Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Luns, 5 de decembro de 2016 Páx. 53680

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (27/2016).

Procedemento ordinario 27/2016

Sobre: reclamación de cantidad

Demandante: Ayuntamiento de A Pastoriza

Procurador: Justo Alfonso Fernández Expósito

Demandado: Astillas de Galicia, S.L.

Eu, Elena Menéndez Valdés, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, dou fe e testemuño de que nos autos de procedemento ordinario 27/2016 consta terse ditado sentenza en data 21 de xuño de 2016, cuxo encabezamento e decisión son os seguintes:

Vistos por Cristina Díaz Rodríguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, os autos do xuízo ordinario 27/2016, no cal son partes o demandante Concello da Pastoriza, asistido pola letrada señora Giménez López e representado polo procurador señor Fernández Expósito, e a demandada Astillas de Galicia, S.L., declarada en situación de rebeldía procesual.

Estimo integramente a demanda interposta polo Concello da Pastoriza, asistido pola letrada señora Giménez López e representada polo procurador señora Fernández Expósito, contra a demandada Astillas de Galicia, S.L. e, en consecuencia, declaro extinguido o dereito de superficie litixioso con incautación da fianza (23.954 euros depositados pola demandada) e reversión das parcelas e de todo o edificado e construído a favor do Concello da Pastoriza, e condeno a demanda a aboarlle a este unha indemnización de 14.500 euros.

E para que lle sirva de notificación en forma a Astillas de Galicia, S.L., expido o presente edicto.

Mondoñedo, 28 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza