Exponse ao público, polo prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de expropiación de parte da parcela número 769 do plano de concentración parcelaria de Oroso, A Gándara, Deixebre, Trasmonte, do termo municipal de Oroso (referencia catastral: 15061A501007690000ML), sita nos Mariñaos, parroquia de Oroso, fronte á estrada N-550, inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 553, libro 62, folio 66, predio rexistral 9.603.
Exprópiase unha superficie de 446,00 m2 que se corresponde coa parte da parcela onde o Plan xeral de ordenación municipal de Oroso prevé o bombeo nº 2 da estrada N-550. A parcela está cualificada como solo rústico de protección natural, solo rústico de protección de augas e solo rústico de protección de infraestruturas.
Faise público para que, conforme o artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aqueles que poidan resultar interesados formulen as alegacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
Oroso, 17 de outubro de 2016
Manuel Mirás Franqueira
Alcalde