal simultaneamente. As medidas de Power Sum NEXT e Power Sum ELFEXT permiten comprobar esta situación.

h) Perdas de retorno. Este parámetro defínese como a relación do sinal reflectido respecto ao sinal transmitido debido principalmente á desadaptación de impedancia.

i) Diferenza de retardos. É a diferenza do retardardamento de propagación en cada un dos 4 pares do cable.

5.2 Verificación da instalación de cable de fibra óptica.

Realizaranse as probas necesarias para garantir a calidade dos enlaces de fibra óptica, contrastando os valores de atenuación do enlace segundo o establecido na normativa ISO 11801. As probas que hai que realizar serán as seguintes:

a) Medición da atenuación. Estas medidas realizaranse en enlaces horizontais e verticais. A medida da atenuación realizarase empregando unha fonte nun extremo e un medidor de potencia colocado no outro extremo. Medirase a diferenza de niveis á entrada e á saída da fibra baixo proba. A medida de atenuación total nunca deberá ser superior á calculada teoricamente para a instalación máis a súa marxe de seguridade. Este valor teórico determínase segundo se especifica neste anexo. Ademais, terase en conta que para enlaces que soamente inclúan conexións ou empalmes nos extremos será suficiente con realizar as medidas nunha soa dirección. Cando existan conexións ou empalmes intermedios exixiranse medidas nas dúas direccións.

b) Medicións reflectométricas. Estas medidas realizaranse cun reflectómetro óptico e permitirán avaliar a continuidade da fibra, detectar defectos e medir empalmes. As probas consistirán nunha medida OTDR bidireccional extremo a extremo. As medidas de perda do sistema realizaranse a 850 e 1310 nm para fibras multimodo e monomodo.

Realizaranse medidas de atenuación de tramo, de empalme e de conector e calcularase o valor de atenuación total obtido de forma que se poderá comprobar se cumpre os requisitos de transmisión mínimos para a aceptación dos sistemas de cableado de fibra óptica tal e como se especifica.

5.3 Verificación da instalación de mangueiras de pares.

O cableado multipar de categoría 3 deberá cumprir cos parámetros de rendemento ANSI/TIA 568B para cables de categoría 3.

O cableado subministrado deberá estar certificado para aplicacións clase A (aplicacións de voz ou baixo frecuencias ata 100 kHz) e aplicacións clase B (aplicacións de datos de baixa velocidade ata 1 MHz) por un organismo recoñecido, capacitado para poder realizar o conxunto das probas definidas na norma ISO 11801.

Verificarase a continuidade eléctrica e a correspondencia dos pares entre o rexistro principal e os armarios de distribución.

5.4 Verificación da instalación de cables coaxiais.

Certificaranse os sistemas de cableado coaxial para verificar o cumprimento da clase de cableado empregado e os requisitos descritos no RD 346/2011.

5.5 Verificación da instalación eléctrica dedicada.

A instalación eléctrica adicada debe cumprir o Regulamento electrotécnico de baixa tensión. A empresa instaladora debe elaborar os boletíns necesarios e realizar os trámites de aceptación da instalación eléctrica ante os organismos competentes.

Entregaranse, como parte da documentación de certificación, copia dos boletíns selados polo organismo competente.

6 Documentación técnica necesaria.

Como norma xeral, e a menos que se solicite expresamente a utilización doutro formato, toda a documentación presentarase en formato electrónico empregando o formato PDF Portable Document format (norma ISO 19005-1:2005). Dentro do posible, a documentación subministraranse tamén en formato ODF (OASIS Open Document Format, norma ISO/IEC 26300).

A seguinte documentación entregarase ademais nos formatos indicados:

• Os planos e diagramas deberán ser subministrados en formato CAD (ficheiros DWG - Drawing e DXF - Drawing Exchange Format).

• Os esquemas deberán ser subministrados en formatos editables mediante ferramentas gráficas de común uso, como, por exemplo, ficheiros VSD, VDX, XML ou similares.

A seguinte documentación entregarase unicamente nos formatos indicados:

• As fotografías subministraranse en formato de imaxe. Os nome dos ficheiros construirase sobre o código de identificación do elemento seguindo a seguinte sintaxe: «<código_identificativo>.<número de imaxe>.<formato de imaxe>».

Co obxecto da incorporación dos datos do proxecto aos sistemas automatizados de xestión, o órgano competente de telecomunicacións poderá requirir a entrega de datos tabulados en formatos non propietarios para o cal facilitará plantillas. Tipicamente, estes datos incluirán información de inventariado, posicionamento e valores obtidos no proceso de certificación de cableado.

Sempre que sexa posible, os elementos na documentación serán referenciados segundo os códigos de identificación descritos nesta guía.

6.1 Proxecto de infraestrutura de comunicacións.

Con carácter previo ao inicio dos traballos, o adxudicatario entregará ao organismo contratante un proxecto técnico de execución, denominado en adiante PIC - proxecto de infraestrutura de comunicacións.

O PIC describirá detalladamente todos os elementos que compoñen a instalación, a súa situación e as súas dimensións, con mención das normas que cumpren.

Este proxecto deberá contar polo menos cos seguintes puntos:

a) Memoria. Na súa elaboración deberán terse en conta os resultados obtidos tras a consulta e intercambio de información entre o proxectista da ICT e os diferentes operadores de telecomunicación segundo o requirido ao longo desta guía, incluíndo a información necesaria para identificar de forma inequívoca esta. Na memoria especificaranse os seguintes puntos:

a. Descrición da edificación.

b. Descrición dos servizos e sistemas que se inclúen na infraestrutura xunto coas previsións de demanda.

c. Análises e deseño do proxecto.

1. Descrición dos elementos que compoñen a infraestrutura.

2. Cálculos de dimensionamento.

3. Cálculos de coberturas e niveis de sinal nos distintos puntos da instalación.

4. Esquemas de sistemas e subsistemas.

5. Diagramas unifilares da instalación eléctrica que proporciona servizo aos recintos de comunicacións.

b) Planos. Os planos indicarán, polo menos, os seguintes datos:

a. Esquemas de principio da instalación.

b. Tipo, número, características e situación dos elementos da infraestrutura, canalizacións de telecomunicacións da edificación.

c. Localización dos postos de usuario.

d. Situación e ordenación dos recintos de comunicacións e armarios de comunicacións.

e. Outras instalacións previstas na edificación que puidesen interferir ou ser interferidas no seu funcionamento coa infraestrutura.

f. Patiniños, seccións do edificio relevantes, arqueta de entrada de telecomunicacións.

g. Detalles de execución de puntos singulares, cando así se requira pola súa índole.

c) Pregos de condicións. Determinaranse as calidades dos materiais e equipos e as condicións de montaxe. En concreto, para o material empregado para o cableado será preciso incluír a seguinte documentación:

a. Parámetros de transmisión garantidos.

b. Especificacións físicas, eléctricas e ópticas (no caso de utilización de fibra óptica).

c. Follas comerciais de especificacións técnicas de cada material ofertado, onde se sinalarán os requirimentos e clasificacións que cumpra.

d) Orzamento. Especificaranse o número de unidades e prezo por unidade de cada unha das partes nas que se poidan descompoñer os traballos, e deberán quedar definidas as características, modelos, tipos e dimensións de cada un destes elementos.

6.2 Documentación final de obra.

A documentación fin de obra incluirá, como mínimo, a seguinte información:

a) Identificación e descrición dos distintos elementos integrantes da infraestrutura.

b) Esquemas de sistemas e subsistemas, así como dos elementos que forman parte da infraestrutura identificando os elementos polos códigos identificativos descritos nesta guía; así como todos aqueles que sexan precisos para identificar outros elementos.

c) Diagramas unifilares da instalación eléctrica que proporciona servizo aos recintos de comunicacións.

d) Descrición dos materiais empregados na instalación.

e) Esquemas de ocupación dos armarios cos datos dos elementos nel instalados.

f) Follas de especificacións técnicas de todo o material instalado e as declaracións de conformidade coa norma (canalizacións, caixas de rexistro, latiguiños e videoporteiros).

g) Manuais de uso dos sistemas activos instalados:

a. Manual de uso do sistema de videoporteiro instalado.

h) Planos coa situación de todos os elementos instalados, incluídos todos os puntos de conexión cos seus códigos de identificación, canalizacións, rexistros practicables e demais características. Os planos indicarán os seguintes datos:

a. Tipo, número, características e situación dos elementos da infraestrutura, canalizacións de telecomunicacións da edificación.

b. Situación dos postos de usuario.

c. Situación e ordenación dos recintos de comunicacións e armarios de comunicacións.

d. Outras instalacións previstas na edificación que puidesen interferir ou ser interferidas no seu funcionamento coa infraestrutura.

e. Patiniños, seccións do edificio relevantes, arqueta de entrada de telecomunicacións.

f. Detalles de execución de puntos singulares, cando así se requira pola súa índole.

i) Informe de certificación de cableado (só en formato PDF):

a. Marca, modelo e número de serie dos equipos homologados de medida empregados pola empresa instaladora nas probas e o certificado de calibración destes que deberá ter unha antigüidade non superior a un ano.

b. Resultados das probas de certificación descritas para o cableado de cobre, segundo o descrito no punto de verificación.

c. Resultados das probas de verificación de cableado de fibra óptica, segundo o descrito no punto de verificación.

d. Informes de certificación doutros tipos de cableado instalados.

j) Fotografías dos elementos instalados:

a. Foto de cada armario completo na cal se observe que dispón da etiquetaxe indicada neste documento.

b. Foto de cada cadro eléctrico completo na cal se observe a correcta etiquetaxe e as características dos elementos instalados descritos na presente guía.

c. Foto de cada panel de cableado de cobre completo no cal se observe a correcta etiquetaxe dos portos.

d. Foto de cada panel de cableado de fibra completo no cal se observe a correcta etiquetaxe dos portos.

e. Foto de cada panel de cableado multipar completo no cal se observe a correcta etiquetaxe dos portos.

f. Foto dun rexistro de toma de cada tipo no cal se observe a correcta etiquetaxe e características (será suficiente incluír unha foto por cada tipo de rexistro de toma).

g. Foto de cada regleteiro de alimentación completo na cal se observe a correcta etiquetaxe e características.

h. Foto de cada videoporteiro completo na cal se observe a correcta etiquetaxe e a colocación dos correspondentes carteis de aviso.

k) Información precisa para a xestión das garantías exixidas en canto a materiais e instalacións.

l) NIF da empresa instaladora do cableado de comunicacións.

m) Información tabulada (facilitaranse plantillas por parte do órgano competente de telecomunicacións):

a. Relación de elementos instalados co seu código de identificación do elemento e a correspondencia co seu número de serie, fabricante e modelo do elemento.

b. Relación de elementos identificados por código con información do seu lugar de instalación ou elemento contedor.

c. Resultados das probas das verificación de cableado referenciados por código de identificación do enlace.

Todos estes documentos deberán estar asinados polo responsable da empresa instaladora.

7 Normativa aplicable.

A instalación das redes de cableado cumprirá cos requisitos da lexislación vixente, así como cos criterios que para este propósito se xeran desde entidades ou organismos de normalización.

A lexislación aplicable constará dos regulamentos e instrucións publicados como reais decretos, ordes ministeriais e resolucións no Boletín Oficial del Estado.

Os criterios que se xeren desde organismos de normalización serán normas con estatus de Norma Europea (EN) cando proveñan de CENELEC, de Norma Española na súa correspondente transposición por AENOR, de Estándar Internacional (IS) cando proveña de ISO e estándares de aplicación cando proveñan do sector da industria, tal como IEEE.

As normas aplicables ao cableado de organismos de normalización proveñen maioritariamente de 4 organizacións:

• AENOR no ámbito español.

• CENELEC no ámbito europeo.

• TIA no ámbito estadounidense.

• ISO/IEC no ámbito mundial.

• IEEE no ámbito da industria para as telecomunicacións.

7.1 Regulamentos e disposicións legais adicionais.

• Real decreto 824/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico de baixa tensión.

• Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

• Real decreto 444/1994, do 11 de marzo, polo que se establecen os procedementos de avaliación da conformidade e os requisitos de protección relativos á compatibilidade electromagnética dos equipos, sistemas e instalacións.

• Real decreto 1950/1995, do 1 de decembro, polo que se modifica o Real decreto 444/1994.

• Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso aos servizos de telecomunicación no interior das edificacións.

• Real decreto 314/2006, do 17 de marzo, polo que se aproba o Código técnico de edificación.

• Real decreto 57/2005, do 21 de xaneiro, polo que se establecen prescricións para o incremento da seguridade do parque de ascensores existente.

• Decreto 44/2008, do 28 de febreiro, polo cal se regulan os requirimentos das empresas conservadoras de ascensores e se desenvolven conceptos relativos ao grao de ocupación das vivendas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

7.2 Normativa de ámbito español (AENOR).

• UNE EN 50310 Aplicación das redes equipotenciais e das postas á terra nos edificios con equipos de tecnoloxías da información.

• Serie de normas UNE EN 50173 Tecnoloxía da información. Sistema de cableado xenérico.

• Serie de normas UNE EN 60793 Fibra óptica. Métodos de medición e procedementos de ensaio.

• Serie de normas UNE EN 60332 Métodos de ensaio para cables eléctricos e cables de fibra óptica sometidos a condicións de lume.

• UNE EN 50174-1 Tecnoloxía da información. Instalación do cableado. Especificación e aseguramento de calidade.

• UNE EN 50174-2 Tecnoloxía da información. Instalación do cableado. Métodos de planificación da instalación no interior dos edificios.

• UNE EN 50265. Métodos de ensaio comúns para cables sometidos ao lume. Ensaio de resistencia á propagación vertical da chama para un condutor individual illado ou cable.

• UNE EN 50266-2 Métodos de ensaio comúns para cables sometidos ao lume. Ensaio de propagación vertical da chama de cables colocados en capas en posición vertical.

• UNE EN 50267-2 Métodos de ensaio comúns para cables sometidos ao lume. Ensaio de gases desprendidos durante a combustión de materiais procedentes dos cables.

• UNE EN 50268-2 Métodos de ensaio comúns para cables sometidos ao lume. Medida da densidade dos fumes emitidos por cables en combustión baixo condicións definidas.

• UNE-EN 50290 Cables de comunicacións.

• UNE-EN 50118 - Cables coaxiais.

• UNE EN 50346 Tecnoloxía da información. Instalación de cableado - Verificación do cableado instalado.

• UNE-EN 61537 Condución de cables. Sistemas de bandexas e de bandexas de escaleira.

• UNE 20431 Características dos cables eléctricos resistentes ao lume.

• UNE-EN 61386 Sistemas de tubos para a condución de cables.

• UNE-EN 50085 Sistema de canles para cables e sistemas de condutos pechados de sección non circular para instalacións eléctricas.

• UNE-HD 627-7M Cables multiconductores e multipares para a instalación en superficie ou enterrada. Parte 7.

• UNE-EN 12094 Sistemas fixos de loita contra incendios. Compoñentes para sistemas de extinción mediante axentes gasosos.

• UNE-EN 12259 Sistemas fixos de loita contra incendios. Compoñentes para sistemas de rociadores e auga pulverizada.

• UNE-EN 12825 Pavimentos elevados rexistrables.

7.3 Normativa de ámbito europeo (CENELEC).

• CENELEC EN 50310 Application of equipotential bonding and hearting in buildings with information technology equipment.

• CENELEC EN 50173 Series. Information technology - Generic cabling system.

• CENELEC EN 50174-1 Information technology - Cabling installation Part 1: Specification and quality assurance.

• CENELEC EN 50174-2 Information technology - Cabling installation Part 2: Installation planning and practices inside buildings.

• CENELEC EN 50266-2 Common test methods under fire conditions. Test for vertical flame spread of vertically mounted bunched wires or cables.

• CENELEC EN 50267-2 Common test methods under fire conditions. Test on gases evolved during combustion of material from cables.

• CENELEC EN 50268-2 Common test methods under fire conditions. Measurement of smoke density of cables burning under defined conditions.

• CENELEC EN 50346 Information technology - Cabling Installation - Testing of Installed Cabling.

7.4 Normativa de ámbito mundial (ISO/IEC).

• ISO/IEC IS 11801 Ed. 2.1. Information technology - Generic cabling for customer premises.

• ISO/IEC IS 14763-1 Information technology - Implementation and operation of customer premises - Part 1: Administration.

• ISO/IEC IS 14763-2 Information technology - Implementation and operation of customer premises - Part 2: Planning and installation.

• ISO/IEC IS 14763-3 Information technology - Implementation and operation of customer premises - Part 3: Acceptance Testing for Optical Cabling.

• IEC 61935-1 Generic cabling systems - Specification for the testing of balanced communication cabling in accordance with ISO/IEC 11801 - Part 1: Installed cabling.

7.5 Normativa de ámbito da industria para telecomunicacións (IEEE).

• IEEE 802.3, 10Base-T, 10Base-FL, 100Base-TX, 100Base-FX, 1000Base-T, 10GBase-T, 1000Base-SX, 1000Base-LX, IEEE 802.3af, IEEE802.1p/q.

• IEEE 802.11g, IEEE 802.11i, IEEE 802.1x.

• TIA/EIA - 492AAAC, especificacións detalladas para fibra multimodo de índice gradual optimizada para láser na primeira ventá (850-nm) con núcleo de 50 micras e recubrimento de 125 micras.

7.6 Outra normativa de posible aplicación.

• TIA/EIA-568-B.3-1 - Optical Fiber Cabling Components Standard - Addendum 1 - Additional Transmission Performance Specifications for 50/125µm Optical Fiber Cables, April 1, 2002.

• TIA/EIA-568-B.2-1 (June 2002) Commercial Building Telecommunications Cabling Standard - Part 2: Balanced Twisted Pair Components - Addendum 1 - Transmission Performance Specifications for 4-Pair 100 Ohm Category 6 Cabling (ANSI/TIA/EIA-568-B.2-1-2002).

• ANSI/TIA-568-B.2-10 (Marzo 2008). Transmission Performance Specifications for 4-Pair 100 Ohm Augmented Category 6 Cabling.

• TIA/EIA 862 Building Automation Systems Cabling for Commercial Buildings, April 11, 2002.

• TIA/EIA 569 - Commercial Building Standard for Telecommunications Pathways and Spaces.

• TIA/EIA 606-A - Administration Standard for Commercial Telecommunications Infrastructures, June 21, 2002