Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 25 de outubro de 2016 Páx. 47664

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 19 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

Advertidos erros na resolución citada, publicada no Diario Oficial de Galicia número 198, do 18 de outubro de 2016, realízanse as correccións oportunas.

Na páxina 47026, onde figura:

Convenio

Importe €

Data sinatura

«Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Muíños para o mantemento da brigada de protección e mantemento de espazos naturais».

38.000 €

12.8.2016

Debe figurar:

Convenio

Importe €

Data sinatura

«Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Concello de Bande e o Concello de Muíños para o mantemento da brigada de protección e mantemento de espazos naturais».

38.000 €

12.8.2016