Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de novembro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-543. Urbanización Monte Devesa-Aldea Buio, p.q. 10+160 - 10+870, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado (clave AC/16/088.06).

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñan a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a «Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia», entre cuxos obxectivos está o fomento dous sistemas de transporte alternativos aos motorizados, que permitan minimizar as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados con esta iniciativa son, entre outros, a mellora da mobilidade, a mellora da calidade do aire, da saúde, da igualdade e do benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Por resolución da Axencia Galega de Infraestructuras do 9 de novembro 2016 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción: Itinerario peonil e ciclista na AC-543. Treito: urbanización Monte Devesa-Aldea Buio (p.q. 10+160 - 10+870), de clave AC/16/088.06.

O dito proxecto construtivo ten por obxecto a execución dun itinerario mixto (peonil e ciclista) na marxe dereita da estrada AC-543 coa finalidade de comunicar a aldea de Buio e a urbanización de Monte Devesa, constituíndo así un itinerario continuo entre ambas as poboacións, ao mesmo tempo que se favorece a seguridade viaria no contorno da estrada AC-543.

O itinerario considerado está deseñado en toda a súa lonxitude (710 m) para albergar un largo de 3,15 m, distribuídos do seguinte xeito: zona destinada ao tránsito peonil e ciclista de largo mínimo 1,8 m, e separador vexetal de 90 cm de largo delimitado por dous bordos de formigón (de aproximadamente 22 cm de largo).

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións complementarias á execución da senda, e que son necesarias para garantir a súa funcionalidade:

– Reposición e ampliación da drenaxe existente. Execución de foxos para dar continuidade á drenaxe lonxitudinal.

– Realización dun prisma de servizos para futuras canalizacións.

– Reposición da sinalización horizontal. Mellora e recuamento da sinalización vertical.

– Colocación de proteccións peonís e reposición dos sistemas de contención e de balizamentos.

– Reposición dos servizos públicos e privados afectados polas obras.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contado a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña), na Casa do Concello de Brión (praza do Concello, 1, 15865 Brión, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.civ.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na AC-543
Treito: urbanización Monte Devesa-Aldea Buio (p.q. 10+160 - 10+870)
Clave AC/16/088.06

Concello de Brión; parroquia dos Ánxeles

orde

Referencia

catastral

Titular

Uso

Tipo

Superficie S.U. m2

Superficie S.N.R. m2

Superficie R.U. m2

Total m2

1

6147314NH2464N0001SD

García Ferreira, José

García Vidal, María

Industrial

Urbano

6,91

0,00

0,00

6,91

2

6147323NH2464N0001BD

En investigación, art. 47 Lei 33/2003

Solo sen edif.

Urbano

1,60

0,00

0,00

1,60

3

6147321NH2464N0001WD

Campos Filgueira, María e outros

Solo sen edif.

Urbano

25,26

0,00

52,44

77,70

4

15013A035002140000UF

Riveiro Rey, Román

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

34,60

34,60

5

15013A035002150000UM

Branco Caamaño, Jesús

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

16,20

16,20

6

15013A035002160000UO

En investigación, art. 47 Lei 33/2003

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

15,20

15,20

7

15013A035002170000UK

Riveiro Rey, Román

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

15,30

15,30

8

15013A035002180000UR

Serramito Otero, Generosa

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

14,25

14,25

9

15013A035002200000UK

Castro Fuente, Manuel

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

6,75

6,75

10

15013A035002320000UU

Márquez Barreiro, Miguel Ángel

Barreiro Blanco, Josefina

Piñeiral madeireiro

Rústico

0,00

0,00

2,75

2,75

11

59458001NH2454S0001HJ

Cea Ares, María del Pilar

Dea y Ares, Manuel

Residencial

NR

0,00

4,54

6,77

11,31