Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Mércores, 19 de outubro de 2016 Páx. 47147

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento por parte das organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Conforme o establecido no artigo 16 da Orde do 28 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento por parte das organizacións non gobernamentais de desenvolvemento, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 29 de xullo de 2016, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 28 de abril de 2016 (DOG núm. 92, do 16 de maio) para a execución de:

– Nove (9) proxectos de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global de trescentos vinte e cinco mil euros (325.000 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2016

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de educación para o desenvolvemento

Expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total

Ano 2016

Ano 2017

PR 804A 2016/25

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Investigando a dimensión global da educación para o desenvolvemento. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro de ensinanza secundaria de Galicia. Fase II

48.192,85

44.919,00

17.967,60

26.951,40

2016/22

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Rede solidaria da mocidade: cidadanía global, empoderamento e participación para o cambio social dos grupos solidarios no curso 2016/17

41.496,00

35.000,00

14.000,00

21.000,00

2016/10

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupada con Agareso

Mellora das capacidades e ferramentas xeradoras de conciencia crítica no ensino infantil, de primaria, de secundaria e universitario galego

47.560,00

45.000,00

18.000,00

27.000,00

2016/20

Fundación Educación y Cooperación-Educo agrupada con Fundación Ayuda en Acción, Fundación Entreculturas Fe y Alegría y Fundación Taller de Solidaridad

Campaña mundial pola educación 2017 en Galicia

42.000,00

39.000,00

15.600,00

23.400,00

2016/27

Asociación para o Comercio Xusto e Solidario-Panxea agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela

USC sustentable. Comercio xusto, ciclos curtos de distribución e consumo responsable

37.623,35

29.523,00

11.809,20

17.713,80

2016/14

Asociación ONG de Cooperación para o Desenvolvemento Galega de Reporteiros Solidarios-Agareso

Fomento da conciencia social e capacidade de comunicación crítica do colectivo adolescente dos municipios de Ames, Boiro, Viana do Bolo e A Guarda

32.268,00

30.138,00

12.055,20

18.082,80

2016/23

Enxeñería sen Fronteiras Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Proxecto de difusión da tecnoloxía para o desenvolvemento humano na comunidade educativa e profesional de base tecnolóxica e na sociedade galega en xeral 2016-2017

66.272,67

44.996,00

17.998,40

26.997,60

2016/21

Fundación Oxfam Intermón

Galicia fronte á desigualdade: respostas desde unha fiscalidade xusta

36.790,00

28.940,00

11.576,00

17.364,00

2016/5

Fundación InteRed agrupada coa Universidade de Santiago de Compostela

Procesos educativos para a construción dunha cultura da sustentabilidade, o coidado e a cooperación en centros educativos de Galicia

45.896,00

27.484,00

10.993,60

16.490,40

Total

398.098,87

325.000,00

130.000,00

195.000,00