Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Venres, 18 de novembro de 2016 Páx. 51534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Mondoñedo (expediente IN407A 2016/45-2, 8354 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial das Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: reforma CD 1812 Carrozarías.

Situación: concello de Mondoñedo.

Características técnicas:

1. Reforma no CT Carrozarías en edificio non prefabricado, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección, cunha potencia proxectada de 630 kVA e unha potencia inicial de 160 kVA, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

2. RBT soterrada formada por tres circuítos, con orixe no CT Carrozarías, e final nas RBT aéreas existentes en condutor tipo RV.

3. RBT aérea formada por tres circuítos, con orixe nun apoio existente e final nas RBT existentes, cunha lonxitude de 125 metros en condutor tipo RZ.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan dos decretos 129/2015, do 8 de outubro (DOG núm. 194, do 9 de outubro), e 175/2015, do 3 de decembro (DOG núm. 232, do 4 de decembro), polos que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

Lugo, 25 de outubro de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo