Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 4 de novembro de 2016 Páx. 48899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica a interposición do recurso contencioso-administrativo e se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 4395/2016, interposto contra a Orde do 28 de abril de 2016 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Porto do Son.

Para os efectos de cumprir o solicitado pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección 2ª), no Oficio do 20 de setembro de 2016, en que se solicita a publicación no Diario Oficial de Galicia da interposición do recurso contencioso-administrativo e o emprazamento ás persoas interesadas, no procedemento ordinario número 4395/2016, contra a Orde do 28 de abril de 2016, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Porto do Son. Esta secretaría xeral técnica acorda nesta data, e de conformidade co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o emprazamento ás persoas interesadas, para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio