Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 17 de outubro de 2016 Páx. 47000

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 26 de setembro de 2016, da Área Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia dun requirimento de documentación, en relación co procedemento de segundas adxudicacións de vivendas no concello de Poio (Pontevedra).

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro do requirimento deberá efectuarse ante a Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Pontevedra, sita na rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 26 de setembro de 2016

María Martínez Allegue
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO
Expediente: procedemento de segundas adxudicacións
de vivendas no concello de Poio

Persoa interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto de notificación

Josieli de Fátima Ferreira

NIE: ... 859F

Requirimento de documentación

Julia Jiménez Montoya

DNI: ...357A

Requirimento de documentación