Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Martes, 8 de novembro de 2016 Páx. 49288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnico de xestión A2, por promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 231, do 7 de outubro de 2016, publicáronse as bases que rexerán a convocatoria pública para prover unha praza de técnico de xestión da Área Económica, Administración xeral, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Chantada, 11 de outubro de 2016

Manuel L. Varela Rodríguez
Alcalde