Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 26 de setembro de 2016 Páx. 44006

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016 pola que se publica o plan de estudos de máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade para esta universidade e a Universidade de Vigo.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 26.12.2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015 mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015),

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 35 da Lei orgánica 6/2001, de universidades, na redacción dada pola Lei orgánica 4/2008, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo, que quedará estruturado segundo consta no anexo.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo

Rama de coñecemento: artes e humanidades.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias

27

Optativas

24

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster:

Materia

Carácter

Créditos

Módulo

Prospección arqueolóxica

OB

3

Módulo xeral

Escavación arqueolóxica

OB

6

Procesamento e xestión da evidencia arqueolóxica

OB

3

Identificación e estudo de materiais arqueolóxicos

OB

6

Paleoambiente e arqueoloxía

OB

3

Lexislación e xestión da actividade arqueolóxica

OB

3

Patrimonio arqueolóxico e sociedade

OB

3

Ocupación do territorio no noroeste peninsular

OP

3

Módulo Arqueoloxía

Arqueoloxía pública

OP

3

Modelaxe de información arqueolóxica

OP

3

Teoría arqueolóxica

OP

3

Etnoarqueoloxía e arqueoloxía experimental

OP

3

Tecnoloxías xeoespaciais en arqueoloxía

OP

3

Cultura material pre e protohistóricas

OP

3

Cultura material romana e tardoantiga

OP

3

Prácticum

OP

6

A romanización en occidente

OP

3

Módulo Historia do mundo clásico

Epigrafía clásica e historia da moeda

OP

3

Metodoloxía da historia das relixións prehistóricas e antigas

OP

3

Modelos antropolóxicos para o estudo das sociedades antigas

OP

3

Fontes literarias para a historia do mundo clásico

OP

3

Iconografía e mitoloxía clásicas

OP

3

Traballo fin de máster

OB

9

Traballo fin de máster

Este máster estrutúrase en dúas especialidades:

– Arqueoloxía.

– Historia do mundo clásico.

O alumno pode obter a titulación cunha especialidade, cursando 18 ECTS vinculados á especialidade, ou ben obter o título sen especialidade, cursando materias de ambas as dúas especialidades, sen chegar a completar os 18 ECTS en ningunha delas.