Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Xoves, 22 de decembro de 2016 Páx. 55493

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2016 pola que se conceden subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a realización de proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020, e incluídas na convocatoria efectuada mediante Resolución do 11 de agosto de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 8 de setembro).

Antecedentes:

1. Ao abeiro da Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, (en diante, bases reguladoras), a Administración estatal e entidades dela dependentes, as administracións locais de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes, entidades sen ánimo de lucro e empresas e autónomos interesados solicitaron axudas para as actuacións previstas no artigo 5 das bases reguladoras.

2. Unha vez rematado o prazo de emenda daquelas solicitudes que non reunían os requisitos previstos na convocatoria, a comisión de valoración procedeu ao estudo e avaliación dos expedientes, sobre a base dos criterios fixados no artigo 14 das bases reguladoras.

Consideracións legais:

1. Corresponde á Xerencia do Instituto Enerxético de Galicia a competencia para instruír o procedemento administrativo de concesión das subvencións e ao director do citado ente público ditar as diferentes resolucións que deriven da súa tramitación (artigo 12 das bases reguladoras).

2. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.

3. No artigo 19 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), parágrafo 1º, disponse: «Para efectos desta lei, terá a consideración de concorrencia competitiva o procedemento mediante o cal a concesión das subvencións se realiza a través da comparación das solicitudes presentadas, co fin de establecer unha prelación entre estas de acordo cos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladoras e na convocatoria, e adxudicar, co límite fixado na convocatoria dentro do crédito dispoñible, aquelas que obtivesen maior valoración en aplicación dos citados criterios».

4. No artigo 17.1 das bases reguladoras recóllese a obriga de notificar ás persoas interesadas as resolucións que afecten os seus dereitos e intereses, e de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso das resolucións de concesión da subvención poderase substituír a notificación individual pola publicación no DOG e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade das subvencións outorgadas.

5. Por Resolución do 23 de novembro de 2016 (DOG núm. 228, do 29 de novembro de 2016) redistribúense e amplíanse os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 11 de agosto de 2016, pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para as anualidades 2016-2017, co obxecto de poder atender todas as peticións de axuda admitidas a trámite. Redistribúense do seguinte xeito:

Dotación orzamentaria final

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Anualidade

2016

Anualidade

2017

Total

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

213.109,40

11.890,60

225.000,00

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

2.365.987,93

132.012,07

2.498.000,00

Empresas

09.A2.733A.770.5

2.624.560,67

146.439,33

2.771.000,00

Institucións sen ánimo de lucro

09.A2.733A.781.1

0,00

0,00

0,00

Total

5.203.658,00

290.342,00

5.494.000,00

6. Por Resolución do 29 de novembro de 2016 (DOG núm. 234, do 9 de decembro) modifícase o artigo 22 da Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para o ano 2016-2017, para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración de biomasa, ampliando o prazo en que o beneficiario da axuda deberá presentar o proxecto técnico de execución asinado por técnico competente antes do 30 de decembro de 2016.

7. Para determinar e cuantificar o investimento elixible sobre o que aplicar a porcentaxe de axuda correspondente ás actuacións proxectadas polos solicitantes, tívose en conta o disposto nos artigos 5 e 7 das bases reguladoras.

Nas axudas recollidas nestas bases reguladoras, a excepción daquelas en que os beneficiarios sexan administracións públicas ou entidades xurídicas sen ánimo de lucro que non poidan emprender actividades económicas que repercutan en terceiros, teranse en conta tamén as condicións que se establecen no capítulo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (Regulamento xeral de exención por categorías).

A contía máxima da axuda por proxecto ou por solicitante será de 1.000.000 euros.

De acordo con todo o anterior, e dentro do prazo fixado pola norma reguladora da convocatoria, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo á aplicación orzamentarias que figuran na seguinte táboa e que aparecen recollidas no anexo desta resolución.

Beneficiarios

Aplicación orzamentaria

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

Empresas e autónomos

09.A2.733A.770.5

Entidades sen ánimo de lucro

09.A2.733A.781.1

Segundo. As solicitudes non incluídas na resolución de concesión entenderanse denegadas (artigo 23.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia).

Terceiro. Todos os beneficiarios serán notificados electronicamente mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (http//:sede.xunta.es).

Cuarto. A dotación para financiar esta convocatoria é dabondo para que perciban as axudas solicitadas todos os proxectos que foron admitidos a trámite e reúnen os requisitos establecidos nesta convocatoria.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o presidente da Axencia Instituto Enerxético de Galicia no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO
Subvencións concedidas

Procedemento: proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa.

Código do proxecto

Beneficiario

Investimento

(sen IVE)

Subvención concedida

1

Inversiones Pazo de Laia, S.A.

280.000,00 €

182.000,00 €

2

Concello de Lugo

855.377,92 €

776.255,47 €

3

Concello de Ponteareas

4.071.300,18 €

1.000.000,00 €

4

Tenis La Roca, S.L.

157.536,29 €

102.398,59 €

5

Forestación Galicia, S.A.

777.437,88 €

427.590,83 €

6

Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal

247.410,06 €

224.524,64 €

8

Medancli, S.L.

1.578.711,00 €

1.000.000,00 €