Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 3 de novembro de 2016 Páx. 48765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Porriño (expediente IN407A 2016/538-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Maviva, S.A.

Domicilio social: avenida Citroen Zona Franca 2, 36210 Vigo.

Denominación: LMTS, CS polígono industrial SUR PPI-6, parcela 58.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV, con conductor RHZ1, de 10 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS existente de Electra Alto Miño, S.A., unha vez entre e saia do centro de seccionamento proxectado. Centro de seccionamento, con tres celas de liña, con illamento e corte en SF6, situado na parcela 58 do polígono industrial SUR PPI-6, O Porriño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 23 de setembro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra