Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Luns, 28 de novembro de 2016 Páx. 52860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 7 de novembro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións de recursos de alzada (expediente 15054005714R e un máis).

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, por seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas resolucións dos recursos de alzada presentados polos interesados, publícanse mediante este edicto as notificacións das ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, contra as que se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a xurisdición competente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte á data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, conforme ao disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No prazo dun mes, e de acordo co referido no artigo 61 da antedita Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados, na Xefatura Territorial de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avenida Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos do coñecemento do texto íntegro da resolución e do resto do expediente.

A Coruña, 7 de novembro de 2016

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

DNI/NIE

Nº de expediente

Resolución

Concello

Mª Soledad Bello Saavedra

36053166E

15054005714R

Recurso desestimado

Narón

Orlando Félix Peña Mulet

494048002C

15060000715R

Recurso desestimado

Oroso