Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Xoves, 1 de decembro de 2016 Páx. 53330

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 14 de novembro de 2016 pola que se modifica a autorización do centro privado Lar, en Mos (Pontevedra).

O representante da titularidade do centro privado Lar, en Mos, solicita autorización para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, o CS Asistencia á dirección, o CS Animación de actividades físicas e deportivas, o CS Educación infantil e o CS Integración social.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar o CS Administración e finanzas, o CS Asistencia á dirección, o CS Animación de actividades físicas e deportivas, o CS Educación infantil e o CS Integración social, co que o centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Lar.

Código do centro: 36005427.

Domicilio: avda. do Rebullón, 21.

Código postal: 36416.

Localidade: Puxeiros.

Concello: Mos.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Colegio Lar, S.L.

Composición resultante:

• 6 unidades do segundo ciclo de educación infantil.

• 12 unidades de educación primaria.

• 8 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais, e a de Artes.

• 2 unidades de educación especial.

Formación profesional:

• CS Administración e finanzas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Asistencia á dirección (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Animación de actividades físicas e deportivas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Educación infantil (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• CS Integración social (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Educación para persoas adultas:

• Ensinanzas básicas iniciais.

• Educación secundaria para persoas adultas.

• 6 unidades de bacharelato, das modalidades de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais, e a de Artes.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria