Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Moaña (expediente IN407A 2016/93-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e da necesidade da urxente ocupación que leva implícita, e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS CII809 CS Latón.

Situación: Moaña.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ de 481 metros de lonxitude, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no centro de transformación existente Latón II. Centro de seccionamento, con celas prefabricadas baixo envolvente metálica, situado en Latón, parroquia de Meira, Moaña.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 23 de xuño de 2016, no BOP do 28 de xuño de 2016, no xornal Faro de Vigo do 17 de xuño de 2016 e no taboleiro de anuncios do Concello de Moaña. Tamén se notificou individualmente aos titulares dos predios afectados pola instalación segundo a relación facilitada pola empresa peticionaria. Durante o mencionado trámite recibíronse as seguintes alegacións:

Con data do 13 de xuño de 2016, J.M. de la Torre Lamosa presenta nesta xefatura territorial escrito de alegacións, no cal figura como titular 2 Rías, S.L., en relación co expediente IN407A 2016/93-4 LMTS CII809, CS Latón.

Con data do 12 de setembro de 2016, Unión Fenosa Distribución, S.A., presenta nesta xefatura territorial contestación á alegación formulada por J.M. de la Torre Lamosa.

Unha vez examinados os ditos escritos, conclúese que:

Se deu cumprimento ao establecido no artigo 144 do Real decreto 1955/2000 «información pública».

Non consta neste expediente solicitude por parte do interesado de petición de información da tramitación do procedemento nin obtención de copias dos documentos contidos no expediente.

No escrito de alegacións, J.M. de la Torre Lamosa non propón trazado alternativo ao proxecto de execución, polo que non se pode valorar o indicado no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG núm. 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construcción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 14 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquer outro recurso que se coide pertinente.

Pontevedra, 6 de outubro de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra