Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Martes, 22 de novembro de 2016 Páx. 52180

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel mediante a modalidade de concesión.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, este último contido no proxecto de explotación, que rexen a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel mediante a modalidade de concesión, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación da xestión do servizo das escolas infantís municipais do Tombo e do Revel mediante a modalidade de concesión.

2. Duración do contrato: corenta e sete (47) meses, desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, sen posibilidade de prórroga.

3. Orzamento máximo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) a cantidade de 479.960 euros e por mes 39.996,67 euros. O valor estimado do contrato, ao longo da súa duración (47 meses, sen posibilidade de prórroga) é de 1.879.843,30 euros.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con múltiples criterios de valoración).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello (www.sanxenxo.es). O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Se o prazo rematase en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil.

6. Criterios de adxudicación: serán os sinalados nas cláusulas 8ª e 9ª dos pregos respectivos:

a) Criterio de adxudicación dependente de xuízo de valor: memoria de xestión do servizo: valorarase ata un máximo de setenta (70) puntos. Para estes efectos os licitadores deberán presentar unha memoria de prestación do servizo, que se dividirá nos apartados que se detallan a seguir, para que poida puntuarse conforme a puntuación para cada un deles que a seguir se sinala:

Apartados da memoria de xestión do servizo

Proxecto educativo

10 puntos

Atención á diversidade

5 puntos

Organización temporal, espacial e dos recursos humanos nos momentos de alimentación, hixiene e descanso e, en xeral, no conxunto da xornada das escolas infantís

5 puntos

Servizo de cociña e comedor

9 puntos

Relación e comunicación coas familias

3 puntos

Plan de mantemento e limpeza das instalacións

10 puntos

Incremento de contratación de persoal de atención educativa con respecto ao que figura no PPT, con mención da categoría profesional do persoal que se vai contratar e do número de horas mensuais que este incremento de contratación supón

20 puntos

Medios materiais e didácticos que complementan o funcionamento das escolas infantís (valorados económicamente)

8 puntos

A non presentación da memoria, tal e como se sinala neste parágrafo, determinará que a puntuación por este criterio sexa de 0 puntos.

b) Criterio de adxudicación avaliable automaticamente: será o seguinte, que se valorará e ponderará como a continuación se sinala:

Prezo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) (479.960,00 €). Valorarase ata un máximo de trinta (30) puntos.

7. Mesa de contratación: designados os seus membros o 16 de novembro de 2016, por resolución da Alcaldía, de acordo co sinalado na cláusula 10ª do prego administrativo respectivo, e será constituída en virtude do disposto na cláusula 11ª de dito prego.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias:

Económica-financeira: acreditarase mediante o volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior a 719.940 €/ano (sen IVE). Para estes efectos o licitador proposto para a adxudicación presentará copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador esta inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Técnica-profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador dunha relación dos principais servizos, que incluirá importe, datas e destinatario, público ou privado, destes, realizados nos últimos cinco (5) anos anteriores á data de finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación o licitador debe acreditar como executado en servizos de igual ou similar natureza que os que constitúen o obxecto do contrato, tomando como criterio de correspondencia entre os servizos executados polo licitador e os que constitúen o obxecto do contrato a pertenza ao mesmo subgrupo de clasificación para o CPV 80110000, ou a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV 80 durante o ano de maior execución do período citado un importe igual ou superior a 1.315.890,30 € sen IVE. Os servizos acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario.

10. Garantía definitiva do 5 % do importe total da adxudicación, pola totalidade do contrato (47 meses).

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.

Sanxenxo, 16 de novembro de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde